En sesión que tivo lugar o 26 de maio de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 27 de setembro de 2024 (DOG núm. 191, do 3 de outubro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de axentes técnicos en xestión ambiental do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, convocado mediante a Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro) acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o terceiro exercicio da oposición terá lugar o día 17 de xuño de 2025, ás 15.00 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid, 2-4, (As Fontiñas), en Santiago de Compostela.
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2025
Verónica Tellado Barcia
Presidenta do tribunal
