DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 2025 Páx. 28928

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 7 de abril de 2025, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Castro Valente, sito nos concellos da Estrada, Pontecesures e Valga (Pontevedra) e Padrón (A Coruña), promovido por Iberdrola Renovables Galicia, S.A. (IN408A/2020/066).

En cumprimento do disposto no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, publícase como anexo desta resolución o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 7 de abril de 2025 polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Castro Valente, sito nos concellos da Estrada, Pontecesures e Valga (Pontevedra) e Padrón (A Coruña), promovido por Iberdrola Renovables Galicia, S.A. (IN408A/2020/066).

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2025

Paula Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de abril de 2025 polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Castro Valente, sito nos concellos da Estrada, Pontecesures e Valga (Pontevedra) e Padrón (A Coruña), promovido por Iberdrola Renovables Galicia, S.A. (IN408A/2020/066)

Unha vez examinado o expediente iniciado por solicitude de Iberdrola Renovables Galicia, S.A. en relación coa declaración de utilidade pública, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais do parque eólico Castro Valente, constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante a Resolución do 23 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, outorgáronse autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Castro Valente, sito nos concellos da Estrada, Pontecesures e Valga (Pontevedra) e Padrón (A Coruña), promovido por Iberdrola Renovables Galicia, S.A. (IN408A/2020/066).

Segundo. O 31 de agosto de 2023, Iberdrola Renovables Galicia, S.A. solicitou a declaración de utilidade pública do parque eólico Castro Valente, coa correspondente relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados, para dar cumprimento ao establecido no artigo 44.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Terceiro. Mediante a Resolución do 18 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, someteuse a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto do parque eólico Castro Valente, sito nos concellos da Estrada, Pontecesures e Valga (Pontevedra) e Padrón (A Coruña), promovido por Iberdrola Renovables Galicia, S.A. (IN408A/2020/066).

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia número 198, do 18 de outubro de 2023, e nos xornais Diario de Pontevedra e La Voz de Galicia do 18 de outubro de 2023. Así mesmo, remitiuse para a exposición ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (A Estrada, Pontecesures, Valga e Padrón) e permaneceu exposta ao público nas dependencias da Consellería de Economía, Industria e Innovación das xefaturas territoriais de Pontevedra e da Coruña, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

Así mesmo, a dita resolución estivo exposta no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente, presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas pola promotora.

Cuarto. O 16 de outubro de 2023, o Servizo de Propiedade Forestal remitiulle a esta dirección xeral informes, do 27 de setembro de 2023 do Servizo de Montes da Coruña e do 4 de outubro de 2023 do Servizo de Montes de Pontevedra, de aproveitamentos de masas forestais no marco do establecido no artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, en que se indicaba que o proxecto afecta as seguintes comunidades de montes veciñais en man común:

• A CMVMC de San Miguel de Barcala (monte Castro Valente e outros).

• A CMVMC de Grobas e Fenteira (monte Grobas e Fenteira).

• A CMVMC de Bandín (monte Castro Valente).

• A CMVMC de Morono (monte Aldea de Morono).

• A CMVMC de Confurco (monte Castro Valente e Barreiras).

Quinto. O 20 de outubro de 2023 a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña emitiu un informe en que indicaba que «a poligonal do parque eólico Castro Valente non se encontra afectada por ningún tipo de dereito mineiro vixente ou solicitado».

Sexto. O 24 de outubro de 2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais efectuou o trámite de audiencia previsto no artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, cos titulares dos montes veciñais en man común afectados (San Miguel de Barcala, Grobas e Fenteira, Bandín, Morono e Confurco), de acordo cos informes dos servizos de Montes de Pontevedra e A Coruña recollidos no antecedente de feito cuarto, e concedeulles un prazo de quince días para presentar as alegacións que considerasen oportunas. Durante o dito prazo, con datas do 7 e 30 de novembro de 2023, a CMVMC de San Miguel de Barcala e a CMVMC de Castro Valente (aldea de Bandín) presentaron, respectivamente, escritos de alegacións durante o trámite de información pública da declaración de utilidade pública. Con datas do 15 de novembro e 22 de decembro de 2023 Iberdrola Renovables Galicia, S.A. contestou os anteditos escritos de alegacións. O resto das comunidades de montes veciñais en man común afectadas non presentou ningunha alegación.

Sétimo. O 21 de decembro de 2023 a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Pontevedra emitiu un informe en que indicaba que «non constan dereitos mineiros vixentes tramitados nesta xefatura territorial e afectados pola infraestrutura proxectada».

Oitavo. O 25 de xaneiro de 2024 o Servizo da Propiedade Forestal remitiulle a esta dirección xeral informes sobre a compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos forestais afectados elaborados polos servizos de Montes das provincias de Pontevedra e da Coruña con datas do 15.1.2024 e 19.1.2024, respectivamente.

No informe do Servizo de Montes de Pontevedra indícase que «segundo o Rexistro de Montes Veciñais en Man Común da Provincia de Pontevedra, as instalacións proxectadas ocuparán terreos da CMVMC de San Miguel de Barcala (no concello da Estrada) e a súa poligonal, a CMVMC de Grobas e Fenteira (no concello de Pontecesures) e a CMVMC de Valga (no concello de Valga)» e conclúe indicando: «Así, atendendo a todo o anteriormente exposto e revisada a documentación achegada do proxecto técnico administrativo construtivo modificado do parque eólico Castro Valente, con base no cumprimento do número 4 do artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia, informo sobre a compatibilidade do aproveitamento afectado coa actuación proposta, salvo nas zonas de pleno dominio e servidume coas súas correspondentes faixas de xestión da biomasa, sen prexuízo doutros informes preceptivos, e sempre que se cumpra o establecido na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, no cumprimento das distancias de plantación, así como a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios de Galicia, sobre as distancias de protección previstas para manter as faixas exixidas».

No informe do Servizo de Montes da Coruña indícase que «Polo exposto anteriormente e en cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e do disposto no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, emítese informe favorable sobre a compatibilidade dos aproveitamentos forestais nos montes veciñais en man común (1) Castro Valente, (2) Aldea de Morono e (3) Castro Valente e Barreiras».

Noveno. O 29 de xaneiro de 2024 o Servizo de Montes de Pontevedra, tras o requirimento de aclaración desta dirección xeral do 25 de xaneiro de 2024, emitiu un informe complementario ao informe emitido o 4 de outubro de 2023 de aproveitamentos forestais en que se indica que a CMVMC de Valga (Monte Albor Norte) está afectada pola poligonal do proxecto do parque eólico Castro Valente.

O 31 de xaneiro de 2024, a CMVMC de Valga recibiu a notificación relativa ao trámite de audiencia e non presentou ningunha alegación durante o citado prazo de 15 días.

Décimo. O 7 de febreiro de 2024 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais recibiu do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Coruña un informe en relación co artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, no cal conclúe o seguinte: «Non se atoparon limitacións á constitución de servidume, polo que desde ese punto de vista se emitirá informe favorable sobre a declaración de utilidade pública».

Décimo primeiro. O 19 de marzo de 2024 o Servizo da Propiedade Forestal remitiulle a esta dirección xeral un novo informe sobre a compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos forestais afectados elaborado polo Servizo de Montes da provincia de Pontevedra con data do 5 de marzo de 2024.

No informe do Servizo de Montes de Pontevedra indícase: «Atendendo ao anteriormente exposto, entendendo que o proxecto remitido é o de construción definitivo e ao non haber ademais novas alegacións por parte da CMVMC afectada pola poligonal do parque, o Servizo de Montes ratifícase no anterior informe de compatibilidade co aproveitamento forestal emitido con data do 15.1.2024 (ref. C03,03370)».

Décimo segundo. No marco do procedemento PO 7303/2023, interposto pola Asociación Ambiental e Cultural Petón do Lobo, e do PO 7333/2023, interposto pola Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza, contra a Resolución do 23 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgaron autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Castro Valente, sito nos concellos da Estrada, Pontecesures e Valga (Pontevedra) e Padrón (A Coruña), promovido por Iberdrola Renovables Galicia, S.A. (IN408A/2020/066), o Tribunal Superior de Xustiza da Galicia ditou o autos número 00109/2024, do 12 de abril de 2024, e número 00293/2024, do 27 de novembro de 2024, en que acorda a suspensión cautelar da resolución impugnada.

En concreto, o Auto do TSXG número 00109/2024, do 12 de abril de 2024,

RESOLVE:

«1º. Adoptar a medida cautelar de suspensión da eficacia do acto impugnado neste asunto, solicitada pola Asociación Ecoloxista Petón do Lobo con respecto á Resolución do 23.4.2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións relativas ao proxecto de parque eólico Castro Valente, situado nos concellos da Estrada, Pontecesures e Valga (Pontevedra) e Padrón (A Coruña), promovido por Iberdrola Renovables Galicia, S.A. (expediente IN408A 2020/066/004) (DOG nº 117, do 21 de xuño».

Así mesmo, o Auto do TSXG número 00293/2024, do 27 de novembro, resolve o seguinte:

«1º. Adoptar, sen imposición de caución, a medida cautelar de suspensión da eficacia do acto impugnado, solicitada pola Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza con respecto á resolución do 23.4.2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións relativas ao proxecto de parque eólico Castro Valente, situado nos concellos da Estrada, Pontecesures e Valga (Pontevedra) e Padrón (A Coruña), promovido por Iberdrola Renovables Galicia, S.A. (expediente IN408A 2020/066/004) (DOG nº 117, do 21 de xuño)».

Décimo terceiro. O 19 de febreiro de 2025 a Asesoría Xurídica emitiu un informe sobre a posibilidade de tramitar a declaración de utilidade pública dos proxectos de parque eólico (e/ou, de ser o caso, das súas infraestruturas de evacuación) que, aínda que non contan con autorización administrativa previa e de construción, estean afectados por suspensión cautelar acordada polo TSXG no marco dun recurso contencioso-administrativo.

Décimo cuarto. O 3 de marzo de 2025 Iberdrola Renovables Galicia, S.A., tras o requirimento da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, achegou a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados, así como a declaración responsable dos acordos cos propietarios das parcelas afectadas actualizadas como consecuencia do trámite de información pública.

Décimo quinto. O 25 de marzo de 2025 o Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático emitiu un informe en relación co artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, no cal conclúe o seguinte: «O persoal técnico deste departamento territorial percorreu a traza proxectada da rede subterránea indicada, segundo o descrito nos documentos mencionados anteriormente que constitúen o proxecto presentado a trámite. Na observación permitida polas condicións orográficas, de vexetación e de accesibilidade, comprobouse sobre o terreo, salvo erro ou omisión involuntario ou mellor criterio técnico, que nos predios obxecto do expediente expropiatorio que resultaron afectadas non se dá ningunha das limitacións á constitución de servidume de paso a que se refire o número 1 do artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro».

Aos antecedentes de feito descritos sonlles de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nas demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. O Informe do 19 de febreiro de 2025 da Asesoría Xurídica sobre a posibilidade de tramitar a declaración de utilidade pública dos proxectos de parque eólico (e/ou, de ser o caso, das súas infraestruturas de evacuación) que, aínda que contan con autorización administrativa previa e de construción, estean afectados por suspensión cautelar acordada polo TSXG no marco dun recurso contencioso-administrativo, conclúe:

«5. O feito de que a solicitude de declaración de utilidade pública poida presentarse e tramitarse simultaneamente coa solicitude de autorización administrativa previa e/ou de construción (artigos 143.2 do RD 1955/2000 e 44.2 da Lei 8/2009) pon de manifesto que non é necesario que as ditas autorizacións estean aprobadas para poder tramitar a solicitude e, en consecuencia, que a medida cautelar de suspensión acordada respecto das autorizacións administrativa previa e de construción non é un obstáculo para tramitar as solicitudes de declaración de utilidade pública correspondentes aos parques eólicos coas autorizacións suspendidas cautelarmente. Isto é, na medida en que non é necesario que a autorización administrativa previa e a de construción estean aprobadas para solicitar e tramitar a declaración de utilidade pública, a suspensión cautelar destas autorizacións non impide tramitar as solicitudes de utilidade pública a que se refire a petición de informe e, en particular, realizar os seguintes trámites destacados na consulta formulada:

• Realización da información pública.

• Notificación aos afectados por cambios nos proxectos despois da información pública da relación de bens e dereitos

• Petición de certificados de aproveitamentos forestais e mineiros afectados.

• Apertura do trámite de audiencia, de ser o caso.

• Emisión de informes de compatibilidade cos dereitos afectados (minas e montes).

• Emisión de informes de servidumes.

6. En todos os casos a que se refire á consulta o proxecto executivo está aprobado, o que permite dispor da relación de bens e dereitos afectados pola expropiación (a diferenza do que sucedeu, por exemplo, no suposto analizado na STS 22.03.2010, Sala Terceira, do Contencioso-Administrativo, Sección 3ª, Rec. 513/2007, RX\2010\4447, FX 4º: “Se por calquera destas circunstancias non se aproba o proxecto de execución, ou a localización da instalación se modifica para evitar os óbices urbanísticos, a declaración de utilidade pública e as actuacións expropiatorias derivadas dela resultarían carentes de base firme e poderían ocasionar prexuízos innecesarios a algúns titulares de bens ou dereitos como a empresa recorrente”). Os efectos suspensivos da medida cautelar que afecta a autorización administrativa de construción non inhabilitan o alcance do proxecto executivo nin o privan do seu valor para identificar os bens e dereitos concretamente afectados pola instalación de enerxía eléctrica, motivo polo que é perfectamente posible declarar a utilidade pública solicitada polo órgano competente (ben a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, ben o Consello da Xunta nos supostos previstos no artigo 44.5 da Lei 8/2009, supostos de compatibilidade ou prevalencia cando as autorizacións ou títulos habilitantes para os aproveitamentos sexan competencia de más de una consellería) e efectuar a súa notificación e publicación, de acordo co legalmente exixido.

7. Ben que a suspensión cautelar da autorización administrativa previa e de construción non impide tramitar e declarar a utilidade pública en concreto (ao tratarse de procedementos autónomos e tendo en conta o concreto alcance da medida cautelar de suspensión acordada), o certo é que non resulta razoable continuar a tramitación do procedemento expropiatorio (privando os propietarios da súa posesión coa ocupación do ben ou dereito expropiado) cando a promotora non pode executar o proxecto por razón da medida cautelar. A esta imposibilidade material de executar o proxecto pola promotora súmase a incerteza propia da pendencia do procedemento administrativo que pesa sobre as autorizacións administrativa previa e de construción, indispensables para a posta en funcionamento da instalación de enerxía eléctrica. Atendendo a estas circunstancias e co obxectivo de non ocasionar prexuízos innecesarios aos titulares de bens e dereitos afectados pola declaración de utilidade pública (STS do 25.2.2016 e STS do 22.3.2010, antes citadas), procede (como xa se propón na petición de informe) suspender o prazo para resolver o procedemento e notificar a resolución do procedemento expropiatorio ata o levantamento da medida cautelar de suspensión (véxase ao respecto o artigo 132 da LXCA), aplicando o previsto no artigo 22, número 1, letra g), da Lei 39/2015, do 15 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

En consecuencia, tal e como se xustifica no Informe da Asesoría Xurídica do 19 de febreiro de 2025, a suspensión cautelar da Resolución do 23 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgaron autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Castro Valente, identificada no antecedente de feito primeiro, acordada polos Autos do TSXG número 00109/2024, do 12 de abril, e número 00293/2024, do 27 de novembro, non impide tramitar a solicitude de declaración de utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, presentada o 31 de agosto de 2023 pola promotora, Iberdrola Renovables Galicia, S.A., xunto coa correspondente relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados, de acordo co exixido no artigo 44.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro (antecedente de feito segundo).

Cuarto. De acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e o artigo 44 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a declaración de utilidade pública leva implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Agora ben, o levantamento da medida cautelar de suspensión acordada polos Autos do TSXG número 00109/2024, do 12 de abril, e número 00293/2024, do 27 de novembro, ben mediante unha decisión expresa referida á dita medida cautelar de suspensión ou ben mediante unha sentenza firme que poña fin aos procedementos ordinarios que se seguen contra a Resolución do 23 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgaron autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Castro Valente, resulta indispensable para poder continuar coa tramitación do procedemento expropiatorio con todas as garantías para os afectados por el, de xeito que non se lles ocasionen prexuízos innecesarios, tendo en conta que a situación de incerteza que pesa sobre as autorizacións administrativa previa e de construción pola pendencia dos procedementos contencioso-administrativos PO 7303/2023 e PO 7333/2023 se ve agravada singularmente pola medida cautelar que lle impide á promotora executar o proxecto neste momento.

En consecuencia, atendendo a estas circunstancias e, singularmente, á suspensión cautelar acordada polos Autos do TSXG número 00109/2024, do 12 de abril, e número 00293/2024, do 27 de novembro, procede suspender o prazo para resolver e para notificar a resolución deste procedemento expropiatorio de acordo co artigo 22, número 1, letra g), da Lei 39/2015, do 15 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

En canto á duración desta suspensión, de acordo co artigo 22.1, letra g), da Lei 39/2015, en relación co artigo 132 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, non procede dirixirlle solicitude ningunha ao órgano xurisdicional de acordo co artigo 132 en relación co artigo 130 da Lei 29/1998, e iníciase a presente suspensión desde o momento en que así se declare. Polo demais, a suspensión debe estenderse, atendendo a cal é o pronunciamento xurisdicional que resulta indispensable para a continuación do procedemento, ata que, de acordo co artigo 22.1, letra g), da Lei 39/2015 en relación co artigo 132 Lei 29/1998, esta Administración teña constancia da emisión do pronunciamento polo que se acorde o levantamento da medida cautelar de suspensión (suposto en que a actuación impugnada recuperará a súa executividade) ou ben, na súa falta, cando esta Administración teña constancia da emisión da sentenza firme pola que se resolvan os procedementos PO 7303/2023 e PO 7333/2023.

Quinto. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente de declaración de utilidade pública, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:

1. No caso de alegacións e escritos de oposición presentados respecto da declaración de impacto ambiental do 25 de novembro de 2022, inadmítense ao non formar parte da tramitación deste procedemento a dita declaración de impacto ambiental.

Téñase en conta que a declaración de impacto ambiental do 25 de novembro de 2022 se emitiu no marco do procedemento substantivo correspondente á Resolución do 23 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgaron a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Castro Valente, sito nos concellos da Estrada, Pontecesures e Valga (Pontevedra) e Padrón (A Coruña), promovido por Iberdrola Renovables Galicia, S.A. (IN408A/2020/066).

2. No caso de alegacións relativas á titularidade e características dos bens e dereitos afectados, tomouse razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas. Non obstante, corresponde á fase de levantamento de actas previas a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.

Con respecto ás ofertas económicas realizadas pola promotora, ata a finalización do procedemento expropiatorio esta poderá chegar a acordos cos titulares afectados. No caso de non chegar a un acordo amigable, será o Xurado de Expropiación de Galicia o que estableza o prezo xusto dos bens afectados.

Sexto. No que respecta á compatibilidade do parque eólico cos montes afectados, e de acordo co establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, finalizado o trámite de audiencia coas CMVMC de San Miguel de Barcala, Grobas e Fenteira, Bandín, Morono, Confurco e Valga, o 25 de xaneiro de 2024 e o 19 de marzo de 2024 o Servizo de Propiedade Forestal remitiulle á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais informes dos servizos de Montes das xefaturas territoriais da Coruña, do 19 de xaneiro de 2024, e de Pontevedra, do 15 de xaneiro de 2025 e do 5 de marzo de 2024, que, respectivamente, se transcriben a continuación:

«Polo exposto anteriormente e en cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio a reactivación económica de Galicia, e do disposto no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, emítese informe favorable sobre a compatibilidade dos aproveitamentos forestais nos montes veciñais en man común (1) Castro Valente, (2) Aldea de Morono e (3) Castrovalente e Barreiras».

«Así, atendendo a todo o anteriormente exposto e revisada a documentación achegada do proxecto técnico administrativo construtivo modificado do parque eólico Castro Valente, con base no cumprimento do número 4 do artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia, informo sobre a compatibilidade do aproveitamento afectado coa actuación proposta, salvo nas zonas de pleno dominio e servidume coas súas correspondentes faixas de xestión da biomasa, sen prexuízo doutros informes preceptivos e sempre que se cumpra o establecido na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, no cumprimento das distancias de plantación, así como a Lei 3/2007, do 9 de abril de prevención e defensa contra incendios de Galicia, sobre as distancias de protección previstas para manter as faixas exixidas».

«Atendendo ao anteriormente exposto, entendendo que o proxecto remitido é o de construción definitivo e ao non haber ademais novas alegacións por parte da CMVMC afectada pola poligonal do parque, o Servizo de Montes ratifícase no anterior informe de compatibilidade co aproveitamento forestal emitido con data do 15.1.2024 (ref. C03,03370)».

De acordo co exposto, e no exercicio das competencias que ten atribuídas, proponse que o Consello da Xunta de Galicia adopte o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico Castro Valente, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE número 351, do 17 de decembro) en relación coas parcelas recollidas no anexo I deste acordo.

Segundo. Suspender, de acordo co artigo 22.1, letra g), da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o prazo para resolver e notificar a resolución do procedemento expropiatorio previsto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa en relación co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e o artigo 44.5 da Lei 8/2009 do 22 de decembro.

Esta suspensión, de acordo co artigo 22 da Lei 39/2015, estenderase, atendendo a cal é o pronunciamento xurisdicional que resulta indispensable para a continuación do procedemento, ata que, de acordo co artigo 22.1, letra g), da Lei 39/2015, en relación co artigo 132 Lei 29/1998, esta Administración teña constancia da emisión do pronunciamento polo que se acorde o levantamento da medida cautelar de suspensión acordada polos autos do TSXG número 00109/2024, do 12 de abril, e número 00293/2024, do 27 de novembro (suposto en que a actuación impugnada recuperará a súa executividade), ou ben, na súa falta, cando esta Administración teña constancia da emisión da sentenza firme pola que se resolvan os procedementos PO 7303/2023 e PO 7333/2023.

Terceiro. Declarar a compatibilidade do parque eólico cos montes veciñais en man común afectados: San Miguel de Barcala (Monte Castro Valente e outros), Grobas e Fenteira (Monte Grobas e Fenteira), Bandín (Monte Castro Valente), Morono (Monte Aldea de Morono), Confurco (Monte Castro Valente e Barreiras) e Valga (Monte Albor Norte).

A presente autorización axustarase ao cumprimento da seguinte condición:

1. Deberase cumprir co condicionado recollido no Informe do 19 de xaneiro de 2024 emitido polo Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Coruña e nos informes do 15 de xaneiro de 2024 e do 5 de marzo de 2024 emitidos polo Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Pontevedra mencionados nos antecedentes de feito oitavo e décimo primeiro.

Cuarto. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 34.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación deste acordo, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico Castro Valente (IN408A/2020/066), sito nos concellos da Estrada, Pontecesures e Valga (Pontevedra) e Padrón (A Coruña)

 Datos catastrais

Titulares

Afeccións (m2)

Pleno dominio

Servidume

Ocupación temporal

Pol.

Parc.

Ref. cat. completa

Cultivo

Lugar

Nome

Apelidos

Nº de aerox.

Cim.

Plat.

Subest.

Vía

Gabia

Voo

OT

Concello da Estrada (Pontevedra)

2

69

291

36017A069002910000KG

Eucaliptal

Pé de Laíño

Ramón

Chenlo Couselo

 

0

0

0

269

0

0

70

6

68

65

36017A068000650000KM

Matogueira

Pé de Laíño

Carmen

Chenlo Couselo

 

0

0

0

145

0

0

79

7

68

60001

36017A068600010000KE

Piñeiral madeirable

Chan do Picoto

Descoñecido

 

SET

0

1.071

522

2.446

157

925

558

11

68

61

36017A068000610000KP

Matogueira

Pé de Laíño

Felipe (herdeiros de)

Duro Tanoira

 

0

0

0

45

0

0

108

12

68

53

36017A068000530000KA

Matogueira

Picoto

Carmen

Tanoira Tanoira

SET

0

0

43

0

0

0

20

13

68

52

36017A068000520000KW

Matogueira

Picoto

Dorinda

Tanoira Laseiras

SET

0

0

327

0

0

0

33

14

68

51

36017A068000510000KH

Matogueira

Picoto

Carmen

Tanoira Tanoira (usufrutuaria)

SET

0

0

758

0

0

0

35

14

68

51

36017A068000510000KH

Matogueira

Picoto

Jorge Alberto

Duro Varela

 

 

 

 

 

 

 

 

15

68

50

36017A068000500000KU

Matogueira

Picoto

Antonio

Pazos Bandin

SET

0

0

1.278

0

0

0

47

15

68

50

36017A068000500000KU

Matogueira

Picoto

Ignacio

Pazos Bandin

 

 

 

 

 

 

 

 

15

68

50

36017A068000500000KU

Matogueira

Picoto

José

Pazos Bandin

 

 

 

 

 

 

 

 

16

68

49

36017A068000490000KW

Matogueira

Picoto

Jesús Manuel

Tanoira Otero

SET

0

0

3.169

0

0

0

84

17

68

46

36017A068000460000KZ

Matogueira

Picoto

José

Conde Duro

SET

0

0

7

0

0

0

15

18

68

47

36017A068000470000KU

Matogueira

Picoto

Santiago

Gasamanes Buceta

SET

0

0

660

0

0

0

20

19

68

48

36017A068000480000KH

Matogueira

Picoto

Francisco (herdeiros de)

Abalo Magan

SET

0

0

396

0

0

0

33

20

68

45

36017A068000450000KS

Matogueira

Picoto

Juan

Ortigueira Laseiras (usufrutuario)

SET

0

0

851

179

0

0

105

20

68

45

36017A068000450000KS

Matogueira

Picoto

María Nieves

Ortigueira Trasande

 

 

 

 

 

 

 

 

21

68

44

36017A068000440000KE

Matogueira

Picoto

Avelina (herdeiros de)

Bandin Buela

SET

0

0

996

788

179

0

225

22

68

43

36017A068000430000KJ

Matogueira

Picoto

Albino

Duro Caeiro

SET

0

0

89

129

85

0

288

22

68

43

36017A068000430000KJ

Matogueira

Picoto

María del Sol

Santos Bello

 

 

 

 

 

 

 

 

26

68

38

36017A068000380000KX

Matogueira

Chan do Picoto

Isabel

Duro Romero

 

0

0

0

184

0

0

84

27

68

36

36017A068000360000KR

Matogueira

Chan do Picoto

Antonio (herdeiros de)

Herbojo Rey

 

0

0

0

67

0

0

30

29-2

68

32

36017A068000320000KF

Matogueira

Fonte Vellón

José

Abalo Rebolo

 

0

0

0

8

0

504

19

31

68

30

36017A068000300000KL

Matogueira

Fonte Vellón

Cándido

Duro Domínguez

PV-8.4

100

581

0

35

0

1.818

74

34

68

27

36017A068000270000KL

Matogueira

Fonte Vellón

Salvador

Abalo Rebolo

 

0

1.390

0

0

0

646

30

35

68

26

36017A068000260000KP

Matogueira

Fonte Vellón

José Matías (herdeiros de)

Novo Fernández

 

0

926

0

0

0

458

22

Concello de Padrón (A Coruña)

40

73

12

15066A073000120000ZP

Pastos e improdutivo

Monte Confurco

MVMC Castro Valente e Barreiras

 

 

0

179

0

12.558

2.957

715

9.978

41

73

15

15066A073000150000ZF

Piñeiral madeirable

Monte Confurco

MVMC Castro Valente e Barreiras

 

SET

0

0

8

3.232

0

0

1.084

42

73

14

15066A073000140000ZT

Improdutivo

Monte Confurco

MVMC Castro Valente e Barreiras

 

 

0

0

0

23

0

0

0

43

73

13

15066A073000130000ZL

Piñeiral madeirable

Monte Confurco

MVMC Castro Valente e Barreiras

 

 

0

52

0

560

178

1.829

430

44

73

11

15066A073000110000ZQ

Matogueira e improdutivo

Monte Confurco

MVMC Castro Valente e Barreiras

 

 

0

46

0

36

0

0

97

45

73

6

15066A073000060000ZY

Piñeiral madeirable

Monte Castro Valente

MVMC Aldea de Morono

 

 

0

0

0

12.463

3.816

0

6.844

46

73

5

15066A073000050000ZB

Piñeiral madeirable e improdutivo

Monte Castro Valente

MVMC Aldea de Morono

 

 

0

1.415

0

4.392

85

3.087

3.101

47

73

9

15066A073000090000ZP

Piñeiral madeirable e improdutivo

Monte Castro Valente

MVMC Aldea de Morono

 

PV-8.2

12

7.816

0

4.715

1.533

6.022

3.417

48

73

4

15066A073000040000ZA

Piñeiral madeirable

Monte Castro Valente

MVMC Castro Valente

 

 

0

0

0

424

36

0

2

48-1

73

7

15066A073000070000ZG

Improdutivo

Monte Castro Valente

MVMC Aldea de Morono

 

 

0

0

0

214

0

0

21

49

73

3

15066A073000030000ZW

Piñeiral madeirable

Monte Castro Valente

MVMC Castro Valente

 

 

0

0

0

689

1

0

0

50

73

8

15066A073000080000ZQ

Improdutivo

Monte Castro Valente

MVMC Aldea de Morono

 

PV-8.2

330

868

0

688

283

4.785

552

51

73

2

15066A073000020000ZH

Piñeiral madeirable

Monte Castro Valente

MVMC Castro Valente

 

 

0

0

0

42

0

5

17

52

73

1

15066A073000010000ZU

Piñeiral, eirado, pastos e improdutivo

Monte Castro Valente

MVMC Castro Valente

 

PV-8.1

437

6.473

0

2.751

1.050

11.098

1.937

Afeccións do parque eólico en metros cadrados (m2):

• Superficie de pleno dominio:

– Cimentación (Cim.): cimentación do aeroxerador.

– Plataforma (Plat.): plataforma de montaxe do aeroxerador.

• Servidume de paso:

– Vía: dereito de paso polas vías polas que circularán os transportes para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións do parque eólico.

– Gabia: servidume de paso da liña eléctrica soterrada.

• Servidume de voo das pas dos aeroxeradores (Serv. de voo).

• Outras afeccións:

– Ocupación temporal (OT): ocupación de terreos durante o período de duración das obras. Serve temporalmente como provisión de materiais, montaxe de guindastres, provisión de pas e outros compoñentes dos aeroxeradores, etc.