Núm. de depósito: 82000124.
Feitos:
A Confederación Transportistas.Gal, mediante escrito do 14 de abril de 2025, achega certificación da acta da asemblea xeral que tivo lugar o día 5 de abril de 2025, na cal se recolle a modificación dos estatutos e o cambio de denominación da entidade pasando a denominarse Federación Unidade Galega de Transportistas e solicita o seu depósito nesta oficina de depósitos de estatutos de asociacións sindicais e empresariais.
Consideracións legais e técnicas:
Primeiro. A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ten atribuídas, entre outras funcións, a dirección, a coordinación, o control e a execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia de relacións laborais, seguridade e saúde laboral, responsabilidade social empresarial, promoción do emprego de calidade e, en concreto, o exercicio de funcións en materia de lexislación laboral e en prevención de riscos laborais, de conformidade co disposto no Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Segundo. De acordo co artigo 25 do citado Decreto 147/2024, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais é o órgano competente de coordinación dos rexistros administrativos de eleccións sindicais, de asociacións empresariais e sindicais (Deose), de convenios colectivos (Rexcon) e de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción (REA).
Terceiro. O artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, regula o procedemento de tramitación das solicitudes de depósito e establece que a oficina pública competente ditará resolución que acorde o depósito e a publicidade do acto de inscrición, na cal constarán a data de depósito e o número de depósito asignado.
Revisada a documentación achegada e tendo en conta a normativa aplicable, esta Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, na súa condición de oficina pública competente,
RESOLVE:
Primeiro. Ordenar a inscrición da modificación dos estatutos da Confederación Transportistas.Gal, que en virtude da dita modificación pasa a denominarse Federación Unidade Galega de Transportistas, nesta oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais.
As persoas interesadas poden acceder ao contido desta inscrición na web do depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais:
(https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos)
Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2025
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
