En sesión que tivo o lugar o 14 de maio de 2025, o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro),
ACORDOU:
Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, anular a pregunta número 92, que se substitúe pola pregunta de reserva número 163, e modificar o modelo de corrección de respostas correctas no relativo ás preguntas número 53, 101, 118, 119 e 120.
Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.
Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superarán o primeiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtengan unha puntuación mínima de vinte e cinco puntos (25 puntos).
Con base nos criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio, acordados polo tribunal o día 19 de marzo de 2025 e publicados no portal web corporativo da Xunta de Galicia xunta.gal/funcion-publica, realizouse a corrección en sesión do 13 de maio de 2025.
Un total de cinco (5) aspirantes acadou o mínimo do 40 % das respostas correctas en cada unha das partes, unha vez feitos os descontos correspondentes. En consecuencia, a nota de corte establécese en 64 respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, e resulta necesario que se acade, ademais, o limiar do 40 % de respostas correctas en cada unha das partes.
Así, a valoración de 25 puntos correspóndese con 64 respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes e acadado o 40 % de respostas correctas en cada parte.
As persoas declaradas aptas teñen unha cualificación distribuída entre os 25 e os 50 puntos, proporcional ao número de respostas correctas.
Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica
Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2025
Alberto Feijoo Rodríguez
Presidente do tribunal
