En sesión que tivo lugar o 16 de maio de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 20 de maio de 2025 (DOG núm. 85, do 6 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de minas, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 2 de xuño de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas na aula 6 da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas), en Santiago de Compostela.
As persoas aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 16 de maio de 2025
José Manuel Romero García
Presidente do tribunal
