No Diario Oficial de Galicia número 62, do 31 de marzo de 2025, publícase a Orde do 18 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e de proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI431A e SI431E).
O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 10 da Orde do 18 de marzo de 2025. Así mesmo, no artigo 11 determínase a documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento.
Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non a presentar, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para determinar o cumprimento dos requisitos exixidos.
O artigo 14.2 da Orde do 18 de marzo de 2025 dispón que, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos, o órgano instrutor requirirá as entidades interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. De non o facer, terase por desistida na súa solicitude e, logo de resolución, arquivarase o expediente.
Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
1. Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do requirimento de emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 18 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e de proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI431A e SI431E), por non estaren debidamente cubertas e/ou non achegar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras que figura como anexo desta resolución (anexo: requirimento de emenda de documentación-SI431A 2025).
2. Facer indicación expresa á persoa solicitante que figura no anexo desta resolución de que é requirida para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, conforme se establece nesta resolución, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará desistida da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.
3. Informar a persoa interesada de que, de acordo co establecido no artigo 11.4 das bases reguladoras, a presentación da documentación requirida debe ser realizada electronicamente.
4. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Política Social e Igualdade, Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, a través do teléfono indicado no artigo 27 da convocatoria (981 95 76 13) ou presencialmente.
Santiago de Compostela, 16 de maio de 2025
Roberto Barba Alvedro
Director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero
ANEXO
Asunto: requirimento de emenda de solicitude relacionada a continuación por non estar debidamente cuberta e/ou non achegar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras.
Data do requirimento: 15 de maio de 2025.
Efectos: no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do requirimento a través desta resolución no Diario Oficial de Galicia, cómpre emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos conforme se establece no dito requirimento, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará desistida da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.
Órgano instrutor: Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero.
Solicitude suxeita a emenda de documentación:
|
Nº de expediente |
Entidade |
Documentación requirida |
|
SI431A-2025/00000011-00 |
Xeracción, S. Coop. Galega |
1. Anexo II: memoria do proxecto (artigo 11.1.b). As actuacións que indican que teñen previsto desenvolver non son congruentes co indicado nos anexos III. Deben corrixir o que proceda e achegalo novamente. No anexo I de solicitude indican que achegan memoria complementaria e non foi presentada. Deben presentala. 2. Anexo III: ficha individualizada de cada profesional que desenvolva ou vaia desenvolver servizos, actuacións ou actividades no proxecto (artigo 11.1.c). Deben achegar as fichas debidamente cubertas e numeradas, de conformidade co indicado no anexo II. 3.Acreditación documental suficiente da experiencia da entidade na realización e desenvolvemento de proxectos de atención integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual (artigo 11.1.d). Deben xustificar documentalmente a experiencia alegada no anexo II. |
