DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2025 Páx. 30724

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2025, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola que se lle dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 15 de maio de 2025, o tribunal nomeado por Resolución do 11 de novembro de 2024 (DOG núm. 220, do 14 de novembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado por Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 222, do 22 de novembro), con relación ao segundo exercicio do proceso selectivo,

ACORDA:

Primeiro. Rectifícase o modelo de corrección inicialmente publicado no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica. Corríxese o erro material nas respostas ás preguntas 24 e 25, sendo as opcións correctas a «D» e a «A», respectivamente.

Segundo. Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria e cos criterios de corrección publicados no portal web citado, superaron o segundo exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de quince puntos (15 puntos).

Cuarto. Publicar no portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta. gal os resultados obtidos polas persoas aspirantes con relación ao segundo exercicio deste proceso.

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Segundo o disposto na base II.1.1.3 estarán exentas de realizar o terceiro exercicio, de coñecemento do galego, as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, que posuían, o día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Xunto con esta resolución, a Dirección Xeral da Función Pública publicará no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, unha listaxe de persoas aspirantes en que figurarán aquelas que, por ter acreditada a posesión do Celga requirido, en calquera procedemento cuxa competencia corresponda a esta dirección xeral, non teñen que presentar a documentación xustificativa da exención a que fai referencia o parágrafo anterior.

Sétimo. Segundo o disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2025

Luís Miguel Vázquez Carreira
Presidente do tribunal