O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáse publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde no primeiro cuadrimestre do ano 2025, que se incorpora como anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 16 de maio de 2025
Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade
ANEXO
|
Obxecto |
Importe total |
Data de sinatura |
|
Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Paliativos sen Fronteiras, para o desenvolvemento de actividades de formación en asistencia paliativa en nenos e adolescentes |
Sen achega económica |
3.1.2025 |
|
Acordo de colaboración entre a Consellería de Sanidade e os colexios oficiais de farmacéuticos de Galicia, para a posta en marcha do programa piloto Rede de farmacias sentinela de Galicia (Piloto Predice_Far) |
Sen achega económica |
8.1.2025 |
|
Acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, para a obtención de sangue de cordón umbilical |
Sen achega económica |
14.1.2025 |
|
Acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Área Sanitaria de Ferrol, para a obtención de sangue de cordón umbilical |
Sen achega económica |
14.1.2025 |
|
Acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Área Sanitaria da Coruña e Cee, para a obtención de sangue de cordón umbilical |
Sen achega económica |
14.1.2025 |
|
Acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, para a obtención de sangue de cordón umbilical |
Sen achega económica |
14.1.2025 |
|
Acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, para a obtención de sangue de cordón umbilical |
Sen achega económica |
15.1.2025 |
|
Acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Área Sanitaria de Vigo para a obtención de sangue de cordón umbilical |
Sen achega económica |
15.1.2025 |
|
Acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, para a obtención de sangue de cordón umbilical |
Sen achega económica |
15.1.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e Gadisa Retail, S.L.U., para a convocatoria do VII Concurso escolar de carteis relacionado coa doazón e cos transplantes |
3.000,00 € |
24.1.2025 |
|
Acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e o Hospital Maternidade HM Belén A Coruña, para a obtención de sangue de cordón umbilical |
Sen achega económica |
24.1.2025 |
|
Acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e o Hospital Quirónsalud A Coruña, para a obtención de sangue de cordón umbilical |
Sen achega económica |
24.1.2025 |
|
Prórroga do convenio subscrito o 19 de outubro de 2021 entre o Ministerio de Sanidade e as consellerías competentes en materia de saúde das comunidades autónomas do País Vasco, Cataluña, Galicia, Andalucía, Valencia, Canarias e Madrid e a Fundación Amancio Ortega Gaona, para a colaboración na implantación da protonterapia no Sistema nacional de Saúde |
Sen achega económica |
27.1.2025 |
|
Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Universidade da Coruña, para o fomento da doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos no ámbito desta universidade |
Sen achega económica |
31.1.2025 |
|
Acordo de adhesión da Universidad Pompeu Fabra ao Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para realizar prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a ela |
Sen achega económica |
6.2.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Vedra no cal se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Vedra |
539.926,50 € |
11.2.2025 |
|
Memorandum de entendemento entre o Goberno de Galicia (Reino de España) e o Goberno de Escocia, no campo da cooperación e promoción de sistemas de saúde Net-Zero |
Sen achega económica |
11.2.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Enfermos de Ril (Alcer), para a cobertura do servizo de traslado de pacientes aos centros de hemodiálise na provincia de Lugo |
672.880,08 € |
15.2.2025 |
|
Acordo de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e os colexios oficiais de farmacéuticos e farmacéuticas de Galicia, para a posta en marcha dun programa para a renovación, con carácter excepcional, da prescrición de medicación non demorable |
Sen achega económica |
18.2.2025 |
|
Acordo de adhesión da Universidad Católica de Valencia San Vicente Mártir ao Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para realizar prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a ela |
Sen achega económica |
21.2.2025 |
|
Acordo de adhesión da Universidad Alfonso X, El Sabio, ao Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para realizar prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a ela |
Sen achega económica |
25.2.2025 |
|
Acordo de adhesión da Universitat de Vic, Universitat Central de Catalunya, ao Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para realizar prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a ela |
Sen achega económica |
25.2.2025 |
|
Acordo de prórroga do Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Fundación Abracadabra de Magos Solidarios |
Sen achega económica |
26.2.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Caldas de Reis para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde no concello de Caldas de Reis |
Sen achega económica |
4.3.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Monte do Gozo, para o desenvolvemento do programa terapéutico-educativo Proxecto Home, de atención integral de persoas en risco e con trastornos adictivos da Comunidade Autónoma de Galicia, e do Programa de tratamento e rehabilitación, en réxime de comunidade terapéutica, da dependencia alcohólica |
1.220.705,00 € |
4.3.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Viguesa de Alcoholoxía (Asvidal), para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos |
256.443,00 € |
4.3.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Exalcohólicos de Ferrolterra, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos |
144.612,00 € |
4.3.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Unidade de Tratamento do Alcohol e Condutas Adictivas (UTACA), para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos |
249.013,00 € |
4.3.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación As Burgas, para o tratamento e rehabilitación do enfermo alcohólico, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos |
225.820,00 € |
4.3.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cruz Vermella de Lugo, para o desenvolvemento de programas de asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos |
762.718,00 € |
4.3.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ferrolá de Drogodependencias (Asfedro), para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos |
1.146.962,00 € |
4.3.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Alborada de Vigo, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos |
1.843.156,00 € |
4.3.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga (ACLAD), da Coruña, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos |
2.069.813,00 € |
4.3.2025 |
|
Protocolo xeral de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo (Uruguai), para o intercambio e mellora da formación técnica e científica |
Sen achega económica |
6.3.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Lobios en que se establecen as bases para a adquisición dunha ambulancia por parte do Concello de Lobios |
90.731,85 € |
6.3.2025 |
|
Acordo de adhesión da Universidad de Navarra ao Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para realizar prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a ela |
Sen achega económica |
10.3.2025 |
|
Acordo de adhesión da Universidad Francisco de Vitoria ao Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para realizar prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a ela |
Sen achega económica |
10.3.2025 |
|
Acordo de adhesión da Universidade de Alicante ao Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para realizar prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a ela |
Sen achega económica |
11.3.2025 |
|
Convenio de colaboración específico entre o Servizo Galego de Saúde e AstraZeneca Farmacéutica Spain, S.A., para realizar un programa de formación en técnicas avanzadas de secuenciación e a súa aplicación no ámbito da oncoloxía de precisión (Azelerate MP) |
Sen achega económica |
11.3.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Servizo Galego de Saúde para a implantación do Programa acompañamento nos hospitais e centros de saúde na Comunidade Autónoma de Galicia |
Sen achega económica |
11.3.2025 |
|
Acordo de adhesión da Universidad San Jorge ao Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para realizar prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a ela |
Sen achega económica |
12.3.2025 |
|
Acordo de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Servizo Galego de Saúde, para a implantación dun sistema de formación profesional dual |
741.794,08 € |
12.3.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Vieiro, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico-social |
8.004,00 € |
13.3.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Renacer, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico-social |
18.870,00 € |
13.3.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Érguete, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico-social |
177.833,00 € |
13.3.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) e o Centro Vasco de Transfusión y Tejidos Humanos (CVTTH), para o envío de mostras de sangue de cordón umbilical en caso de interrupción de actividade |
Sen achega económica |
13.3.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC, para o desenvolvemento do proxecto de investigación denominado Novas estratexias terapéuticas contra o microambiente tumoral no cancro colorrectal |
Sen achega económica |
18.3.2025 |
|
Acordo entre a Consellería de Sanidade e o Instituto Galego de Estatística para intercambiar información sobre persoas titulares da tarxeta sanitaria |
Sen achega económica |
21.3.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Aliad-Ultreia para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico-social |
56.610,00 € |
25.3.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Rexurdir Provincial, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico-social |
27.336,00 € |
26.3.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Antonio Noche, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico-social |
32.266,00 € |
26.3.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais (Aspaneps) para a actualización e implantación do proceso asistencial no eido dos trastornos da aprendizaxe e trastornos de saúde mental relacionados en saúde mental infanto-xuvenil |
150.000,00 € |
26.3.2025 |
|
Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Universidade de Santiago de Compostela, para o fomento da doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos no ámbito desta universidade |
Sen achega económica |
27.3.2025 |
|
Protocolo de coordinación entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Política Social e Igualdade polo que se desenvolve o procedemento para a emisión dos informes de saúde necesarios para a valoración da situación de dependencia, e se establece o marco de colaboración para o acceso, con carácter excepcional, á información sanitaria indispensable para tramitar as solicitudes de recoñecemento do grao de discapacidade |
Sen achega económica |
2.4.2025 |
|
Convenio entre a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde, para a modificación do réxime de libramento das transferencias correntes de financiamento |
Sen achega económica |
8.4.2025 |
|
Convenio entre a Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde e a Axencia Galega, para a Xestión do Coñecemento en Saúde, para a modificación do réxime de libramento das transferencias correntes de financiamento |
Sen achega económica |
8.4.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Saúde Mental A Mariña, para a prestación de servizos terapéuticos para persoas con trastorno mental persistente no concello de Cervo |
400.000,00 € |
08.4.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Consello de Colexios de Médicos de Galicia, para o desenvolvemento do programa de atención integral ao médico enfermo (Paime) |
65.000,00 € |
8.4.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Carballeda de Valdeorras para a posta en marcha dun programa de mellora da calidade dos servizos sanitarios no concello |
Sen achega económica |
9.4.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Érquete-Integración, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa Itínere |
126.143,00 € |
11.4.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (Fademga Plena Inclusión Galicia), para realizar de actividades de sensibilización e mellora da comunicación e promoción da saúde mental coas persoas con discapacidade intelectual no sistema sanitario público de Galicia |
Sen achega económica |
11.4.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Roche Farma, para o desenvolvemento dun proxecto enfocado na promoción do interese cara á investigación en Galicia |
Sen achega económica |
11.4.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Fundación Josep Carreras, para la Lucha contra la Leucemia |
885.000,00 € |
15.4.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para o control aerobiolóxico de Galicia |
174.240,00 € |
16.4.2025 |
|
Acordo de adhesión da Universidad San Pablo CEU ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para realizar prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a ela |
Sen achega económica |
16.4.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Federación Galega de Irmandades de Doadores de Sangue |
58.200,00 € |
23.4.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Española contra o Cancro (Xunta Provincial da Coruña), para o desenvolvemento de programas de voluntariado na Área Sanitaria de Ferrol |
Sen achega económica |
30.4.2025 |
