O 15 de xaneiro de 2025 publicouse a Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co Instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR351A) (DOG número 9, do 15 de xaneiro).
De conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos vinculados á fase de instrución publicaranse no Diario Oficial de Galicia. A devandita publicación producirá os efectos da notificación e a súa data será a única válida para o cómputo dos prazos.
A Comisión avaliou as solicitudes e elaborou unha relación coa puntuación que lle corresponde a cada unha, nos termos previstos no artigo 26 destas bases.
A Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias ditou a proposta de resolución con base no procedemento, a partir da relación de solicitudes puntuadas, e elevouna á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, a cal resolverá a concesión das subvencións por delegación da persoa titular da consellería.
Por outra banda, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario/a, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.
Por todo o indicado,
RESOLVO:
Primeiro. Concederlles as subvencións para fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co Instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, convocadas para o ano 2025 (código de procedemento MR351A), aos solicitantes que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 26 da convocatoria.
As contías concedidas reflíctense no mesmo anexo e financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.712B.772.0, código de proxecto 2021 00157.
Esta axuda ten por finalidade:
i. Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.
ii. Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.
iii. Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.
Segundo. Denegar as solicitudes de subvención que se relacionan no anexo II por non acadaren a puntuación mínima de 5 puntos necesaria para a concesión da subvención (tal e como se establece no artigo 26.2 da orde); non cumprir os requisitos exixidos (como se establece no artigo 4) ou como resultado da aplicación do réxime de concorrencia competitiva establecido no artigo 26.2 da orde que establece o punto de corte en 5 puntos. No caso de empate en puntos, priorizaranse as situacións indicadas no artigo 26.3 da orde de convocatoria. Se aínda persiste o empate, priorizarase segundo a orde indicada nos criterios de selección.
Terceiro. Informar os beneficiarios que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:
a) As condicións de aplicación a estas axudas son, con carácter xeral, as establecidas na Orde desta consellería do 20 de decembro de 2024 que regula estas axudas e, supletoriamente, as establecidas na normativa autonómica, estatal e comunitaria aplicable.
b) Para a concesión desta axuda e o establecemento das súas características tívose en conta a información e a documentación incluída coa solicitude da axuda. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas na orde de convocatoria e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión.
c) O prazo de xustificación e solicitude de pagamento destas axudas é ata o 31 de outubro de 2025, inclusive. Establécese o período entre a data de publicación da aprobación e o 31 de outubro de 2025 como o prazo para solicitar o pagamento.
d) O prazo para solicitar un anticipo será dun mes desde a notificación de concesión da axuda. Para os anticipos concedidos, as persoas beneficiarias deberán comunicar unha declaración dos gastos que xustifique o uso dos anticipos.
e) O período durante o cal deben destinar os bens ao fin concreto é de 5 anos desde o pagamento da axuda.
f) Para efectuar o pagamento da subvención, o/a beneficiario/a deberá cumprir as condicións establecidas na Orde do 20 de decembro de 2024 e presentar a documentación indicada no seu artigo 29, todo iso sen superar as datas máximas de xustificación indicadas anteriormente.
g) Se o/a beneficiario/a da axuda cumpre as condicións e os requisitos establecidos na resolución de concesión, aboaráselle a totalidade da subvención concedida. De non ser así, procederase conforme o establecido no artigo 17 da Orde do 20 de decembro de 2024, relativo aos incumprimentos.
h) As obrigas de facilitar información das empresas e das persoas traballadoras autónomas beneficiarias están relacionadas no artigo 18 da orde.
i) Conforme o disposto no artigo 5 da orde, o/a beneficiario/a da axuda deberá manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con este tipo de fondos de recuperación.
j) Estas axudas proceden do fondo/programa operativo denominado Instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), no marco do PDR 2014_2020, do seguinte xeito:
Plan: Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
Encaixe estrutural no plan:
Eixe: submedida 4.18. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas.
Prioridade/prioridade de investimento:
Esta submedida contribúe directamente ás áreas focais:
2A (mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a súa restructuración e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola);
e 5D (reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura).
k) Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda da mesma natureza concedida coa mesma finalidade ou para os mesmos investimentos e/o gastos, con excepción das axudas correspondentes a garantías para préstamos ou derivadas doutros instrumentos financeiros comunitarios nas condicións establecidas no artigo 37 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.
Conforme iso, se para os mesmos investimentos se solicita ou se concede un préstamo garantido e unha subvención non reembolsable, aplicaranse os límites seguintes:
a) A suma do importe da subvención non reembolsable máis o importe do equivalente de subvención bruta (ESB) do préstamo, calculado conforme o Regulamento (UE) 964/2014, non poderá superar as porcentaxes de axuda do investimento subvencionable indicadas no anexo II do Regulamento (UE) 1305/2013.
b) A suma do importe do préstamo garantido máis o importe da subvención non reembolsable non poderá superar o importe total do investimento subvencionable.
c) Non se poderá utilizar a subvención para reembolsar o importe do préstamo obtido e o importe do préstamo non se poderá destinar a prefinanciar unha subvención.
No caso de que superen os límites indicados nas epígrafes a) e/ou b), reducirase a subvención non reembolsable concedida na contía necesaria para manter os requisitos de compatibilidade citados.
l) O/a beneficiario/a deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader establecida no artigo 19 da orde de convocatoria e no anexo III do Regulamento de execución (UE) 808/2014.
Cuarto. Os solicitantes relacionados nos anexos I e II disporán de información máis detallada da axuda aprobada ou denegada na súa Carpeta cidadá.
Quinto. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse potestativamente recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro dereito que consideren pertinente.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2025
A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
ANEXO I
Aprobacións
|
Orde |
Expediente |
Nome |
NIF |
Puntuación criterios de prioridade |
Subvención concedida |
|
Importe |
|||||
|
1 |
362025000010 |
Campodeza, S. Coop. Ltda. |
F36047058 |
13 |
34.227,83 € |
|
2 |
362025000002 |
Cobideza, S. Coop. Galega |
F36211019 |
12 |
100.000,00 € |
|
3 |
152025000008 |
Coop. Lácteas Unidas, S. Coop. Galega |
F70509096 |
11 |
95.300,00 € |
|
4 |
362025000006 |
Coop. O rodo |
F36100782 |
11 |
100.000,00 € |
|
5 |
152025000011 |
Ntra. Sra. del Perpetuo Socorro, S. Coop. Galega |
F15014236 |
11 |
100.000,00 € |
|
6 |
272025000003 |
Aira, S. Coop. Galega |
F27317593 |
11 |
125.000,00 € |
|
7 |
152025000018 |
Aranxes, S. Coop. Galega |
F15799273 |
11 |
92.575,60 € |
|
8 |
152025000009 |
Cusoviame, S. Coop. Galega |
F15025810 |
10 |
100.000,00 € |
|
9 |
362025000011 |
Ganadeiros de Lalín, S. Coop. Galega |
F94021250 |
10 |
87.316,00 € |
|
10 |
362025000001 |
Sociedade Cooperativa Gandeiros do Deza |
F36393775 |
10 |
99.600,00 € |
|
11 |
362025000008 |
Aprodeza, S. Coop. Galega |
F36188829 |
9 |
51.200,00 € |
|
12 |
152025000007 |
Cuma de Xallas e Barcala, S. Coop. Galega |
F15844194 |
9 |
100.000,00 € |
|
13 |
362025000004 |
Maquideza, S. Coop. Galega |
F36398923 |
9 |
82.322,00 € |
|
14 |
272025000004 |
Lemos, S. Coop. Galega |
F27013739 |
8 |
100.000,00 € |
|
15 |
152025000012 |
Río Mera, S. Coop. Galega |
F15949001 |
8 |
21.490,00 € |
|
16 |
152025000002 |
Brandelos, S. Coop. Galega |
F15882731 |
8 |
32.400,00 € |
|
17 |
152025000005 |
Orceto, S. Coop. Galega |
F70511894 |
8 |
11.200,00 € |
|
18 |
362025000005 |
Novos Gandeiros, S. Coop. Galega |
F94185360 |
8 |
35.989,60 € |
|
19 |
152025000015 |
Cuma Xamazas, S. Coop. Galega |
F70320684 |
8 |
100.000,00 € |
|
20 |
152025000017 |
Ganadería do Mouro, S. Coop. Galega |
F70337068 |
8 |
50.045,45 € |
|
21 |
152025000003 |
Vitoba, S. Coop. Galega |
F70012372 |
7 |
41.600,00 € |
|
22 |
152025000001 |
Santaiatordoia, S. Coop. Galega |
F15878804 |
7 |
85.360,00 € |
|
23 |
362025000007 |
Sixto, S. Coop. Galega |
F36421659 |
7 |
84.880,00 € |
|
24 |
152025000016 |
Coop. Agraria Prov. de Coruña, S. Coop. Galega |
F15000177 |
6 |
100.000,00 € |
|
25 |
322025000001 |
Viña Costeira, S. Coop. Galega |
F32002230 |
6 |
32.764,74 € |
|
26 |
362025000009 |
Lalinenses, S. Coop. Galega |
F70873112 |
6 |
63.385,60 € |
|
27 |
152025000013 |
Eume, S. Coop. Galega |
F15957665 |
6 |
100.000,00 € |
|
28 |
362025000003 |
Coop. Cuma San Juan do Sixto, S. Coop. Galega |
F36533792 |
6 |
91.540,00 € |
|
29 |
152025000006 |
Agroeume, S. Coop. Galega |
F15891138 |
6 |
23.695,20 € |
|
30 |
152025000010 |
San Martiño de Oliveira, S. Coop. Galega |
F70399456 |
6 |
100.000,00 € |
|
31 |
152025000014 |
Granxa A costa, S. Coop. Galega |
F70039854 |
6 |
52.677,53 € |
|
32 |
152025000004 |
Parceiros, S. Coop. Galega |
F55396857 |
5 |
100.000,00 € |
|
33 |
272025000001 |
Codeira, S. Coop. Galega |
F27022797 |
5 |
9.460,13 € |
|
34 |
272025000002 |
Friolfe, S. Coop. Galega |
F27298504 |
5 |
100.000,00 € |
ANEXO II
Denegacións
|
Orde |
Código de expediente |
Beneficiaria |
NIF |
Motivo de denegación: non cumprimento |
|
1 |
152025000019 |
Nos Agricultores, S. Coop. Galega |
F72537541 |
Incumpre o artigo 4. Requisitos para todas as entidades beneficiarias da axuda: non xustifica a necesidade e a viabilidade dos investimentos mediante a presentación dun estudio de viabilidade |
