DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2025 Páx. 30150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de maio de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se dá publicidade á Resolución do 8 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, que modifica o acordo de concentración parcelaria da zona de Barciademera (Covelo-Pontevedra).

O 8 de maio de 2025, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural ditou a resolución que se transcribe a seguir:

«O acordo de concentración parcelaria da zona de Barciademera (Covelo-Pontevedra) foi aprobado pola dirección xeral competente na materia con data do 24 de xullo de 2008, publicado na forma legalmente prevista, e na actualidade encóntrase pendente de firmeza.

Con posterioridade a estes actos, o Concello de Covelo solicitou a cesión dos predios nº 1 e nº 1408 do Fondo de terras da zona para:

1. Predio nº 1 destinalo a actividades de lecer, recreativas, deportivas e de divulgación ambiental vinculado ao proxecto de declaración de espazo natural de interese local que se está tramitando por parte do Concello.

2. Predio nº 1408 para uso público como parque e zona de lecer.

Visto o informe emitido polo Servizo Provincial de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973, a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, a disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais disposicións legais de aplicación.

Esta dirección xeral, ao abeiro da lexislación vixente, resolve, ao abeiro do artigo 32 da Lei de concentración parcelaria de Galicia, modificar o acordo de concentración parcelaria da zona no sentido de:

1. Ceder os predios nº 1 e nº 1408, procedentes do Fondo de terras da zona, ao Concello de Covelo (prop. 192) para ser destinados aos fins que se indican na parte expositiva desta resolución.

2. Se os predios non fosen destinados aos fins para os que se adxudican, a titularidade dos referidos predios reverterá sobre o Fondo de terras da zona, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou entidade que corresponda, ou patrimonio da Comunidade Autónoma, segundo o caso.

3. Ordenar que a esta resolución se lle dea a oportuna publicidade, sen prexuízo da súa notificación ao concello de Covelo».

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse un recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta resolución.

Pontevedra, 12 de maio de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra