O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de xaneiro a abril do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2025
José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2025
|
Convenio |
Data de sinatura |
Importe total do convenio |
|
Convenio entre a Consellería de Economía e Industria e o Consello Galego de Cámaras, polo que se instrumenta unha encomenda de xestión de colaboración técnica na valoración obxectiva das solicitudes de inclusión no Plan autonómico de impulso e aceleración de proxectos industriais, para a declaración como proxectos industriais estratéxicos e proxectos de interese autonómico e para a tramitación conxunta de proxectos industriais estratéxicos e proxectos de interese autonómico. |
7.1.2025 |
149.200,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade Editorial La Capital, S.L., editora dos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía. |
13.1.2025 |
10.173,91 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade Rías Baixas de Comunicación, S.A., editora do xornal Atlántico, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía. |
13.1.2025 |
4.695,65 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U., para elaborar e publicar en La Voz de Galicia e outros medios do grupo, información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía. |
14.1.2025 |
143.608,70 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade El Progreso de Lugo, S.L., editora do xornal El Progreso, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía. |
14.1.2025 |
29.739,13 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade Lérez Ediciones, S.L.U., editora do xornal Diario de Pontevedra, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía. |
14.1.2025 |
11.347,83 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade La Región, S.A., editora do xornal La Región, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía. |
14.1.2025 |
21.130,43 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade EPI Prensa, S.L., editora do xornal El Correo Gallego, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía. |
17.1.2025 |
9.782,61 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade Faro de Vigo, S.A.U., editora do xornal Faro de Vigo, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía. |
17.1.2025 |
58.695,65 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade La Opinión de La Coruña, S.L., editora do xornal La Opinión A Coruña, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas |
17.1.2025 |
7.826,09 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Clúster TIC de Galicia para a elaboración do plan director da industria das TIC. |
30.1.2025 |
60.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Clúster alimentario de Galicia para a elaboración do plan director do sector alimentario. |
10.3.2025 |
60.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria, a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Universidade da Coruña para o fomento da investigación e a realización de probas de control de calidade dos hidrocarburos en Galicia. |
31.3.2025 |
778.020,92 € (2025-2026) |
