DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2025 Páx. 31162

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 21 de maio de 2025 pola que se modifica a autorización do Centro Privado Plurilingüe Cristo Rey, da Coruña.

A representación da titularidade do centro privado (CPR) Plurilingüe Cristo Rey, da Coruña, solicita a modificación da autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Planta química.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do centro para impartir o CM Planta química. O centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado plurilingüe.

Denominación específica: Cristo Rey.

Código: 15004101.

Enderezo: rúa Elviña, 149.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titular: Fundación Maristas Compostela.

Composición resultante:

• Educación secundaria obrigatoria: 16 unidades.

• Bacharelato: 10 unidades das modalidades de Ciencias e Tecnoloxía; Humanidades e Ciencias Sociais.

• Formación profesional.

• Ciclos formativos de grao medio (CM): 1 CM Planta química (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, o Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia, así como o equipamento.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deban modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2025

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional