En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, na sesión que tivo lugar o 7 de abril de 2025, adoptou a seguinte resolución:
Unha vez examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Foral de Paradela, a favor dos/das veciños/as de Paradela, na parroquia de Lobás (Santa Ouxea), no concello do Carballiño, resultan os seguintes feitos:
Primeiro. O 6 de xuño de 2023 tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Encarna Soto, no cal solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Foral de Paradela, a favor dos/das veciños/as de Paradela, na parroquia de Lobás (Santa Ouxea), no concello do Carballiño.
Segundo. O 9 de setembro de 2024, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designa instrutor e realiza as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abre un período dun mes para efectuar alegacións.
Terceiro. Durante a tramitación do procedemento os promotores do expediente presentaron un escrito de alegacións, xa que houbo unha confusión coa cartografía do monte. Estas resúmense na inclusión da totalidade da parcela catastral 32020A01503127 e parte da 32020A01702449, así como na exclusión de parte da parcela 32020A01500689 e de parte da parcela 32020A50100517 (concretamente da parte desta non ocupada polo lavadoiro).
O Xurado Provincial, unha vez examinada detidamente a documentación que consta no expediente, considera que procede estimar as alegacións formuladas e corrixir, en consecuencia, os erros detectados no acordo de inicio.
O Xurado acorda a clasificación do monte, unha vez publicado polo concello o edicto do inicio da clasificación como monte veciñal en man común durante o período dun mes sen que se presentasen alegacións, publicado tamén o edicto no DOG e recibida a certificación do Rexistro da Propiedade.
Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:
Nome do monte: Foral de Paradela.
Superficie: 11,90 ha.
Pertenza: veciños/as de Paradela.
Parroquia: Lobás (Santa Ouxea).
Concello: O Carballiño.
Descrición dos predios que constitúen o monte:
Predio 1 (Os Outeiros, A Fírvida e Ceidón): os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polos camiños correspondentes ás parcelas coas referencias catastrais 32020A01509001 e 32020A01709003.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32020A01503125 32020A01503126 (parte) 32020A01503127 32020A01503128 (parte) 32020A01503129 (parte) 32020A01509001 (parte) 32020A01702448 32020A01702449 (parte) 32020A01702518 32020A01702520 |
Norte |
32020A01700035 32020A01709007 32020A01503129 (resto) |
|
Leste |
32020A01509001 (resto) 32020A01503126 (resto) 32020A01702449 (resto) 32020A01709003 32020A01702519 |
|
|
Sur |
32020A01700325 32020A01700326 |
|
|
Oeste |
32020A01702450 32020A01709003 32020A01702446 32020A01702447 32020A01503128 (resto) |
|
Predio 2 (O Chopiño):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32020A50100463 |
Norte |
32020A50100464 32020A50109011 |
|
Leste |
32020A50109011 32020A50100462 |
|
|
Sur |
32020A50100462 32020A50100461 |
|
|
Oeste |
32020A50100461 32020A50100465 32020A50100464 |
|
Predio 3 (A Fonte):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32020A50100468 |
Norte |
32020A50100469 |
|
Leste |
32020A50100469 |
|
|
Sur |
32020A50100469 |
|
|
Oeste |
32020A50109011 |
|
Predio 4 (Forno):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32020A50105388 |
Norte |
32020A50100513 32020A50100514 |
|
Leste |
32020A50109011 |
|
|
Sur |
32020A50100513 |
|
|
Oeste |
32020A50100513 |
|
Predio 5 (Os Puzos):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32020A50100556 |
Norte |
32020A50100557 |
|
Leste |
32020A50100558 |
|
|
Sur |
32020A50100558 |
|
|
Oeste |
32020A50109011 |
|
Predio 6 (Lavadoiro):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32020A50100517 (parte) |
Norte |
32020A50100517 (resto) 32020A50100518 |
|
Leste |
32020A50100518 32020A50109011 |
|
|
Sur |
32020A50109011 |
|
|
Oeste |
32020A50100517 (resto) |
|
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei, «son montes veciñais en man común os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».
Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, e correspóndelle constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.
Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común acreditouse mediante os testemuños dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.
En consecuencia co que antecede, unha vez examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común; o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro; o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e a demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,
RESOLVE:
Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Foral de Paradela, a favor dos/das veciños/as de Paradela, na parroquia de Lobás (Santa Ouxea), no concello do Carballiño, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989; nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 12 de maio de 2025
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense
