En sesión que tivo lugar o día 20 de maio de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de novembro de 2024 (DOG núm. 220, do 14 de novembro), modificada pola Resolución do 22 de novembro de 2024 (DOG núm. 229, do 27 de novembro), para cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 222, do 22 de novembro),
ACORDOU:
Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, e unha vez realizado o segundo exercicio, publicar a cualificación das persoas aspirantes convocadas:
|
Apelidos e nome |
NIF |
Cualificación 2º exercicio |
|
Areal Almeida, Natalia |
***7957** |
Non presentada |
Segundo. De conformidade co disposto na base III.13 da Orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2025
Laura Suárez Fernández
Presidenta do tribunal
