DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2025 Páx. 30431

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 15 de maio de 2025 pola que se modifica a autorización do centro privado Povisa Formación Profesional, de Vigo.

A representación da titularidade do centro privado (CPR) Povisa Formación Profesional, de Vigo, solicita a supresión do ciclo formativo de grao superior (CS) Documentación e Administración Sanitarias e do CS Mediación Comunicativa, e autorización para impartir un novo ciclo formativo de grao medio (CM) Coidados Auxiliares de Enfermaría.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización e suprimir o CS Documentación e Administración Sanitarias e o CS Mediación Comunicativa, e autorizar un novo CM Coidados Auxiliares de Enfermaría, no centro privado que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Povisa Formación Profesional.

Código do centro: 36019931.

Domicilio: rúa Romil, 75-77.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Código postal: 36211.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Policlínico Vigo, S.A. (Povisa).

Composición resultante:

Réxime ordinario, modalidade presencial.

• 3 CM Coidados Auxiliares de Enfermaría (3 unidades para 30 postos escolares cada unha).

• 1 CS Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico (2 unidades para 30 postos escolares cada unha).

• 1 CS Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear (2 unidades para 30 postos escolares cada unha).

•1 CS Radioterapia e Dosimetría (2 unidades para 30 postos escolares cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, o Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia, así como o equipamento.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2025

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades
e Formación Profesional