DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2025 Páx. 31321

III. Outras disposicións

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre de 2025.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro) procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade aos convenios subscritos pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas no primeiro cuadrimestre do ano 2025, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2025

Yago Borrajo Sánchez
Secretario xeral técnico da Consellería de Vivenda
e Planificación de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas no primeiro cuadrimestre de 2025

Descripción

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Lalín para a construción do edificio polivalente de Carragoso

21.1.2025

259.478,63 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Baiona para o financiamento das obras da fase II da humanización da travesía interior de Sabarís

22.1.2025

1.273.240,91 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Ribadeo para a realización de obras en materia de urbanismo

13.2.2025

55.598,53 €

Addenda núm. 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Riós para a realización de obras en materia de urbanismo

13.2.2025

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Boimorto para a realización de obras en materia de urbanismo

13.2.2025

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Coristanco para a realización de obras en materia de urbanismo

17.2.2025

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Lousame para a realización de obras en materia de urbanismo

18.2.2025

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Monterroso para a realización de obras en materia de urbanismo

18.2.2025

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Cartelle para a realización de obras en materia de urbanismo

19.2.2025

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Sandiás para a realización de obras en materia de urbanismo

25.2.2025

225.830,64 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Folgoso do Courel para a realización de obras en materia de urbanismo

13.3.2025

210.432,57 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello da Veiga para a realización de obras en materia de urbanismo

14.3.2025

109.632,36 €

Addenda ao convenio de colaboración subscrito o 10 de xaneiro de 2022 entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (agora Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana) e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución do programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos

19.3.2025

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e a Asociación Interprofesional de Ordenación do Territorio (FUNDICOT) para a organización e realización do XII Congreso internacional de ordenación do territorio (XII CIOT)

26.3.2025

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Ferrol para o financiamento do proxecto de rehabilitación urbana da cidade

4.4.2025

9.000.000,00 €

Addenda núm. 3 e prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Mondoñedo para o financiamento da redacción da revisión do Plan especial de protección e reforma interior do centro histórico (PEPRICH)

10.4.2025

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 1 e prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Monterrei para o financiamento da redacción do Plan xeral de ordenación municipal

10.4.2025

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 3 e prórroga do Convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Negreira para o financiamento da redacción do Plan xeral de ordenación municipal

10.4.2025

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 1 e prórroga do Convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Verín para o financiamento da redacción do Plan especial de protección e reforma interior do centro histórico e barrio de San Lázaro (PEPRICH)

10.4.2025

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Oia para a realización de obras en materia de urbanismo

12.4.2025

201.574,43 €

Addenda núm. 1 do Convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Bande para o financiamento da redacción dun Plan especial de Infraestruturas e dotacións na zona termal

25.4.2025

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Rairiz de Veiga para a realización de obras en materia de urbanismo

29.4.2025

95.515,08 €