Advertido un erro no devandito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 24, do mércores, 5 de febreiro de 2025, cómpre facer a seguinte corrección:
No sumario, nas páxinas 9929 e 9735, onde di: «EDICTO do 17 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado A Proviceira, O Cimón, A Bugalleira, O Cabrón, A Carrapata e Os Lameiros, a favor dos veciños de Moimenta e Orbán, no concello de Celanova», debe dicir: «EDICTO do 17 de xaneiro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado A Proviceira, O Cimón, A Bugalleira, A Carrapata e Os Lameiros, a favor dos veciños de Moimenta e Orbán, no concello de Celanova».
Ao longo do todo o anuncio, onde di: «A Proviceira, O Cimón, A Bugalleira, O Cabrón, A Carrapata e Os Lameiros», debe dicir: «A Proviceira, O Cimón, A Bugalleira, A Carrapata e Os Lameiros».
