DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 2025 Páx. 28958

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Mos e Vigo (expediente IN407A 2024/192-4).

Expediente: IN407A 2024/192-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: Recuamento LMTA ATI727 e substitución do apoio A1DBPIAM//58.

Concellos: Mos e Vigo.

Feitos:

1. O 10.5.2024, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación eléctrica denominada Recuamento LMTA ATI727 e substitución do apoio A1DBPIAM//58.

A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e no que figura un orzamento total de 21.664,44 euros.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade as obras necesarias para o recuamento da liña de media tensión aérea (LMTA) ATI727 que realizará o Real Club Celta de Vigo, S.A.D. Para isto, UFD Distribución Electricidad, S.A. ten previsto as seguintes actuacións nos concellos de Mos e Vigo:

– Substitución do apoio de formigón A1DBPIAM//58 do tramo ATI7270408 por un apoio celosía C-4500/14.

– Substitución de 41 metros de condutor LA-110 desde o apoio A1CFRS7S//59 ata o apoio proxectado (22 metros son no concello de Vigo).

– Desmontaxe de 1.176 metros de condutor LA-30/56, de 80 metros de condutor LA-110, de oito apoios, do centro de transformación Afouteza Cidade Deportiva Celta de Vigo (36PBLN), do centro de seccionamento Afouteza Cidade Deportiva (36CBLM) e de 1.248 metros de condutor RHZ1.

– Retensado do van ATI7270389 augas abaixo do apoio existente HVH-4500/15.

2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Mos, Concello de Vigo, a Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), a Deputación Provincial de Pontevedra e Nedgia, S.A. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos polo Concello de Vigo, AESA e Nedgia, S.A.

Os demais organismos non emitiron os condicionados técnicos, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

3. O 26.11.2024, este departamento territorial concedeu as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica LMT, CS, CT Real Club Celta de Vigo, S.A.D. (expediente IN407A 2024/124-4).

Consideracións legais e técnicas:

1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Substitución do apoio A1DBPIAM//58 da LMTA ATI727, tramo ATI7270408, por un apoio C-4500/14.

– LMT aérea a 15 kV, con condutor LA-110, de 41 metros de lonxitude, con orixe no apoio HVH-4500/15, A1CFRS7S//59, e final no apoio proxectado C-4500/14.

A instalación está situada no camiño Monte do Couto, na parroquia de Cela (San Pedro) no concello de Mos e outra parte no concello de Vigo (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Recuamento LMTA ATI727 e substitución do apoio A1DBPIAM//58, expediente IN407A 2024/192-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

2. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. a autorización administrativa de desmantelamento das instalacións descritas no punto un dos feitos desta resolución, de conformidade co disposto no artigo 138.2. do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, atendendo que as instalacións eléctricas só poderán ser desmanteladas unha vez realizada as obras proxectadas polo Real Club Celta de Vigo, S.A.D. no expediente IN407A 2024/124-4 e autorizadas por este departamento o 26.11.2024.

3. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante o desmantelamento, a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

5. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

6. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 28 de abril de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra