DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2025 Páx. 30721

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2025, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 221, do 21 de novembro), pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 6 de maio de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 18 de outubro de 2024 (DOG núm. 210, do 30 de outubro), modificada pola Resolución do 19 de novembro de 2024 (DOG núm. 223, do 19 de novembro), para cualificar este proceso selectivo,

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.1.2 da convocatoria, e en relación co segundo exercicio do proceso selectivo realizado o día 6 de maio de 2025, o dito exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto tal e como establecen as bases da convocatoria.

Segundo. Tendo en conta o anterior, acórdase publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba que se realizou o día 6 de maio, correspondente ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña no portal web corporativo https://www.funcionpublica.xunta.gal

Terceiro De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, as persoas aspirantes poderán formular as alegacións que consideren oportunas ás puntuacións, que se presentarán a través do aplicativo Fides (https://fides.xunta.gal).

Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2025

Eva Fachado Rubio
Presidente do tribunal