A Xunta de Goberno Local, na sesión do 6 de maio de 2025, foi adoptado o seguinte acordo:
Aprobar a seguinte oferta de emprego público para o ano 2025, que contén os seguintes postos de traballo:
Quenda libre.
|
Persoal funcionario |
|||
|
Nº prazas |
Denominación |
Escala |
Grupo |
|
1 |
Axente de policía local |
AE |
C1 |
|
1 |
Total |
||
|
Persoal laboral |
|
|
Nº prazas |
Denominación |
|
1 |
Oficial 3ª do servizo de augas |
|
1 |
Coordinador do SAF |
|
1 |
Axudante de coordinación do SAF |
|
2 |
Auxiliar do SAF |
|
5* |
Total |
*Prazas incrementadas de conformidade co artigo 20.Tres.2 da Lei de orzamentos para 2023. Resultado = 6.
Se incrementa en 1 por aplicación de baixas producidas en 2025, cálculo que se restará da oferta de emprego de 2026.
Promoción interna.
|
Persoal funcionario |
|||
|
Nº prazas |
Denominación |
Escala |
Grupo |
|
1 |
Oficial de policía local |
AE |
C1 |
|
1 |
Total |
||
En cumprimento do disposto nos artigos 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e 205 da Lei 2/2015, do emprego de Galicia, publícanse as anteriores ofertas de emprego público do Concello de Silleda, tanto no BOP de Pontevedra como no Diario Oficial de Galicia, así como na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello.
Contra a resolución que se publica, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer subsidiariamente o recurso potestativo de reposición, ante o órgano que o acordou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou, á súa elección, a que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se opta por interpoñer o recurso potestativo de reposición, non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou sexa desestimado por silencio.
Todo isto sen prexuízo da posibilidade de interpoñer calquera outro recurso que se considere máis axeitado en dereito.
Silleda, 7 de maio de 2025
Paula María Fernández Pena
Alcaldesa
