DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2025 Páx. 29685

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2025, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se procede á inscrición no Rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade da acta da Comisión Paritaria do V Convenio colectivo de residencias privadas de persoas de idade de Galicia.

Feitos:

Primeiro. O día 14 de abril de 2025 tivo entrada nesta unidade a solicitude para a inscrición no Rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade da acta da Comisión Paritaria do V Convenio colectivo de residencias privadas de persoas de idade de Galicia.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ten atribuídas, entre outras funcións, as competencias que como autoridade laboral lle corresponden á Consellería, de conformidade co disposto no Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Segundo. De acordo co artigo 25 do citado Decreto 147/2024, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais é o órgano competente de coordinación dos rexistros administrativos de eleccións sindicais, de asociacións empresariais e sindicais (Deose), de convenios colectivos (Rexcon) e de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción (REA).

Terceiro. O artigo 8 do Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos e acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, regula o procedemento de inscrición de solicitudes de rexistro e convenios e acordos colectivos e traballo e establece que a autoridade laboral competente, procederá a ditar resolución ordenando o seu rexistro, depósito e publicación no boletín oficial correspondente.

Revisada a documentación achegada e tendo en conta a normativa aplicable, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, na súa condición de autoridade laboral,

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o depósito e a inscrición no Rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade da acta da Comisión Paritaria do V Convenio colectivo de residencias privadas de persoas de idade de Galicia.

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2025

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais

Acta da Comisión Paritaria do V Convenio colectivo de residencias privadas
de persoas de idade de Galicia

En Santiago de Compostela, ás 11.00 horas do día 11 de abril de 2025, reúnese a Comisión Paritaria do V Convenio colectivo de residencias privadas de persoas de idade de Galicia.

– Parte empresarial:

Lucía del Campo Redondo (Agarte).

José Manuel Pazos Seco (Agarte).

José Antonio Patiño Amboage (Agarte).

María Teresa Rodríguez Rivas (Acolle).

– Parte sindical:

Iria Estévez Casqueiro (FSS-CC.OO. de Galicia).

Javier Martínez Fente (UGT-SP de Galicia).

Eliseo Rivas Pernas (UGT-SP de Galicia).

O obxecto desta xuntanza é a actualización das táboas salariais do V Convenio colectivo de residencias privadas de persoas de idade de Galicia de acordo co artigo 5 e a disposición derradeira do dito convenio.

Logo do debate e análise da dita cuestión por parte das representacións integrantes desta comisión, procede reflectir na acta o seguinte:

Primeiro. Esta comisión paritaria acorda, por unanimidade, proceder á actualización das táboas salariais do V Convenio colectivo de residencias privadas de persoas de idade de Galicia para o ano 2025, de conformidade co contido do anexo que se xunta a esta acta.

Segundo. En ningún caso as persoas traballadoras afectadas por este convenio percibirán en cómputo anual por todos os conceptos retributivos unha contía inferior ao SMI establecida para o ano 2025. Deste xeito, se o cómputo anual de todos os conceptos retributivos percibidos pola persoa traballadora está por debaixo do SMI, a empresa aboará a diferenza nun complemento ata alcanzar a dita contía.

Terceiro. Esta comisión delega no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites de depósito, rexistro e publicación desta acta perante a autoridade laboral competente.

Non tendo máis asuntos que tratar, acaba ás 12.30 horas do día sinalado no encabezamento, e expídese para o efecto esta acta, que asinan todos os asistentes en proba de conformidade.

Lucía del Campo Redondo (Agarte)

José Manuel Pazos Seco (Agarte)

José Antonio Patiño Amboage (Agarte)

María Teresa Rodríguez Rivas (Acolle)

Eliseo Rivas Pernas (UGT-SP de Galicia)

Javier Martínez Fente (UGT-SP de Galicia)

Iria Estévez Casqueiro (FSS-CC.OO. de Galicia)

ANEXO

Grupos/categorías

S.B.

Paga extra

Compl. domingos

Compl. por quenda festivos especiais

Trienio antigüidade

Complemento por hora nocturna

Grupo A

 

 

 

 

 

Administrador/a

2.116,86

2.116,86

10,36

40,35

63,51

4,20

Xerente, director/a

2.116,86

2.116,86

10,36

40,35

63,51

4,20

Médico/a

1.778,42

1.778,42

10,36

40,35

53,35

3,53

Técnico superior

1.778,42

1.778,42

10,36

40,35

53,35

3,53

Grupo B

 

 

 

 

 

Supervisor/a socio asistencial

1.439,89

1.439,89

10,36

40,35

43,20

2,86

ATS/DUE

1.439,89

1.439,89

10,36

40,35

43,20

2,86

Traballador social

1.439,89

1.439,89

10,36

40,35

43,20

2,86

Fisioterapeuta

1.439,89

1.439,89

10,36

40,35

43,20

2,86

Terapeuta ocupacional

1.439,89

1.439,89

10,36

40,35

43,20

2,86

Titulado/a

1.439,89

1.439,89

10,36

40,35

43,20

2,86

Grupo C

Gobernante/a

1.175,97

1.175,97

10,36

40,35

35,28

2,34

Oficial mantemento

1.175,97

1.175,97

10,36

40,35

35,28

2,34

Oficial administrativo

1.175,97

1.175,97

10,36

40,35

35,28

2,34

Tasoc

1.175,97

1.175,97

10,36

40,35

35,28

2,34

Condutor/a

1.175,97

1.175,97

10,36

40,35

35,28

2,34

Xardineiro/a

1.175,97

1.175,97

10,36

40,35

35,28

2,34

Grupo D

Xerocultor/a-auxiliar de enfermaría

1.175,97

1.175,97

10,36

40,35

35,28

2,34

Cociñeiro/a

1.155,62

1.155,62

10,36

40,35

34,67

2,30

Auxiliar de mantemento

1.155,62

1.155,62

10,36

40,35

34,67

2,30

Auxiliar administrativo/a

1.155,62

1.155,62

10,36

40,35

34,67

2,30

Camareiro/a de planta

1.155,62

1.155,62

10,36

40,35

34,67

2,30

Animador sociocultural

1.155,62

1.155,62

10,36

40,35

34,67

2,30

Recepcionista

1.155,62

1.155,62

10,36

40,35

34,67

2,30

Grupo E

Lavandaría/pasador/a de ferro

1.078,82

1.078,82

10,36

40,35

32,36

2,14

Auxiliar de cocina

1.078,82

1.078,82

10,36

40,35

32,36

2,14

Limpador/a

1.078,82

1.078,82

10,36

40,35

32,36

2,14

Persoal non cualificado

1.078,82

1.078,82

10,36

40,35

32,36

2,14