DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2025 Páx. 30145

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de maio de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifica aos interesados a constitución do depósito de pagamento do prezo xusto polas afectacións derivadas da construción dunha instalación eléctrica no concello de Cenlle (expediente IN407A 2021/84-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...» mediante este anuncio cítanse os titulares dos predios relacionados no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ser posible a notificación prevista na citada norma, da constitución, por parte da empresa beneficiaria, do depósito de pagamento do prezo xusto e xuros de demora acordado mediante a Resolución do Xurado de Expropiación de Galicia, relativo ás afectacións derivadas da construción da instalación eléctrica denominada LMTA, CTI e RBTA Esposende II, situada no concello de Cenlle.

As persoas titulares ou os seus representantes deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Na comparecencia terán que presentar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que os acredite como titulares dos predios afectados e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lles ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Ourense, 13 de maio de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/84-3.

Instalación: LMTA, CTI e RBTA Esposende II.

Concello: Cenlle.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data do

depósito

22

O Palomar

32026A033002080000TE

Herdeiros de María Isabel Sánchez Pardo

Enderezo descoñecido

15.4.2025

29

Carballeira

32026A033002140000TU

Herdeiros de Isabel Soto Beloso

Enderezo descoñecido

15.4.2025