BDNS (Identif.): 835860.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/835860
Primeiro. Persoas beneficiarias
Alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2024/25 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e que sexa proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.
Segundo. Obxecto
Convocar na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacharelato (código de procedemento ED311A) para o alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2024/25 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpra os requisitos establecidos nesta orde.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 27 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024/25 (código de procedemento ED311A).
Orde ECD/482/2018, do 4 de maio, pola que se regulan os premios nacionais de bacharelato establecidos pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE núm. 115, do 11 de maio).
Cuarto. Importe
Vinte premios extraordinarios cunha dotación global de 20.000 €. Cada premio estará dotado con 1.000 €.
Quinto. Características do procedemento de solicitude dos premios
O procedemento de solicitude para optar aos premios extraordinarios de bacharelato terá dúas fases diferenciadas:
1. Na primeira fase, o alumnado deberá solicitar primeiramente a matrícula na proba PEB.
2. Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas na proba PEB, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de bacharelato.
Sexto. Prazo de presentación de solicitudes
1. Na primeira fase, matrícula na proba PEB, o prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación desta orde.
2. Na segunda fase, solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de bacharelato, o prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes a partir do día seguinte da publicación das listaxes de cualificacións definitivas da proba PEB.
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024; DOG núm. 114, do 13 de xuño)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Ciencia, Universidades e Formación Profesional
