DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 9 de xuño de 2025 Páx. 31973

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se establece a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.

A Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, instrumento de protección e defensa das partes que interveñen na actividade de transporte, creouse, no marco da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, mediante a Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, do 9 de outubro de 1991 (Diario Oficial de Galicia núm. 205, do 23 de outubro).

A súa actual composición vén determinada pola Resolución desta dirección xeral, do 4 de xuño de 2019, pola que se establece a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia (DOG núm. 110, do 12 de xuño), que foi modificada polas resolucións do 9 e 22 de outubro de 2019, do 18 de maio de 2020, do 19 de febreiro de 2021 e do 26 de abril de 2022 (DOG núm. 197, do 16.10.2019; núm. 209, do 4.11.2019; núm. 112, do 10.6.2020; núm. 41, do 2.3.2021, e núm. 89, do 9.5.2022, respectivamente).

O feito de que se producisen algúns cambios nas persoas que ocupan postos na Administración, unido á multiplicidade de resolucións de designación actualmente vixentes, que restan claridade á identificación dos membros que forman parte do órgano, aconsellan que se dite unha nova resolución que, en substitución das anteriores, reproduza a composición completa do órgano arbitral.

De conformidade co exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Nomear membros titulares e suplentes da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia as persoas que a continuación se relacionan:

1. Presidente/a:

1.1. Titular:

– Pablo Alejandro Amenedo Bermúdez.

1.2. Suplentes:

– Marta María Vázquez Sanjurjo.

– Eduardo Suárez Campo.

2. Vogais:

2.1. Representantes da Administración:

2.1.1. Titulares:

– Marta María Vázquez Sanjurjo.

– Mª Teresa Somoza García.

2.1.2. Suplentes:

– Eduardo Suárez Campo.

– Marta Figueiras García.

2.2. Representante das empresas de transporte por ferrocarril:

– Vacante.

2.3. Representante das empresas de transporte de persoas viaxeiras, por proposta do Comité Galego de Transportes por Estrada:

2.3.1. Titular:

– José Carlos García Cumplido.

2.3.2. Suplente:

– Raquel García Varela.

2.4. Representante das empresas de transporte de mercadorías e das actividades auxiliares e complementarias do transporte, por proposta do Comité Galego de Transportes por Estrada:

2.4.1. Titular:

– José Carlos García Cumplido.

2.4.2. Suplente:

– Raquel García Varela.

2.5. Representante das persoas consumidoras e usuarias, por proposta do Consello Galego de Consumidores e Usuarios:

2.5.1. Titular:

– Rocío Arnoso Moure.

2.5.2. Suplente:

– Yolanda Pérez Rivera.

2.6. Representante das empresas cargadoras, por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia:

2.6.1. Titular:

– José Manuel Maceira Blanco.

2.6.2. Suplente:

– José Antonio Neira Cortés.

3. Secretario/a:

3.1. Titular:

– Eduardo Suárez Campo.

3.2. Suplentes:

– Marta Figueiras García.

– Mª Teresa Somoza García.

Segundo. A composición establecida nesta resolución será aplicable para as vistas e actos da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia que teñan lugar a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Para os anteriores entenderase aplicable a composición vixente ata entón.

Terceiro. Esta resolución substitúe a Resolución da Dirección Xeral de Mobilidade, do 4 de xuño de 2019, pola que se establece a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia (DOG núm. 110, do 12 de xuño), e a todas as súas posteriores modificacións, que quedan sen efecto, sen prexuízo do réxime transitorio indicado no punto segundo.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2025

Judit Fontela Baró
Directora xeral de Mobilidade