Expediente: IN407A 2024/004-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: Regulamentación LMTA BRT803. Substitución de apoios 71, 72, 73 e 76.
Concello: Malpica de Bergantiños.
Feitos:
1. O día 10.1.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de realizar obras de regulamentación e por mor da existencia de deficiencias en dous tramos aéreos situados no lugar de Brión, parroquia de Leiloio, concello de Malpica de Bergantiños, pertencentes á liña de distribución de media tensión LMT BRT803 Buño-AUTO 13 (expediente 33.500), procedente da subestación Bértoa, proxéctase substituír catro apoios de formigón por outros de tipo metálico e o condutor de dous vans existentes.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Regulamentación LMTA BRT803. Substitución de apoios 71, 72, 73 e 76, asinado o día 25.10.2023 por Rubén Maceiras Sánchez, enxeñeiro técnico industrial, especialidade Electrónica Industrial, nº colexiado 3.191 do Coeticor; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
– Portal de Transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria, desde o 11.6.2024 ata o 26.7.2024.
• DOG: 10.6.2024.
• BOP: 22.5.2024.
• Xornal La Voz de Galicia: 13.6.2024.
• Con datas 13.5.2024 e 23.7.2024 solicitouse ao Concello de Malpica de Bergantiños a exposición pública do proxecto e a correspondente acreditación de realización dese trámite, sen que conste no expediente a emisión da dita certificación.
3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Malpica de Bergantiños, Augas de Galicia, Axencia Galega de Infraestruturas e Deputación Provincial da Coruña. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
4. O día 2.5.2025 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas:
As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Brión, parroquia de Leiloio, concello de Malpica de Bergantiños, e as súas características técnicas son as seguintes:
– Substitución condutor tramo (Actuación 1) LMTA a 20 kV, de 380 m, condutor tipo LA-110 Al, con orixe no apoio nº 9UA2C6NC//71 tipo 2HV-1000/14, para substituír por tipo C-14/1000-H35, quedando ao carón baixo traza existente da LMT BRT803 Buño-Auto 13 (expte. 33.500), procedente da subestación Bértoa; e remate no apoio nº 9U3IT5HV/73 tipo HV-630/14, para substituír por outro tipo C-16/2000-H35 quedando ao carón baixo traza existente. Substitución do apoio intercalado nº 9U79AX6A//72 tipo HV-630/14 por tipo C-16/2000-H35, quedando ao carón do existente baixo traza. Retensado dos tramos existentes adxacentes ao tramo que se vai substituír.
– Substitución condutor tramo (Actuación 2) LMTA a 20 kV, de 20 m, condutor tipo LA-110 Al, con orixe no apoio nº 9TTLFR2Q//76 tipo 2HV-1600/14, para substituír por tipo C-16/7000-H35 da LMT BRT803, quedando ao carón do existente, e remate no apoio nº 9TTM7858//77-CT (CT Leiloio seccionador (15CCK0). Retensado do tramo adxacente inmediato anterior.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) nº 2019/1937, e se deroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparamenta eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa de eles, nun medio illante ou de rotura.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao medio ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 6 de maio de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
|
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio (CT e/ou apoios) |
Natureza do terreo |
|
|
CT/nº do apoio |
Superficie (m2) |
|||||
|
1 |
Descoñecido |
15044A004002290000EX |
Carballedos |
Novo apoio nº 71 |
2 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño |
|
4 |
Descoñecido |
15044A004008190000EY |
Caldas |
Novo apoio nº 76 |
4 |
Rústico. Agrario |
