Co obxecto de realizar a convocatoria para o curso 2025/26 da autorización do programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado –Cuale– nos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral resolve anunciar:
Primeiro. Que a regulación e a convocatoria de autorización do programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado –Cuale– para o curso 2025/26 estará dispoñible no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional: http://www.edu.xunta.gal/portal
Segundo. Os centros que desexen implantar o programa Cuale deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación á cal se accede na ligazón http://www.edu.xunta.es/programaseducativos no programa correspondente Cuale.
Terceiro. Que o prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 10 de xuño de 2025.
Santiago de Compostela, 14 de maio de 2025
Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa
