DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2025 Páx. 30032

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2025 pola que se renova a mención de excelencia a titulacións universitarias oficiais de máster impartidas polas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Con data do 29 de novembro de 2024 publicouse no DOG núm. 231 a Orde do 12 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria para a renovación da mención de excelencia concedida a titulacións universitarias oficiais de máster impartidas por universidades públicas do Sistema universitario de Galicia.

Rematado o prazo para a entrega da documentación necesaria para a tramitación do procedemento establecido no artigo 4 da orde de convocatoria, foron analizadas as solicitudes pola Comisión Avaliadora prevista no artigo 7 da citada orde.

Tendo en conta o anteriormente exposto, e atendendo á proposta de resolución da Secretaría Xeral de Universidades, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Concederlles a renovación da mención de máster universitario excelente da Xunta de Galicia ás titulacións universitarias oficiais de máster, impartidas polas universidades do Sistema universitario de Galicia, que se relacionan no anexo I desta resolución.

Segundo. A renovación de máster universitario excelente da Xunta de Galicia terá unha vixencia de cinco cursos académicos ao final dos cales poderá ser renovada por períodos sucesivos de igual duración.

Terceiro. As universidades responsables dos títulos comprométense a manter os requisitos que deron lugar á obtención da renovación da mención de máster universitario excelente da Xunta de Galicia.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as universidades poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2025

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional

ANEXO I

Titulación

Facultade/escola

Universidade

MU en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética

Facultade de Ciencias

Universidade da Coruña

MU en Enxeñaría Ambiental

Escola Técnica Superior de Enxeñaría

Universidade de Santiago de Compostela

MU en Enxeñaría Informática

Facultade de Informática

Universidade da Coruña