DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 2025 Páx. 28698

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se publica o anuncio da resolución pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional plurilingües, para o curso 2025/26.

Co obxecto de ampliar a oferta de ensinanzas de formación profesional plurilingües para o curso 2025/26, na Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral de formación profesional resolve anunciar:

Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional www.edu.xunta.gal estará dispoñible a regulación e a convocatoria dirixida aos centros para participar nas ensinanzas de formación profesional plurilingües para o curso 2025/26.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata o 20 de xuño de 2025.

Terceiro. Que os centros deberán cubrir a solicitude que figura como anexo I da convocatoria e dirixila á Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2025

María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional