
O Estatuto de autonomía de Galicia no seu artigo 27, puntos 23 e 24, asígnalle á Comunidade Autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social e en promoción do desenvolvemento comunitario, respectivamente.
En virtude deste título competencial aprobouse a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, que ten por obxecto estruturar e regular, como servizo público, os servizos sociais en Galicia para a construción do sistema galego de benestar.
Posteriormente, a Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, avanzando no enfoque da inclusión social activa, deseñou un sistema que integra as prestacións económicas de activación/inserción vinculadas a proxectos de carácter social e formativo.
Este enfoque da inclusión social activa, recollido na Estratexia para a inclusión social de Galicia 2023-2030, está consolidado como unha das prioridades da Unión Europea e dos Estados membros e resulta prioritario para os fondos estruturais. Neste sentido, o Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados, establece no seu artigo 5 que o Fondo Social Europeo Plus (en diante, FSE+) prestará o seu apoio, entre outros, ao obxectivo político «unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais».
Por outra banda, o Regulamento (UE) 2021/1057 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establece o Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e polo que se derroga o Regulamento (UE) 1296/2013 establece entre os seus obxectivos xerais lograr unha protección social xusta e unha sociedade inclusiva e cohesionada que aspire a erradicar a pobreza e cumprir os principios establecidos polo piar europeo de dereitos sociais para o que establece como obxectivos específicos fomentar a inclusión activa ao obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos, así como promover a integración social das persoas en risco de pobreza ou exclusión social, incluídas as persoas máis desfavorecidas e a poboación infantil.
A Unión Europea asume como prioridade converterse nunha organización cunha economía intelixente, sustentable e inclusiva que goce de altos niveis de emprego, de produtividade e de cohesión social.
Para lograr a converxencia entre España e a Unión Europea, Galicia deberá aumentar a súa taxa de emprego, mellorando as condicións de empregabilidade propoñendo oportunidades de integración social e laboral, especialmente entre aqueles grupos que teñen unha menor participación no mercado de traballo e que presentan un maior risco de exclusión.
Un dos tres piares en que se basea a inclusión social activa é o acceso a uns servizos de calidade, o que implica, no ámbito dos servizos sociais, a complementariedade entre os diversos axentes que operan no territorio e a importancia de complementar a acción pública coa execución de accións e proxectos por parte das entidades de iniciativa social debidamente autorizadas. Neste senso, e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a Consellería de Política Social e Igualdade, como órgano superior que ten asumidas as competencias da Xunta de Galicia en materia de servizos sociais, incluíndo as políticas de inclusión social, servizos comunitarios e inmigración, en virtude do Decreto 139/2024, do 20 de maio, polo que se establece a súa estrutura orgánica, considera adecuado fomentar o cumprimento dos fins das entidades de iniciativa social que se axusten aos requisitos de autorización, calidade e complementariedade e aumentar a súa capacidade de acción para loitar contra a exclusión social.
Para este fin responde esta convocatoria, onde se establecen subvencións dirixidas a entidades privadas de iniciativa social para a prestación de servizos sociais no ámbito dos servizos sociais comunitarios e da inclusión social, incluíndo aqueles específicos en favor da poboación inmigrante, pois estas entidades, ao traballaren directa e continuadamente coas persoas e familias afectadas por factores de exclusión social, coñecen de primeira man as súas necesidades, características e posibilidades, así como os instrumentos máis eficaces para potenciar as súas capacidades e promover a súa participación social e o seu acceso ao mundo laboral.
Baixo esta perspectiva, a orde convoca e regula o procedemento de concesión de varios tipos de axudas. En primeiro lugar, aquelas dirixidas á cobertura de necesidades básicas como o aloxamento e manutención, as cales constitúen, en moitos casos, un primeiro nivel de atención que brinda ás persoas usuarias o acceso ao resto dos recursos dispoñibles. Outras tipoloxías de axudas van destinadas á promoción de actuacións dirixidas a complementar, ampliar ou innovar os servizos sociais comunitarios, tanto mediante o impulso da especificidade na atención de persoas ou ámbitos con características singulares, como mediante o complemento da acción que estes levan a cabo.
Así, na Lei 10/2013, do 27 de novembro, dáse unha énfase especial aos procesos vinculados á inclusión sociolaboral, tanto a inclusión básica como de transición ao emprego das persoas usuarias dos servizos, establecendo unha liña de axudas destinada ao desenvolvemento de accións de capacitación persoal para a mellora da empregabilidade das persoas en situación ou risco de exclusión social, así como ao traballo de acompañamento social e ao apoio preciso para facilitar a participación das persoas destinatarias nos proxectos de inclusión sociolaboral. As actividades financiadas neste caso terán como obxectivo o apoio ou reforzo ás persoas que, polo distanciamento dos seus vínculos persoais co contorno social ou a súa condición de inmigrante, precisan dun acompañamento técnico que facilite e/ou posibilite a súa inclusión social e laboral e terán por obxecto tanto a adquisición de habilidades e destrezas como a formación básica adaptada ás súas necesidades, como a preparación para a avaliación das competencias clave exixibles para o acceso normalizado á formación e cualificación profesional. Igualmente, serán obxecto de financiamento as actuacións de dinamización en territorios en exclusión severa que teñan como obxectivo o intercambio de experiencias, vivencias, aprendizaxes e problemáticas comúns e as súas posibles solucións.
Con base en todo o exposto, a Consellería de Política Social e Igualdade, en virtude das súas competencias en materia de inclusión social, considera de especial interese a posta en marcha de medidas dirixidas a compensar as dificultades que presentan determinados colectivos impulsando o desenvolvemento de actuacións das entidades de iniciativa social como as que serán obxecto da concesión de subvencións a través desta orde.
Esta orde pretende impulsar actuacións baseadas principalmente na atención a persoas que atravesan por procesos de enfraquecemento dos seus vínculos persoais e/ou sociais e que precisan dun acompañamento técnico que facilite e/ou posibilite a súa inserción social e laboral. Dentro deste contexto, as persoas perceptoras de rendas mínimas, persoas pertencentes a colectivos con dificultades de integración social e as persoas inmigrantes, entre outros, considéranse grupos vulnerables e, polo tanto, susceptibles de ser destinatarias de accións que os acompañen no seu proceso de cambio que serán obxecto de concesión de subvención. Estas tipoloxías de actuacións serán cofinanciadas pola Unión Europea, nunha porcentaxe do 60 %, a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 e, en particular no obxectivo político 4: «Unha Europa máis social e inclusiva mediante a aplicación do piar europeo de dereitos sociais»; prioridade 2: «Inclusión social e loita contra a pobreza»; obxectivos específicos ESO4.8: «Fomentar a inclusión activa ao obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os colectivos desfavorecidos» e ESO4.9: «Promover a integración socioeconómica dos nacionais de terceiros países, incluídos os inmigrantes» e medidas 2.H.04: «Mellora da inclusión sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social a través de itinerarios integrados e personalizados de inserción que abarcan medidas de distintos ámbitos» e 2.I.01: «Itinerarios ou programas de inserción sociolaboral que combinen varias medidas dirixidas a migrantes», respectivamente.
Por outra banda é preciso continuar as actuacións específicas xa iniciadas e financiadas a través de anteriores convocatorias para reverter a situación das persoas sen fogar en Galicia. Son actuacións de carácter integral que atenden as múltiples necesidades destas persoas, desenvolvendo itinerarios de inclusión específicos, reforzando o acompañamento e realizando accións de promoción do acceso e mantemento da vivenda. É por iso que esta convocatoria prioriza as actuacións que teñen como destinatarias ás persoas sen fogar ou en situación de exclusión severa, establecendo para iso unha reserva de crédito específica para estas actuacións.
Esta orde de convocatoria axústase ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, á Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, atendendo, en todo caso, aos principios básicos de publicidade, obxectividade e concorrencia.
No caso das actuacións cofinanciadas polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, tamén será de aplicación o Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, de 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e Política de Visados; o Regulamento (UE) 2021/1057 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establece o Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1296/2013 e a Orde TES/106/2024, do 8 de febreiro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo Plus durante o período de programación 2021-2027.
Ademais, para o caso das actuacións cofinanciadas polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, nesta convocatoria incorpórase o establecemento de métodos de custos simplificados conforme o disposto no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello do 24 de xuño de 2021.
Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e polo Decreto 139/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Igualdade,
RESOLVO:
Artigo 1. Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto a convocatoria do réxime de concesión de axudas ás entidades privadas de iniciativa social para a promoción das actuacións de servizos sociais comunitarios e de inclusión social nos anos 2025 a 2027 que, de conformidade coa Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, leven a cabo a través da atención ás persoas nos centros de inclusión e emerxencia social e a través do desenvolvemento das actuacións e/ou servizos na área de actuación dos servizos sociais comunitarios, de inclusión e, especificamente, da inclusión social e laboral da poboación inmigrante.
O código deste procedemento administrativo é BS631A.
2. Quedan fóra do obxecto das subvencións convocadas e reguladas nesta orde as actividades e proxectos que teñan principalmente os seguintes contidos:
a) Promoción da saúde pública, asesoramento sobre enfermidades crónicas, divulgación das características e efectos dunha determinada enfermidade ou outras problemáticas de índole sanitaria, salvo as dirixidas á prevención das discapacidades, especialmente enfermidade celíaca e fenilcetonuria. Estas actividades e proxectos dirixidas á prevención das discapacidades deberán, en todo caso, establecer criterios de progresividade social na atención ás persoas e familias.
b) Realización de actividades lúdicas, culturais, de lecer ou recreo.
Artigo 2. Financiamento
1. Ás subvencións obxecto desta convocatoria destínase un orzamento total de vinte millóns oitocentos noventa e tres mil cincocentos vintecinco euros (20.893.525,00€) distribuído en tres anualidades, e que se imputarán ás aplicacións orzamentarias que se indican:
|
Aplicación |
2025 |
2026 |
2027 |
Total |
|
08.03.312A.481.3 |
2.415.000,00 € |
4.140.000,00 € |
1.725.000,00 € |
8.280.000,00 € |
|
08.03.313C.481.6 |
3.105.191,67 € |
5.300.000,00 € |
2.208.333,33 € |
10.613.525,00 € |
|
08.03.312C.481.0 |
583.333,33 € |
1.000.000,00 € |
416.666,67 € |
2.000.000,00 € |
|
Total |
6.103.525,00 € |
10.440.000,00 € |
4.350.000,00 € |
20.893.525,00 € |
As partidas 08.03.313C.481.6 e 08.03.312C.481.0 destinaranse ás actuacións establecidas no artigo 4.1.b) 2º e 3º e serán cofinanciadas pola Unión Europea, nunha porcentaxe do 60 %, a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 e, en particular dentro do Obxectivo político 4: «Unha Europa máis social e inclusiva mediante a aplicación do piar europeo de dereitos sociais»; prioridade 2: «Inclusión social e loita contra a pobreza»; obxectivos específicos ESO4.8: «Fomentar a inclusión activa ao obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os colectivos desfavorecidos» e ESO4.9: «Promover a integración socioeconómica dos nacionais de terceiros países, incluídos os inmigrantes» e medidas 2.H.04: «Mellora da inclusión sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social a través de itinerarios integrados e personalizados de inserción que abarcan medidas de distintos ámbitos» e 2.I.01: «Itinerarios ou programas de inserción sociolaboral que combinen varias medidas dirixidos a migrantes», respectivamente.
A partida 08.03.312A.481.3 destinarase ao financiamento das actuacións establecidas no artigo 4.1.a), funcionamento de centros de inclusión e emerxencia social e no artigo 4.1.b).1º. actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun proxecto de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos, financiada con fondos propios da Xunta de Galicia.
2. De acordo co previsto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, excepcionalmente poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo; así como dunha transferencia de crédito, neste último caso só para as actuacións do artigo 4.1.a), que se conceden en réxime de concorrencia non competitiva. O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda co informe previo favorable da modificación orzamentaria por parte do organismo intermedio do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, actualmente a Dirección Xeral de Cohesión e Fondos Europeos. A ampliación do crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria sen que implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.
Artigo 3. Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde as entidades privadas de iniciativa social a que se refire o artigo 30 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, sempre e cando reúnan os seguintes requisitos:
a) Estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, regulado polo Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
b) Carecer de ánimo de lucro. Para estes efectos acreditarase que non reparten beneficios, que no caso de liquidación ou disolución desta, o seu patrimonio se destina a fins sociais e que os membros do seu padroado e/ou órgano de goberno desenvolven o seu cometido con carácter gratuíto, de conformidade co disposto nos seus estatutos e co disposto nos números 2, 5, 6 e 10 do artigo 3 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.
c) Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.
e) Dedicarse, con carácter preferente en concordancia cos seus estatutos, á realización de actuacións recollidas no artigo 1.
2. Todos os requisitos sinalados deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución das actuacións subvencionadas.
3. Dentro dos límites da lexislación autonómica, tamén poderán ser beneficiarias destas subvencións as agrupacións de persoas xurídicas privadas sen personalidade xurídica, sempre que poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
A agrupación deberá facer constar expresamente na solicitude os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Cada unha das entidades membro da agrupación deberá estar inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais de Galicia, e cumprir os requisitos e obrigas para ser beneficiarias da subvención.
4. No suposto de subvencións para o funcionamento de centros de inclusión e emerxencia social, ademais do disposto nos números anteriores, a entidade deberá contar coa autorización para o inicio de actividades prevista no Decreto 254/2011, do 23 de decembro.
No momento da solicitude será suficiente con presentar unha copia da solicitude do permiso de inicio de actividades en que conste a data no rexistro de entrada. O órgano instrutor verificará que as entidades solicitantes teñen concedido o mencionado permiso con data anterior ao da notificación da resolución da subvención que corresponda.
Artigo 4. Actuacións subvencionables
1. Serán subvencionables dous tipos de servizos e prestacións:
a) Funcionamento de centros de inclusión e emerxencia social. Inclúese neste tipo o funcionamento daqueles centros que complementen os ámbitos de intervención social do Sistema Galego de Servizos Sociais neste nivel de atención, os cales se especifican no artigo 3 da Orde do 25 de xaneiro de 2008 pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social, e que corresponden ás seguintes tipoloxías:
1º. Albergues.
2º. Centros de acollida.
3º. Comedores sociais.
4º. Centros de atención social continuada.
5º. Centros de día e inclusión social.
b) Actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun programa de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos ou prestacións vinculadas ao desenvolvemento de determinados servizos sociais de inclusión de atención integrada nos termos establecidos no Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de inclusión, incluída aquela dirixida de xeito exclusivo á poboación inmigrante. Estas actuacións comprenderán:
1º. Actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun proxecto de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos. Inclúese os seguintes servizos coa seguinte desagregación por prestacións:
1º.1. Servizos de atención ás necesidades básicas que comprenden:
1º.1.1. Servizo da cobertura de necesidade de alimento.
1º.1.2. Servizo de provisión de recursos básicos como hixiene, roupeiro, lavandaría, apoio material, entre outros.
1º.1.3. Servizo de atención de rúa e/ou servizo de atención urxente.
1º.2. Servizos de prevención e primeira atención, que comprenderá as prestacións de valoración, orientación e información dirixidos a identificar situacións de risco e factores de vulnerabilidade, así como a informar sobre os recursos e prestacións do Sistema Galego de Servizos Sociais.
2º. Actuacións comprendidas dentro dos servizos de apoio á inclusión sociolaboral, servizo de formación adaptada e servizo de intervención comunitaria en territorios en exclusión que comprenden:
2º.1. Prestacións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral. Dentro deste servizo financiaranse:
2º.1.1. Da sección de inclusión básica. Comprende as prestacións de diagnose; deseño; seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou sociolaboral; acompañamento social; accións para a adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais incluídas as dirixidas á mellora da administración da economía familiar; o reforzo socioeducativo para menores; o apoio socioeducativo para a adhesión a tratamentos de prescrición facultativa.
Esta prestación será realizada por persoal técnico cunha titulación universitaria, ou titulación superior de formación profesional complementada cunha dilatada experiencia profesional e/ou formación especializada ou, na súa falta, con coñecementos adquiridos no desempeño da súa profesión, complementados con formación específica no posto de traballo que sexa equivalente á titulación referida.
En todo caso, respectaranse as exixencias de titulación específica para o desempeño da súa profesión, en todos os postos que así estea establecido pola normativa legal, e o seu encadramento profesional será o grupo profesional I do Convenio colectivo estatal de acción e intervención social 2022-2024 ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.
2º.1.2. Da sección de inclusión e transición ao emprego. Comprenderá as prestacións de diagnose; deseño; seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou sociolaboral; acompañamento social; accións para a adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais, incluídas as dirixidas á mellora da administración da economía familiar; as accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral; a mediación laboral; a prospección e intermediación laboral activa; o reforzo socioeducativo para menores; apoio socioeducativo para a adhesión a tratamentos de prescrición facultativa.
Esta prestación será realizada por persoal técnico cunha titulación universitaria, ou titulación superior de formación profesional complementada cunha dilatada experiencia profesional e/ou formación especializada ou, na súa falta, con coñecementos adquiridos no desempeño da súa profesión, complementados con formación específica no posto de traballo que sexa equivalente á titulación referida.
En todo caso, respectaranse as exixencias de titulación específica para o desempeño da súa profesión, en todos os postos que así estea establecido pola normativa legal, e o seu encadramento profesional será o grupo profesional I do Convenio colectivo estatal de acción e intervención social 2022-2024 ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.
2º.1.3. Prestación de apoio á conciliación prestada como complementaria e de apoio a outra prestación subvencionada nesta convocatoria, debendo ser prestada pola mesma entidade que realice a actividade complementada.
Esta prestación estará realizada por persoal técnico con titulación académica e/ou de formación profesional de grao medio, ou equivalente, completados con experiencia ou titulación profesional necesaria para o desenvolvemento da súa función.
En todo caso, respectaranse as exixencias de titulación específica para o desempeño da súa profesión, en todos os postos que así estea establecido pola normativa legal, e o seu encadramento profesional será, como mínimo o grupo profesional III do Convenio colectivo estatal de acción e intervención social 2022-2024 ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.
2º.1.4. Prestacións do servizo de apoio á inclusión residencial. Este servizo inclúe accións de apoio ás persoas en procesos de inclusión sociolaboral que, debido aos seus baixos ingresos e/ou outros factores de discriminación, teñen dificultades de acceso ou mantemento da estabilidade residencial. Subvenciónanse as prestacións obrigatorias da sección de promoción do acceso e mantemento da vivenda: intermediación inmobiliaria, prevención da discriminación no mercado da vivenda e acompañamento nos procesos de transición a recursos residenciais estables e a prestación opcional de mediación e resolución de conflitos relacionados coa vivenda.
Esta prestación será realizada por persoal técnico cunha titulación universitaria, ou titulación superior de formación profesional complementada cunha dilatada experiencia profesional e/ou formación especializada ou, na súa falta, con coñecementos adquiridos no desempeño da súa profesión, complementados con formación específica no posto de traballo que sexa equivalente á titulación referida.
En todo caso, respectaranse as exixencias de titulación específica para o desempeño da súa profesión, en todos os postos que así estea establecido pola normativa legal, e o seu encadramento profesional será o grupo profesional I do Convenio colectivo estatal de acción e intervención social 2022-2024 ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.
2º.2. Prestacións do servizo de formación adaptada. Excepcionalmente, poderase subvencionar fóra do servizo de apoio á inclusión sociolaboral as accións de formación adaptada cando desenvolvan contidos relacionados coas medidas comprendidas nos eixos estratéxicos da Estratexia de inclusión social de Galicia, entre as que se inclúe a formación en alfabetizacións e adquisición de coñecementos básicos dixitais e a formación vinculada coa redución da vulnerabilidade das persoas en risco ou situación de exclusión social con baixa cualificación, nelas inclúese a formación en competencias clave, preparación para as probas de adquisición do título de educación secundaria obrigatoria (ESO) e educación secundaria para adultos (ESA).
Esta prestación será realizada por persoal técnico cunha titulación universitaria, ou titulación superior de formación profesional complementada cunha dilatada experiencia profesional e/ou formación especializada ou, na súa falta, con coñecementos adquiridos no desempeño da súa profesión, complementados con formación específica no posto de traballo que sexa equivalente á titulación referida.
En todo caso, respectaranse as exixencias de titulación específica para o desempeño da súa profesión, en todos os postos que así estea establecido pola normativa legal, e o seu encadramento profesional será o grupo profesional I do Convenio colectivo estatal de acción e intervención social 2022-2024 ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.
2º.3. Prestacións do servizo de intervención comunitaria en territorios de exclusión. Comprenderá as prestacións de dinamización social comunitaria. Tratarase de actuacións en territorios en exclusión severa, que aproveiten espazos de dinamización comunitaria ou de interrelación xeracional ou interterritorial e teñan por finalidade tanto compartir experiencias, vivencias e aprendizaxes, como debater problemáticas comúns relativas á análise das potencialidades tanto económicas como sociais do territorio e as súas posibles solucións, sempre que exixan a presenza e dedicación de persoal dinamizador ou experto. Para os efectos desta orde, entenderase que un territorio sofre exclusión severa cando a súa dispersión, recente perda de poboación e/ou dificultades de comunicación por estrada impidan ou dificulten de xeito importante o desenvolvemento destes espazos de comunicación.
Esta prestación será realizada por persoal técnico cunha titulación universitaria, ou titulación superior de formación profesional complementada cunha dilatada experiencia profesional e/ou formación especializada ou, na súa falta, con coñecementos adquiridos no desempeño da súa profesión, complementados con formación específica no posto de traballo que sexa equivalente á titulación referida.
En todo caso, respectaranse as exixencias de titulación específica para o desempeño da súa profesión, en todos os postos que así estea establecido pola normativa legal, e o seu encadramento profesional será o grupo profesional I do Convenio colectivo estatal de acción e intervención social 2022-2024 ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.
Serán persoas beneficiarias das actuacións que se subvencionen no número 1.b).2º as perceptoras da renda de inclusión social de Galicia ou membros da súa unidade de convivencia, as persoas en situación ou risco de exclusión derivadas da rede de equipos de inclusión sociolaboral e, en xeral, as persoas que se atopan en situación ou risco de exclusión social de acordo coa definición establecida nos artigos 3.1 e 3.3. da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia. A situación de exclusión social acredítase mediante declaración responsable da entidade de que a persoa beneficiaria está nesa situación.
Na ficha de descrición da actuación (anexo IV) deberán quedar reflectidos os criterios de selección das persoas destinatarias e o seu perfil.
3º. Atención dirixida a fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo da poboación inmigrante. Inclúense as seguintes prestacións:
3º.1. As actuacións que se sinalan no número 1.b).2º, adaptadas ás necesidades específicas destas persoas.
3º.2. Prestacións do servizo de promoción da participación social, como accións formativas de alfabetización e competencia oral nas linguas oficiais de Galicia e accións formativas dirixidas ao coñecemento dos valores e características da sociedade de acollida.
Esta prestación será realizada por persoal técnico cunha titulación universitaria, ou titulación superior de formación profesional complementada cunha dilatada experiencia profesional e/ou formación especializada ou, na súa falta, con coñecementos adquiridos no desempeño da súa profesión, complementados con formación específica no posto de traballo que sexa equivalente á titulación referida.
En todo caso, respectaranse as exixencias de titulación específica para o desempeño da súa profesión, en todos os postos que así estea establecido pola normativa legal, e o seu encadramento profesional será o grupo profesional I do Convenio colectivo estatal de acción e intervención social 2022-2024 ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.
3º.3. Prestacións do servizo de asesoramento técnico especializado en materias propias de estranxeiría, que consistirá na información, asesoramento e apoio nos trámites precisos para as autorizacións e renovacións de residencia, homologacións de títulos, reagrupamentos familiares, nacionalidade e demais cuestións relacionadas coa nacionalidade.
Esta prestación será levada a cabo por persoal técnico con titulación universitaria en Dereito, e o seu encadramento profesional será o grupo profesional I do Convenio colectivo estatal de acción e intervención social 2022-2024 ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.
3º.4. Prestacións de mediación social e/ou intercultural, dirixida a integración das persoas inmigrantes. Esta prestación deberá levarse a cabo por persoal especializado en distintos ámbitos, como sanidade, educación, vivenda, ou outros, a través de accións de acompañamento presencial ou de sensibilización directa na contorna social próxima das persoas coas que realizan as accións de mediación, que teñan por finalidade o respecto e o fomento de actitudes de tolerancia coa diversidade cultural. As accións de sensibilización non poderán representar máis dun 7 % do importe da axuda concedida para esta actuación.
Esta prestación será realizada por persoal técnico con formación profesional superior ou de grao medio, ou formación académica equivalente, complementada con coñecementos adquiridos por demostrada experiencia no seu posto de traballo e complementado coa formación específica necesaria para desenvolver a función do posto de traballo.
En todo caso, respectaranse as exixencias de titulación específica para o desempeño da súa profesión, en todos os postos que así estea establecido pola normativa legal, e o seu encadramento profesional será o grupo profesional II do convenio colectivo estatal de acción e intervención social 2022-2024 ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.
Serán persoas beneficiarias das prestacións ou actuacións subvencionadas no número 1.b) 3º as persoas inmigrantes que acrediten documentalmente tal condición ou a súa orixe estranxeira e se atopen en risco de exclusión social de acordo co establecido nos artigos 3.1 e 3.3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, ou nunha situación de vulnerabilidade derivada da súa condición de inmigrante. Esta situación acreditarase mediante declaración responsable da entidade, xunto coa fotocopia do documento acreditativo da identidade de persoa estranxeira.
Tamén poderán participar destas actuacións aquelas persoas solicitantes ou beneficiarias de protección internacional que puideran chegar á Comunidade Autónoma galega.
Na ficha de descrición da actuación do anexo IV deberán quedar reflectidos os criterios de selección das persoas participantes e o seu perfil.
2. Poderán solicitarse un máximo de catro actuacións en cada unha das tipoloxías do número 4.1.b)1º, 4.1.b)2º e 4.1.b)3º, indicando a súa orde de prioridade, agás as que conteñan un contido formativo dos ordinais 2º.2, e 3º.2. Estas últimas non poderán superar as cen actuacións en total, cada unha das cales deberá ter unha duración mínima de 15 horas.
A limitación no número máximo de actuacións non será de aplicación á tipoloxía do número 1.a).
3. Todas as actuacións comprendidas nos números 1.b)2º e 1.b)3º serán deseñadas, desenvoltas e avaliadas incorporando a perspectiva de xénero, o cal significa que se estudará en que medida a variable xénero inflúe nos procesos de exclusión e se terán en conta as diferentes circunstancias, expectativas e necesidades que teñen os homes e as mulleres a que se dirixen polo mero feito de seren home ou muller.
Artigo 5. Gastos subvencionables
1. Para os efectos desta orde, consideraranse como gastos subvencionables das actuacións singularizadas establecidas no artigo 4, números 1.a) e 1.b), os seguintes:
a) Gastos directos: terán esta consideración os que a continuación se relacionan sempre que estean directamente relacionados coa actuación subvencionada e que, polo tanto, se refiran inequivocamente a ela:
1º. Gastos de persoal propio da entidade: serán subvencionables as retribucións totais correspondentes ao persoal asignado á execución das actuacións, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social e a parte proporcional da paga extraordinaria que lle corresponda.
2º. Gastos de persoas traballadoras por conta propia para a realización de actuacións subvencionadas.
3º. Axudas de custo e gastos de viaxe, que se rexerán na súa contía pola normativa establecida nos convenios colectivos aplicables.
4º. Gastos por seguros de accidentes do alumnado e participantes que cubran os riscos derivados da actuación subvencionada.
5º. Indemnizacións aboadas en beneficio dos participantes nas operacións do FSE + (bolsas por asistencia á acción formativa).
6º. Gastos de intermediación con empresas para a realización de prácticas non laborais.
7º. Gastos de material formativo.
8º. Alugamento de maquinaria específica.
b) Gastos de carácter indirecto: terán a dita consideración os que a seguir se relacionan sempre que non se correspondan en exclusiva á actuación subvencionada por ter carácter estrutural, pero resulten necesarios para a súa realización:
1º. Gastos de persoal auxiliar.
2º. Gastos en material funxible.
3º. Gastos de alugamento e mantemento das instalacións que comprende os gastos de luz, auga, calefacción, teléfono, limpeza e seguridade.
4º. Outros gastos correntes relacionados coa actuación subvencionada.
2. En todo caso, as actuacións do artigo 4.1.b)2º e 3º deberán cumprir as normas establecidas no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados, no Regulamento (UE) 2021/1057 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establece o Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e polo que se derroga o Regulamento (UE) 1296/2013, e na Orde TES/106/2024, do 8 de febreiro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo Plus durante o período de programación 2021-2027.
3. O período de referencia para a imputación dos gastos relativos a todas as axudas reguladas nesta orde será do 1 de maio de 2025 ao 30 de abril de 2027.
4. As dúbidas ou controversias en relación coa subvencionabilidade dos gastos serán resoltas pola Consellería de Política Social e Igualdade por propia iniciativa ou a petición de calquera das entidades solicitantes.
5. Con respecto ás subvencións establecidas no artigo 4.1.a) e 4.1.b) non está permitida a subcontratación dos gastos subvencionables. Non obstante o anterior, non se considerarán como gastos subcontratados aqueles en que teña que incorrer a entidade beneficiaria para a realización por si mesma da actuación subvencionada, tales como a contratación de persoal monitor, alugamento de instalacións para a realización das actuacións e/ou gastos de subministracións relacionados con elas, sempre que non sexan provistos pola mesma persoa física ou xurídica.
De acordo co artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, para os servizos e prestacións do artigo 4.1.a) e b)1º cando o importe de cada un destes gastos supere os limiares establecidos para os contratos menores para o caso de subministracións e servizos (15.000 € sen IVE para o ano 2024), a entidade beneficiaria deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes empresas provedoras, con carácter previo á contracción do compromiso para prestación do servizo, agás no caso de que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número delas ou que os gastos se realizasen con anterioridade á solicitude da subvención, aspecto que terán que acreditar.
Artigo 6. Compatibilidade das axudas
1. A percepción de axudas para actuacións recollidas no artigo 4.1.a) e 4.1.b).1º é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado. As subvencións para actuacións recollidas no artigo 4.1.b).2º e 4.1.b).3º son incompatibles coa percepción de calquera outra axuda pública, de calquera procedencia, para a mesma finalidade.
2. No caso de entidades solicitantes de subvención para accións recollidas no artigo 4.1.a) e 4.1.b).1º que sexan perceptoras doutras axudas para a mesma finalidade concedidas por outra entidade, deberán acreditar documentalmente a súa natureza e contía, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución das actuacións. A comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
3. As subvencións para o funcionamento de centros recollidas no artigo 4.1.a) non son compatibles coa reserva de prazas efectuada entre a entidade solicitante e a Xunta de Galicia mediante calquera das modalidades de contratación administrativa, concerto social, nin coa existencia dun convenio de colaboración especificamente asinado para o mantemento de centros e subvención de actividades.
Artigo 7. Presentación de solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. O prazo de presentación das solicitudes será de un mes contado a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día.
3. Para as solicitudes 4.1.b) 2º e 3º, conforme o disposto na Orde TES/106/2024 pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE+ para o período de programación 2021-2027, no caso de persoal propio da entidade, será preciso acreditar, mediante unha declaración responsable, que as persoas traballadoras que prestan servizo nesta operación non teñen bonificada a cota correspondente á Seguridade Social. No caso de ter bonificada a cota correspondente á Seguridade Social, para o cálculo do importe elixible descontarase do custo unitario por hora a parte proporcional correspondente ás bonificacións ou reducións que puidesen estar asociadas ao pagamento das cotizacións sociais.
Artigo 8. Documentación complementaria
1. As entidades privadas de iniciativa social interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación xeral:
a) Documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade para o caso de que esta se atribúa a persoa distinta á designada no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.
b) Memoria da entidade segundo o modelo do anexo II, que conteña os datos básicos de identificación e, como mínimo, as epígrafes sinaladas neste anexo.
c) No caso das agrupacións sen personalidade xurídica, deberá xuntar un documento onde consten os compromisos de execución asumidos por cada un de seus membros e o importe da subvención que se aplicará a cada un deles.
2. Para a solicitude de subvención de funcionamento de centros de inclusión e emerxencia social establecidas no artigo 4.1.a), achegarase o anexo III, que conterá os seguintes aspectos:
1º. Tipo de centro para o que se solicita a subvención.
2º. Identificación do centro e da persoa responsable. No caso de non contar coa autorización para o inicio de actividades prevista no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, deberán achegar a copia da solicitude do permiso de inicio de actividades.
3º. Horario de atención ás persoas usuarias e número de días de apertura coa desagregación reflectida no anexo III.
4º. Perfil das persoas usuarias e réxime económico aplicado.
5º. Número de prazas autorizadas. Número previsto de persoas usuarias/día.
6º. Outras unidades e recursos: módulo de unidades familiares, de media estadía, recursos extra e existencia doutros recursos similares na zona de influencia.
7º. Recursos humanos dispoñibles.
8º. Descrición das características técnicas do centro.
9º. Declaración dos gastos previstos, que deberá presentarse de xeito separado para as actuacións previstas do 1.5.2025 ata o 30.11.2025, do 1.12.2025 ata o 30.11.2026, e do 1.12.2026 ata o 30.4.2027.
A información mínima requirida no anexo III poderá ser ampliada, á discreción da entidade solicitante, nunha memoria complementaria.
3. Para a solicitude de subvencións establecidas no artigo 4.1.b) para a promoción de actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun programa innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos, ou prestacións vinculadas ao desenvolvemento de determinados servizos sociais de inclusión de atención integrada, ademais dos servizos de promoción da participación social e de asesoramento técnico especializado dirixidos, no marco desta orde, de xeito exclusivo á poboación inmigrante, achegarase un anexo IV por cada actuación solicitada que conterá os seguintes aspectos:
a) Datos da entidade solicitante.
b) Denominación da actuación.
c) Tipo de actuación.
d) Xustificación da necesidade social e localización territorial da actuación.
e) Obxectivos e descrición xeral da actuación, que deberá estar adaptada ás persoas destinatarias, a cal deberá incorporar a perspectiva de xénero nos termos definidos no artigo 4.
f) Descrición dos recursos humanos e materiais que se van utilizar para garantir o axeitado desenvolvemento da actuación, especificando a titulación.
g) Cronograma da/das actuación/s: a/as descrición/s conterá/n o período temporal de desenvolvemento da actuación, con indicación do seu número total de horas e/ou, no caso de que sexa necesario pola súa natureza, días, semanas ou meses de execución efectiva, así como o número previsto de persoas usuarias, coa desagregación reflectida no anexo. Esta descrición deberase presentar desagregada, recollendo de xeito separado as actuacións previstas en cada anualidade subvencionable, segundo o establecido no anexo IV.
A información para a valoración da solicitude para as actuacións do artigo 4.1.b).1º será o previsto desde o 1.5.2025 ata o 30.11.2025, do 1.12.2025 ata o 30.4.2026, do 1.5.2026 ata o 30.11.2026 e do 1.12.2026 ata o 30.4.2027. Nas actuacións de tipo formativo distinguirase o número de horas e as unidades didácticas ou módulos en que se divida, con expresión da duración de cada un deles.
h) Perfil e criterios de selección das persoas destinatarias da actuación e para cada unha das súas fases. Indicarase, de ser o caso, a/as problemática/s específica/s das persoas usuarias. No caso de solicitudes tipo 4.1.b)2º e 4.1.b)3º, este punto deberá axustarse ao establecido nos artigos 3.1 e 3.3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro.
i) Metodoloxía que se vai empregar no desenvolvemento da actuación, a cal deberá incorporar a perspectiva de xénero describindo os axustes que se introducirán en función dos roles diferentes que asumen homes e mulleres na sociedade e que poden condicionar o acceso e a calidade da súa participación.
j) Avaliación cualitativa prevista.
k) Para as actuacións do artigo 4.1.b).1º, unha declaración de gastos previstos, que deberá presentarse de xeito separado para as actuacións previstas desde o 1.5.2025 ata o 30.11.2025, do 1.12.2025 ata o 30.4.2026, do 1.5.2026 ata o 30.11.2026 e do 1.12.2026 ata o 30.4.2027.
l) Se é o caso, declaración responsable prevista no artigo 4.1.b).2º e 3º de que a persoa beneficiaria se atopa en situación de exclusión social, ou ben nunha situación de vulnerabilidade derivada da súa condición de inmigrante.
A información mínima requirida no anexo IV poderá ser ampliada, á discreción da entidade solicitante, nunha memoria complementaria.
m) Información complementaria para a valoración da actuación.
4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados parao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
7. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Artigo 9. Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Número de identificación fiscal da entidade solicitante.
b) Documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro da persoa representante.
c) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Documento acreditativo do grupo de cotización das persoas traballadoras da entidade solicitante da subvención asignados á execución das actuacións subvencionados.
g) Documento acreditativo da situación de alta na Seguridade Social das persoas traballadoras da entidade solicitante da subvención asignados ás actuacións subvencionadas durante o período de execución da actuación.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no modelo de anexo I de solicitude e/ou no anexo IX de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, segundo o caso, e achegar os documentos correspondentes.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude, deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Artigo 11. Instrución dos procedementos
1. A instrución dos procedementos corresponde á subdirección xeral competente en materia de programas de inclusión. O órgano instrutor realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución.
2. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos, conforme o establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, o órgano instrutor requirirá as entidades interesadas para que, nun prazo improrrogable de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixesen, teranse por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.
Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aquelas actuacións que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración, regulada no artigo 13.
As solicitudes ou actuacións que non cumpran as ezixencias contidas nesta orde ou na normativa de aplicación ou que non conteñan a documentación necesaria quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución desestimatoria ou de non admisión, que deberá ser motivada. A resolución será notificada nos termos establecidos no artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
3. No exercicio das súas funcións, o órgano instrutor poderá solicitar informe ao órgano administrativo con competencias en materia de autorización e inspección de servizos sociais acerca do grao de cumprimento da normativa en materia de inscrición de entidades e autorización dos centros e/ou programas de servizos sociais e tamén informes dos servizos técnicos pertinentes, tanto a nivel central como territorial, os cales non terán carácter preceptivo nin vinculante. Así mesmo, poderá requirir das entidades solicitantes das subvencións información ou documentación adicional que, non estando en poder da Administración, teña fundamental relevancia e unha relación directa para unha mellor avaliación das solicitudes.
Artigo 12. Procedementos de concesión e criterios de valoración
1. Para as actuacións do artigo 4.1.a), dada a súa natureza e finalidade, a concesión das subvencións será baixo o réxime de concorrencia non competitiva, ao abeiro do artigo 19.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, polo que o órgano competente procederá ao rateo, entre as entidades beneficiarias da subvención, da cantidade de 8.280.000,00 €, coa seguinte distribución: 2.415.000,00 € en 2025; 4.140.000,00 € en 2026 e 1.725.000,00 € en 2027.
O crédito sobrante distribuirase para as actuación da tipoloxía do artigo 4.1.b)1º.
2. O procedemento de concesión das subvencións para actuacións singularizadas do artigo 4.1.b) que constitúan a totalidade ou parte dun programa de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos e para a atención dirixida a fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social, incluíndo aquelas dirixidas de xeito exclusivo á poboación inmigrante, atenderá a un réxime de concorrencia competitiva.
De non esgotarse todo o crédito destinado a unha tipoloxía de actuación poderá ser utilizado no resto das tipoloxías previstas neste número sempre que se respecten os principios de elixibilidade que establezan os fondos financiadores das ditas axudas.
3. Para as actuacións da tipoloxía do artigo 4.1.b) 1º, asignarase un mínimo de 314.500 €, coa seguinte distribución: 92.000 € en 2025, 157.000 € en 2026 e 65.500 € en 2027. En todo caso na tipoloxía 4.1.b).1º atenderase en primeiro lugar ás solicitudes para cubrir as necesidades básicas e, unha vez atendidas estas, continuarase coas solicitudes para as actividades informativas.
O crédito sobrante distribuirase para as actuación da tipoloxía do artigo 4.1.a). No caso de sobrante de crédito nestas tipoloxías asignarase ás actuación da tipoloxía do artigo 4.1.b)2º e b)3º.
Para as actuacións da tipoloxía do artigo 4.1.b).2º e 4.1.b).3º, asignarase unha cantidade de 12.613.525,00 €, dos cales 3.688.525,00 € corresponden a 2025; 6.300.000,00 € a 2026 e 2.625.000,00 € a 2027. Esta contía distribuirase entre elas de xeito proporcional ao número de horas das actuacións solicitadas e admitidas de cada tipoloxía susceptibles de ser baremadas, reservando un mínimo de 437.500 € en 2025; 750.000 € en 2026 e 312.500 € en 2027 para aquelas actuacións comprendidas dentro dos servizos de apoio á inclusión sociolaboral que teñan por destinatarias a persoas sen fogar ou en exclusión severa, nomeadamente para o desenvolvemento das medidas recollidas no eixe 2 (combater as situacións de pobreza e/ou exclusión social), obxectivo específico 4 (asegurar a protección e o exercicio de dereitos sociais e o acceso a servizos públicos de calidade), ámbito A (fomentar a inclusión residencial) da Estratexia de inclusión social de Galicia 2023-2030.
4. No caso de existiren solicitudes susceptibles de axuda pero que se desestiman por terse esgotado o crédito dispoñible, quedarán en reserva para seren atendidas, ben co crédito que quedase libre por producirse algunha renuncia ou por modificación nos proxectos inicialmente subvencionados, ou ben por incremento do crédito orzamentario destinado a esta subvención, de acordo co establecido no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como nos artigos 30.2. e 33.7 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas, as cales respectarán a orde de prelación previamente realizada.
5. Os criterios de valoración das actuacións previstas no artigo 4.1.b).1º, 2º e 3º serán os seguintes cun máximo de 100 puntos por proxecto, distribuídos do seguinte xeito:
a) Criterios comúns para as actuacións do artigo 4.1, serán os seguintes:
1º. Definición de obxectivos. Puntuarase ata 7 puntos. A puntuación asignarase conforme os seguintes criterios: o proxecto non establece obxectivos, 0 puntos; o proxecto establece obxectivos xenéricos, sen definir accións específicas para levalas a cabo, sen cronograma de realización, ata 2 puntos; o proxecto establece obxectivos con asignación de accións específicas para súa execución, pero desvinculados dun cronograma preciso de execución, sen asignación de medios para realizalo ou medios imprecisos, nin sistemas de seguimento e avaliación das accións, ata 5 puntos; o proxecto establece obxectivos con asignación de accións específicas para súa execución, están vinculados a un cronograma preciso de execución, con asignación de medios precisos para realizalo e previsión de sistemas de seguimento e avaliación das accións, ata 7 puntos. Para a puntuación, terase en conta a información contida no anexo de valoración.
2º. Derivación de servizos sociais comunitarios. Puntuarase ata 20 puntos. A puntuación asignarase conforme a seguinte escala: máis do 25 % das persoas atendidas na actuación son derivadas dos servizos sociais comunitarios, 7 puntos; máis do 50 % das persoas atendidas na actuación son derivadas dos servizos sociais comunitarios, 10 puntos; máis do 75 % das persoas atendidas na actuación son derivadas dos servizos sociais comunitarios, 15 puntos; todas as persoas atendidas na actuación son derivadas dos servizos sociais comunitarios, 20 puntos. Para valorar este criterio será necesario aportar documento dos servizos sociais comunitarios coas persoas que ten previsto derivar ou do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar ou equivalente cando se trate de derivacións dos centros penitenciarios. No caso de que o documento non precise o número de persoas ou porcentaxe de persoas que se derivan, puntuarase con 7 puntos.
3º. Experiencia da entidade no ámbito da inclusión social, considerada en función do número de anos que desde o actual leva dedicándose ininterrompidamente a este labor. Puntuarase 1 punto por ano, ata un máximo de 4. Para a puntuación, terase en conta a declaración responsable contida no anexo de valoración.
4º. Número de profesionais contratados/as dedicados/as a labores de inclusión no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Puntuarase ata 2 puntos. A puntuación asignarase conforme a seguinte escala: de 3 a 9 persoas, 0,5 puntos; de 10 a 19 persoas, 1 punto; de 20 a 50 persoas, 1,5 punto; máis de 50 persoas, 2 puntos. Para a puntuación, terase en conta en conta a declaración responsable contida no anexo de valoración.
5º Antigüidade do persoal dedicado a labores de inclusión social no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia superior a 2 anos en relación coa totalidade do cadro de persoal. Puntuarase ata 3 puntos. A puntuación asignarase conforme a seguinte escala: máis do 30 % e ata o 50 % do persoal, 1 punto; máis do 50 % e ata o 70 % do persoal, 2 puntos; máis do 70 % do persoal, 3 puntos. Para a puntuación, terase en conta en conta a declaración responsable contida no anexo de valoración.
6º. Emprego de persoas perceptoras da Risga ou persoas que se atopan en situación de exclusión social. Puntuarase con 1 punto por cada persoa contratada ata un máximo de 2. Para a puntuación, terase en conta a declaración responsable contida no anexo de valoración.
7º. Emprego de persoas maiores de 45 anos nos últimos dous anos anteriores á data da convocatoria, sobre o total do cadro de persoal. Puntuarase con 1 punto por cada persoa ata un máximo de 2. Para a puntuación, terase en conta a declaración responsable contida no anexo IV de valoración.
8º. Certificado de calidade. Asignaranse 2 puntos se a entidade conta con certificado de calidade en vigor con base na norma ONG con calidade ISO 9001:2015, EFQM ou outros sistemas de calidade que garantan o control de procesos e programas. Para valorar este criterio será necesario achegar certificado da entidade normalizadora.
9º. Promoción da igualdade de xénero. Puntuarase con 5 puntos se a entidade conta cun plan de igualdade nos termos da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, e da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia. Para a puntuación, terase en conta en conta a declaración responsable contida no anexo IV de valoración.
b) Os criterios específicos para as actuacións previstas no artigo 4.1.b) 1º serán os seguintes:
1º. Número de persoas atendidas, ata 8 puntos. A puntuación asignarase conforme a seguinte escala: de 0 a 100, 1 punto; de 101 a 500, 2 puntos; de 501 a 1000, 4 puntos; de 1001 a 2000, 6 puntos; máis de 2000, 8 puntos. Para a puntuación, terase en conta a declaración responsable contida no anexo de valoración.
2º. Coordinación cos servizos sociais dos concellos e outras entidades sociais, ata 10 puntos. A puntuación asignarase conforme os seguintes criterios: sen coordinación con servizos sociais dos concellos e outras entidades sociais, 0 puntos; coordinación con servizos sociais dos concellos ou con outras entidades sociais, 5 puntos; coordinación con servizos sociais dos concellos e máis con outras entidades sociais, 10 puntos. Para a puntuación, terase en conta a declaración responsable contida no anexo de valoración.
3º. Cofinanciamento con outras fontes, ata 10 puntos. A puntuación asignarase conforme os seguintes criterios: sen acceso a outras fontes de financiamento externas á entidade, públicas ou privadas, 0 puntos; acceso a outras fontes de financiamento procedentes da Consellería de Política Social e Igualdade, 5 puntos; acceso a outras fontes de financiación procedentes de entidades, públicas ou privadas, diferentes da Consellería de Política Social e Igualdade, 10 puntos. Para a puntuación, terase en conta a declaración responsable contida no anexo de valoración.
4º. Persoal voluntario. Por dispoñer de persoal voluntario ata 8 puntos. A puntuación asignarase conforme a seguinte escala: sen persoal voluntario, 0 puntos; de 1 a 10 persoas voluntarias, 4 puntos; máis de 10 persoas voluntarias, 8 puntos. Para a puntuación, terase en conta a declaración responsable contida no anexo de valoración.
5º. Necesidade que se vai atender ata 17 puntos. A puntuación asignarase conforme os seguintes criterios: necesidades básicas, 17 puntos; prevención e primeira atención, 8 puntos.
c) Os criterios específicos para as actuacións previstas no artigo 4.1.b) 2º e 3º serán os seguintes:
1º. Necesidade social da actuación, ata 5 puntos. A puntuación asignarase conforme os seguintes criterios: o proxecto non explicita a necesidade social, 0 puntos; o proxecto refire a necesidade social de forma xenérica, sen especificar como a actuación vai facer fronte de maneira concreta á necesidade social, ata 1 punto; define claramente a necesidade social, na zona en que vai intervir e do grupo de poboación con que se traballa, pero non indica medidas detalladas de como a actuación lle vai facer fronte a esa necesidade, ata 2 puntos; define claramente a necesidade social, na zona en que vai intervir e co grupo de poboación con que se traballa, e indica medidas detalladas de como o programa lle vai facer fronte a esa necesidade, ata 5 puntos. Para a puntuación, terase en conta a información contida no anexo de valoración.
2º. Innovación. Contido innovador na metodoloxía empregada ou sistemas de organización ou xestión que acheguen valor ao proxecto, ata 4 puntos. A puntuación asignarase conforme os seguintes criterios: a actuación non menciona innovacións, 0 puntos; a proposta prevé innovacións da entidade pero non están vinculadas ao desenvolvemento da actuación especificamente, ou son innovacións de escasa entidade, ata 1 punto; a innovación está pensada explicitamente para o desenvolvemento da actuación que se vai desenvolver e trátase de innovacións importantes e novidosas, ata 4 puntos. Para a puntuación, terase en conta en conta a información contida no anexo de valoración.
3º. Realización de prácticas non laborais, 5 puntos. Valorase cando a natureza da actuación sexa axeitada á practica laboral. Para valorar este criterio será necesario aportar un compromiso de contratación ou de realización de prácticas non laborais asinado por unha empresa, ou de que a entidade solicitante é promotora ou traballa en coordinación cunha empresa de inserción laboral (EIL) debidamente inscrita no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción Laboral de Galicia.
4º. Cualificación do persoal dedicado á actuación, ata 8 puntos. A puntuación asignarase conforme os seguintes criterios:
– Número de persoas con titulación universitaria do ámbito dos servizos sociais dedicadas á actuación: 2 punto por persoa ata un máximo de 6 puntos.
– Número de persoas con titulación universitaria non especifica do ámbito dos servizos sociais dedicadas á actuación: 1 punto por persoa ata un máximo de 2 puntos.
– Número de persoas con título de ciclo formativo de grao superior no ámbito dos Servizos Sociais: 0,75 puntos por persoa ata un máximo de 1,5 puntos.
Para a puntuación terase en conta en conta a declaración responsable contida no anexo de valoración.
5º. Auditoría. A entidade conta cunha auditoría externa de contas no último exercicio, 3 puntos. Para valorar este criterio será necesario achegar certificado da entidade auditora.
6º. Actuacións en territorios en situación de exclusión social ou en zonas urbanas de alta concentración de persoas con factores de exclusión, 7 puntos. Para considerar que as accións están a desenvolverse en concellos situados en territorios de exclusión o en barrios marxinais de cidades con elevada taxa de exclusión o asentamentos de poboación con alto índice de vivenda inadecuada será necesario achegar documento acreditativo dos servizos sociais do concello afectado. Nos casos en que non informen, tomarase en consideración a declaración realizada pola entidade na solicitude e as fontes de información dispoñibles.
7º. Actuacións de intervención comunitaria en territorios de exclusión, puntuarase con 4 puntos.
8º. Factores de exclusión, 17 puntos. Asignarase cando máis do 60 % das persoas beneficiarias da actuación pertence a algún dos seguintes colectivos: persoas sen fogar ou que habitan en infravivenda; persoas que procedan de cumprimento de pena nunha institución penitenciaría; persoas que procedan de institucións de protección ou reeducación de menores; persoas que pertenzan a minorías étnicas. Para a puntuación, terase en conta en conta a declaración responsable contida no anexo de valoración.
Artigo 13. Comisión de Valoración
1. Conforme o establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, para os procedementos de concorrencia competitiva previstos no artigo 12.2 crearase unha Comisión de Valoración que será o órgano colexiado encargado de emitir o correspondente informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada, indicando a puntuación e a axuda aplicable en cada caso. A composición da Comisión de Valoración será a seguinte:
a) Presidencia: a persoa titular da subdirección xeral competente en materia de inclusión. No caso de ausencia, a suplencia será exercida por unha persoa funcionaria co mesmo rango que a persoa titular e que estea adscrita á dirección xeral competente en materia de inclusión social.
b) Vogais: a persoa titular da xefatura do servizo competente en materia de coordinación de programas de inclusión, a persoa titular da xefatura do servizo de atención ás persoas inmigrantes e unha persoa funcionaria adscrita á subdirección xeral competente en materia de inclusión social.
2. A secretaría do órgano, que actuará con voz pero sen voto, atribuirase a unha persoa funcionaria por proposta da persoa titular da presidencia.
3. En caso de ausencia dalgún membro da Comisión de Valoración, este será substituído pola persoa designada pola presidencia.
Na composición da Comisión de Valoración procurarase acadar unha presenza equilibrada de homes e mulleres.
4. Para o exercicio das súas funcións, esta comisión poderá ter en conta informes dos servizos técnicos pertinentes, que non terán carácter preceptivo nin vinculante.
5. Unha vez avaliados os expedientes e determinado o importe que lle correspondería a cada actuación, a Comisión presentaralle ao órgano instrutor o informe dos resultados da avaliación efectuada. No caso das actuacións previstas no artigo 4.1.b)2º e 3º, a proposta incluirá, ademais dos importes, as horas das actuacións suxeitas á avaliación que se teñen en conta para fixar o importe da axuda que se concederá.
Artigo 14. Determinación do importe das subvencións
1. Para as subvencións para o funcionamento de centros de inclusión e emerxencia social prevista no artigo 4.1.a), a determinación do importe das subvencións tomará como referencia o número de persoas que cada centro prevé atender, coa limitación do número de prazas para as que estea autorizado, e un importe unitario máximo de axuda por persoa atendida por día en función da tipoloxía de centro, do xeito seguinte:
a) Centros de acollida e inclusión: módulo de 9 € por cada persoa con atención básica por día e módulo de 40 € por cada persoa con atención especializada por día, establecéndose un límite máximo de 390.000 € por centro.
b) Centros de día de inclusión social: módulo de 4 € por cada persoa que se atenda e día, establecéndose un límite máximo de 100.000 € por centro.
c) Albergues: módulo de 8 € por cada persoa que se atenda e día, establecéndose un límite máximo de 120.000 € por centro.
d) Comedores sociais: módulo de 5 € por cada persoa que se atenda e día, establecéndose un límite máximo de 300.000 € por centro.
e) Centros de atención social continuada: módulo de 4 € por cada persoa que se atenda e día, establecéndose un límite máximo de 100.000 por centro.
2. Nas subvencións previstas no artigo 4.1.b) 1º para actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun programa de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos ou prestacións vinculadas ao desenvolvemento de determinados servizos sociais de inclusión de atención integrada, ademais daquelas dos servizos de promoción da participación social e asesoramento técnico especializado dirixidas, no marco desta orde, de xeito exclusivo á poboación inmigrante, unha vez valoradas as solicitudes por tipoloxías conforme os criterios establecidos, obterase unha relación ordenada delas, a cal empregarase como listaxe para a asignación do crédito dispoñible na convocatoria, que se distribuirá, conforme os seguintes módulos:
a) Módulo de servizos de atención ás necesidades básicas previsto no artigo 4.1.b).1º.1: 12 € por persoa atendida nun período subvencionable de 12 meses. Para estes efectos, establécense dous períodos subvencionables: o primeiro do 1.5.2025 ata o 30.4.2026, e o segundo do 1.5.2026 ata o 30.4.2027. En consecuencia, unha mesma persoa poderá ser computada nos dous períodos pero só unha vez en cada un deles.
b) Módulo de servizos de prevención e primeira atención previsto no artigo 4.1.b).1º.2: 5 € por persoa atendida nun período subvencionable de 12 meses. Para estes efectos, establécense dous períodos subvencionables: o primeiro do 1.5.2025 ata o 30.4.2026, e o segundo do 1.5.2026 ata o 30.4.2027. En consecuencia, unha mesma persoa poderá ser computada nos dous períodos pero só unha vez en cada un deles.
A contía máxima da axuda por actuación na tipoloxía do artigo 4.1.b) 1º establécese nun importe de 100.000 €.
3. Nas subvencións previstas no artigo 4.1.b) 2º e 3º, para as actuacións comprendidas dentro dos servizos de apoio á inclusión sociolaboral, servizo de formación adaptada e servizo de intervención comunitaria en territorios en exclusión, e para a atención dirixida a fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo da poboación inmigrante, unha vez valoradas as solicitudes por tipoloxías conforme os criterios establecidos, obterase unha relación ordenada delas, a cal empregarase como listaxe para a asignación do crédito dispoñible na convocatoria, que se distribuirá, conforme o método de custos simplificados establecido para o efecto (artigos 53.1.b) e d), 53.3.a) e e), 55.2.a) e 56.1 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello), segundo os seguintes módulos:
a) Módulo de apoio á inclusión sociolaboral:
1º. Sección de inclusión básica: 21,57 €/hora de traballo efectivo máis o 20 % en concepto doutros custos directos ou indirectos, cun máximo de 3.440 horas para o período subvencionable, que se corresponden coa dedicación dun/dunha profesional a xornada completa, ou varios profesionais con dedicación parcial. Neste suposto será necesario acreditar un número mínimo de 80 persoas atendidas, das cales o 60 % deberán ter realizadas polo menos as prestacións que o Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de inclusión, considera obrigatorias para esta sección: diagnose; deseño, seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou laboral; acompañamento social; accións de adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais.
2º. Sección de inclusión e transición ao emprego: 21,57 €/hora de traballo efectivo máis o 40 % en concepto doutros custos directos ou indirectos, cun máximo de 3.440 horas para o período subvencionable que corresponden coa dedicación dun/dunha profesional a xornada completa, ou varios profesionais con dedicación parcial. Neste suposto será necesario acreditar un número mínimo de 80 persoas atendidas, das cales o 60 % deberán ter realizadas polo menos as prestacións que o Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de inclusión considera obrigatorias para esta sección: diagnose; deseño, seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou laboral; acompañamento social; accións de adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais; accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral.
O número de persoas atendidas esixido minorarase proporcionalmente en función da dedicación horaria declarada.
Nas dúas seccións, se as persoas atendidas son persoas sen fogar ou se atopan en situación de exclusión severa, circunstancia que se fará constar no momento da solicitude, exixirase para unha dedicación a xornada completa a atención de 30 persoas que deberán ter realizadas, polo menos, as prestación obrigatorias elixidas do mesmo xeito que as indicadas anteriormente.
As persoas que estean a desenvolver un proceso de inclusión xestionado por calquera outra entidade pública ou privada en calquera das dúas seccións do apoio á inclusión sociolaboral, non se computarán para acreditar o número mínimo de persoas atendidas coas prestacións mínimas exixidas, agás en casos excepcionais debidamente xustificados, comprobado pola Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión.
b) Módulo de formación adaptada/promoción da participación social: 21,57 €/hora de traballo efectivo máis o 40 % en concepto doutros custos directos ou indirectos, cun máximo de 3.440 horas para o período subvencionable.
Os importes establecidos corresponderán cando teñan dereito á certificación acreditativa da súa realización un mínimo de cinco participantes que teñan acreditada a asistencia como mínimo ao 60 % do total das horas da acción formativa.
Para estes efectos, cando a acción formativa transcorra ao longo de varias anualidades, considérase unha única actuación de formación se a maioría dos alumnos son os mesmos.
c) Módulo de medidas de apoio á conciliación: 16,76 €/hora de traballo efectivo máis o 20 % en concepto doutros custos directos ou indirectos. As horas máximas subvencionables non poderán superar o total das horas subvencionadas na actuación á que a prestación de conciliación vai vinculada e en ningún caso poderán superar as 3.440 horas.
d) Módulo de mediación social e/o intercultural: 19,20 €/hora de traballo efectivo máis o 20 % en concepto doutros custos directos ou indirectos cun máximo de 3.440 horas.
O número mínimo de persoas que se deberá atender no período, no caso de adicar 3.440 horas, será de 30, e rebaixarase proporcionalmente a contía que se pagará no caso de xustificar un número menor de persoas.
e) Módulo de asesoramento técnico especializado no ámbito normativo en materia de estranxeiría: 21,57 €/hora de traballo efectivo máis o 20 % en concepto doutros custos directos ou indirectos, cun máximo de 3.440 horas para o período subvencionable.
O número mínimo de persoas que se deberá atender no período, no caso de adicar 3.440 horas, será de 48, e rebaixarase proporcionalmente a contía que se pagará no caso de xustificar un número menor de persoas.
f) Módulo de intervención comunitaria en territorios en exclusión severa sempre que comporte a presenza de monitor: 21,57 €/hora de traballo efectivo máis o 40 % en concepto doutros custos directos ou indirectos cun máximo de 3.440 horas para a actividade acreditada. Será necesario xustificar que as persoas atendidas recibiron unha prestación das incluídas no servizo de intervención comunitaria en territorio de exclusión previsto no Decreto 61/2016, do 11 de febreiro.
g) Módulo de inclusión residencial: 21,57 €/hora de traballo efectivo máis o 40 % en concepto de outros custos directos ou indirectos para a actividade acreditada.
O número mínimo de persoas que se atenderá no período, cun máximo de 3.440 horas, é de 40, rebaixándose proporcionalmente a contía que se pagará no caso de xustificar un número menor de persoas.
Se as persoas atendidas son persoas sen fogar ou se atopan en situación de exclusión severa, circunstancia que se fará constar no momento da solicitude, exixirase para unha dedicación a xornada completa a atención de 30 persoas.
Para a determinación do importe dos módulos establecidos nas letras comprendidas entre a) e g) deste número 2, no caso da existencia de bonificacións ou reducións asociadas ao pagamento das cotizacións sociais das persoas traballadoras imputadas ás actuacións subvencionadas descontarase a parte proporcional correspondente ás ditas bonificacións ou reducións.
4. O crédito asignado para cada anualidade de gasto distribuirase en función da puntuación xeral resultante en orde decrecente de tal xeito que, unha vez esgotado o crédito dispoñible para unha das anualidades, continuará asignándose o correspondente ás outras anualidades de maneira independente.
5. No caso de coincidir a puntuación de varias solicitudes de actuación das tipoloxías 4.1.b)2º e 4.1.b)3º respectivamente, empregarase como criterio de desempate o tipo de prestación que se solicita, de acordo coa seguinte orde:
1º. Prestacións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral, sección de inclusión básica.
2º. Prestacións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral, sección de inclusión e transición ao emprego.
3º. Prestacións do servizo de apoio á inclusión residencial.
Se aínda así seguise existindo empate utilizarase como criterio de desempate o de maior puntuación sucesivamente nos criterios 3º, 4º e 5º do artigo 12.5.a), por esa orde. No caso de que persista o empate, en último termo terá preferencia a actuación comprendida no número de expediente máis baixo.
6. A anualidade de 2025 comprenderá do 1.5.2025 ata o 30.11.2025, a de 2026 do 1.12.2025 ata o 30.11.2026 e a de 2027 do 1.12.2026 ata o 30.4. 2027.
Artigo 15. Resolución
1. A concesión das subvencións obxecto desta orde será resolta pola persoa titular da Dirección Xeral de Inclusión Social, que resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, por proposta do órgano instrutor e unha vez fiscalizada a proposta pola Intervención Delegada.
2. No caso das subvencións recollidas no artigo 4.1.a) que se tramitan polo procedemento de concorrencia non competitiva, o prazo máximo para resolver e notificar as resolucións ás entidades interesadas será de cinco meses, que empezará a contar desde a entrada de cada solicitude no rexistro do órgano competente para resolver.
No caso das actuacións recollidas no artigo 4.1.b) que se tramitan polo procedemento de concorrencia competitiva, o prazo máximo para resolver e notificar as resolucións ás entidades interesadas será de cinco meses que empezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta orde. As resolucións estarán motivadas e indicarán a puntuación acadada no proceso de valoración.
Se vence o prazo máximo para resolver sen que recaese resolución expresa, entenderase desestimada.
3. En todo caso, deberá notificarse a cada entidade beneficiaria as condicións da axuda. En particular, no caso das axudas recollidas no artigo 4.1.b) 2º e 3º, na resolución de outorgamento da subvención constará a información sobre o cofinanciamento polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, nunha porcentaxe do 60 %, con indicación do obxectivo político, prioridade, obxectivo específico e medida. Así mesmo, figurará a identificación entidade beneficiaria, a contía da subvención e obrigas que lle correspondan, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deben entregarse ou prestarse, o plan de financiamento, o prazo de execución e, se procede, o método que se aplicará para determinar os custos da operación e as condicións de pagamento da axuda, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operación que debe conter o documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA).
Así mesmo, cando proceda, tamén se lle informará entidade beneficiaria de que a aceptación da subvención podería implicar a súa aparición na lista de operacións que se publique nos termos establecidos no artigo 49.3 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.
4. Unha vez recibida a resolución de concesión da subvención a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez días a súa aceptación. No caso de non comunicala, entenderase tacitamente aceptada en todas as súas condicións.
Artigo 16. Réxime de recursos
As resolucións expresas ou presuntas que se diten ao abeiro desta orde poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse, se é o caso, recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir da notificación da resolución expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ante o mesmo órgano que as ditou, de acordo co previsto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a orde xurisdicional competente, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses, contados desde a súa notificación, se o acto é expreso, ou seis meses a partir do día seguinte a que se produza o acto presunto, e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que coiden oportuno.
Artigo 17. Modificación da resolución de concesión
1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de axudas ou subvencións outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.
2. Así mesmo, poderá acordarse a modificación da resolución da subvención por instancia da entidade beneficiaria, sempre que se cumpran os requisitos previstos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
Artigo 18. Notificacións e publicacións
1. Nos procedementos para a concesión de subvencións para o funcionamento de centros de inclusión e emerxencia social previstos no artigo 4.1.a), as notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.
As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
2. No procedemento para a concesión de subvencións para realizar actuacións singularizadas, prestacións vinculadas ao desenvolvemento de servizos sociais de inclusión previstos no artigo 4.1.b), publicaranse no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.
Así mesmo, de xeito complementario, poderase efectuar a notificación das resolucións da concesión mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), nos termos establecidos no número 1.
Artigo 19. Obrigas das entidades subvencionadas
1. As entidades beneficiarias das subvencións deberán:
a) Executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano concedente. En todo caso, as actuacións se prestarán de acordo co establecido na Carteira de servizos sociais de inclusión definida no Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, en todos os aspectos que sexan de aplicación.
b) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados.
c) En todo caso, respecto das actuacións establecidas no artigo 4.1.b) 2º e 3º (axudas cofinanciadas polo FSE+), deberán manter rexistros contables independentes ou empregar códigos de contabilidade apropiados para todas as transaccións relacionadas coa operación, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con fondos do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Igualmente, deberán conservar todos os documentos xustificativos relacionados coa operación que reciba axuda do FSE+ durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que a autoridade de xestión do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 efectúe o último pagamento ao beneficiario do fondo, nos termos establecidos no artigo 82 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.
d) No caso das actuacións establecidas no artigo 4.1.b) 2º e 3º (axudas cofinanciadas polo FSE+), cumprir coas medidas de visibilidade, transparencia e comunicación establecidas no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021. En particular, de conformidade cos artigos 47 e 50 do devandito regulamento, nos espazos en que se desenvolvan as actuacións contarán co emblema da Unión Europea xunto coa declaración «Cofinanciado pola Unión Europea». Igualmente, nos lugares de realización da actuación informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a operación nun lugar ben visible para o público. Tamén se fará unha breve descrición da actuación na páxina web e nas contas nos medios sociais, no caso de dispoñer delas, mencionando os obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión Europea. Ademais, en todos os documentos e materiais de comunicación relacionados coa execución da actuación, destinados ao público ou ás persoas participantes, proporcionarase unha declaración que saliente a axuda da Unión Europea de xeito visible.
e) Informar as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están cofinanciadas pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social e Igualdade) e, no caso das actuacións establecidas no artigo 4.1.b) 2º e 3º (axudas cofinanciadas polo FSE+), pola Unión Europea, debendo figurar os emblemas correspondentes, como mínimo, en todo o material e nos documentos que se utilicen ou entreguen ás persoas participantes nas actuacións (incluídos os partes de asistencia/participación, as enquisas de avaliación ou os certificados de asistencia).
f) Adecuar a metodoloxía das actuacións, así como a de recollida e proceso de datos de seguimento e acreditación da realización da actividade de persoas participantes ás fórmulas que, no seu caso, propoña a Consellería de Política Social e Igualdade e, se así é requirido, incorporarse como usuarias da aplicación informática deseñada e implantada para a xestión da Estratexia de inclusión social de Galicia 2023-2030.
En particular, no caso das actuacións establecidas no artigo 4.1.b) 2º e 3º (axudas cofinanciadas polo FSE+), deberán realizar as actuacións precisas para recoller a información suficiente relativa ao desenvolvemento da prestación que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de realización e indicadores de resultados previstos no artigo 17 do Regulamento (UE) 2021/1057.
Os indicadores de realización relativos á persoa solicitante refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do/da participante coa actuación cofinanciada, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse ao período comprendido entre o día posterior a finalización da súa vinculación coa operación e as catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención. Así mesmo, a Administración poderá requirir en calquera momento novos datos relativos á data en que se cumpran os seis meses desde que finalice a vinculación da persoa participante coa actividade cofinanciada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.
Para estes efectos, facilitarase ás entidades beneficiarias o acceso á aplicación informática Participa2127 (https://participa2127.conselleriadefacenda.gal/Participa2127) e os oportunos cuestionarios, que terán que respectar o principio de integridade dos datos. Para dar cumprimento a estas obrigas de información, as entidades beneficiarias deberán introducir os datos dos indicadores de realización e de resultados das persoas participantes na aplicación informática Participa 2127.
Así mesmo, as entidades beneficiarias deberán custodiar a ficha individualizada de seguimento e os cuestionarios de indicadores de realización e resultado de cada unha das persoas participantes, asinada pola persoa participante, segundo os modelos dispoñibles na devandita aplicación informática e telos á disposición da Consellería de Política Social e Igualdade, para cando sexan requiridos.
g) Comunicar as variacións das datas de inicio e remate das actuacións previstas na solicitude, así como os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social e Igualdade, en especial, os relativos á subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no titulo I da citada lei, e certificado en que se indique o número estimado da poboación beneficiada para a actuación no período subvencionado pola orde de convocatoria.
h) Controlar a asistencia ás actuacións do servizo de formación adaptada e expedir certificado de finalización da acción formativa para os participantes que teñan asistido como mínimo ao 60 % do total das súas horas. Solicitar, de ser o caso, ao órgano concedente, a autorización das modificacións que afecten as actuacións subvencionadas cunha antelación de cinco días respecto á data en que se produzan. A autorización considerase outorgada tacitamente unha vez transcorrido o prazo de quince días desde que se recibiu a solicitude.
i) Remitir no prazo de dez días os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social e Igualdade.
j) No caso das actuacións establecidas no artigo 4.1.b) 2º e 3º (axudas cofinanciadas polo FSE+), someterse ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Política Social e Igualdade; ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión ou seguimento do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, nos termos establecidos no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, que incorporarán as correspondentes visitas sobre o terreo; ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma; ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas; ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Entre a información e a documentación que debe conservarse incluiranse os contratos laborais e os mercantís se se trata de persoal externo; información da situación de alta na Seguridade Social das persoas traballadoras adscritas e, se é o caso, os informes ou declaracións responsables relativos ás bonificacións na Seguridade Social, das horas dedicadas polos traballadores a cada unha das prestacións e do lugar de realización. Ademais, deberase conservar a documentación relativa ao control horario, ás verificacións de asistencia e aquela de que dispoñan nos casos en que a titulación exixida poida ser suplida por coñecementos adquiridos no desempeño da súa profesión e complementados con formación específica.
k) Contratar un seguro para o alumnado ou participantes nas actuacións que cubra os riscos que poidan ter durante o desenvolvemento das actividades e os dos desprazamentos para a asistencia a elas.
l) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
m) Todas aquelas obrigas e requisitos que se desprendan do articulado desta orde e dos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e da súa normativa de desenvolvemento.
2. Os servizos da Consellería de Política Social e Igualdade poderán efectuar as comprobacións que consideren oportunas en canto ao cumprimento por parte das entidades de iniciativa social participantes dos requisitos exixidos pola Lei 13/2008, do 3 de decembro, e pola súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, poderán solicitar informes dos servizos da rede pública de servizos sociais en canto aos aspectos de complementariedade, oportunidade e eficacia dos servizos e actuacións das entidades solicitantes recollidos nel.
3. No que respecta ás obrigas previstas nas alíneas c) e d) do número 1 de comunicar e informar aos cidadáns de que as actuacións foron cofinanciadas pola UE no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para xustificar o cumprimento dos indicadores de comunicación previstos no programa, a Dirección Xeral de Inclusión Social solicitará proba documental do cumprimento desta obriga, que deberá ser facilitada no prazo de 10 días. O incumprimento desta obriga ou non proporcionar a proba documental nos prazos exixidos poderá supoñer unha minoración da contía total da axuda na forma prevista no artigo 25.
Artigo 20. Pagamentos anticipados da subvención concedida
1. Nas actuacións da tipoloxía dos artigos 4.1.b).2º e 4.1.b).3º, unha vez notificada e aceptada a resolución, pagarase o 100 % da contía concedida para 2025 en concepto de anticipo, sen necesidade de solicitalo.
Respecto das contías concedidas para o 2026, poderán realizarse anticipos de pagamento para aquelas actuacións iniciadas antes do 30 de xuño de 2026. Para iso é necesario que o representante da entidade presente a solicitude do anticipo, a aceptación da subvención e a declaración do inicio da actividade. A estes anticipos aplicarase o disposto no artigo 31.6. da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no seu regulamento e alcanzarán distintas porcentaxes, dependendo da contía de cada subvención individual concedida. Así, para aquelas axudas que non excedan o importe de 18.000 €, o anticipo alcanzará a porcentaxe do 50 % do importe que se subvenciona da anualidade 2026. Se superan ese importe, a porcentaxe do anticipo será o importe de sumar ao importe fixo de 9.000 € o 10 % da diferenza entre a subvención concedida e a cantidade de 18.000 €.
O anticipo deberá ser solicitado necesariamente no exercicio 2026 e antes do 30 de xuño de 2026.
2. Non se poderán realizar pagamentos anticipados para as actuacións incluídas no artigo 4.1.a) e 4.1.b).1º.
Artigo 21. Pagamentos á conta da subvención concedida
Para as subvencións para o funcionamento de centros de inclusión e emerxencia social establecidos no artigo 4.1.a), a entidade poderá solicitar pagamentos á conta da liquidación definitiva en función das accións realizadas, cuxo importe total non poderá superar o 80 % da subvención concedida. Para tal fin, establécense os períodos en que se poden solicitar: dous pagamentos á conta desde o 1 de maio de 2025 ata o 30 de novembro de 2025, tres desde o 1 de decembro de 2025 ata o 30 de novembro de 2026, e un desde o 1 de decembro de 2026 ata o 30 de abril de 2027. Con cada solicitude de pagamento á conta deberá enviar a documentación prevista no artigo 23.1.
Artigo 22. Modalidades e prazos de xustificación
1. As entidades beneficiarias das actuacións recollidas no artigo 4.1.a) deberán xustificar cada anualidade de maneira independente.
Ao respecto, a primeira anualidade comprenderá a xustificación das actuacións realizadas entre o 1 de maio de 2025 e o 30 de novembro de 2025 ambos incluídos, e a xustificación presentarase con data límite do 5 de decembro de 2025. A segunda anualidade comprende a xustificación das actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2025 e o 30 de novembro de 2026, ambos incluídos, e a xustificación presentarase con data límite do 7 de decembro de 2026. A terceira anualidade comprende a xustificación das actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2026 e o 30 de abril de 2027 e a xustificación presentarase con data límite do 31 de maio de 2027.
2. As entidades beneficiarias das actuacións recollidas no artigo 4.1.b).1º deberán xustificar cada período de actuación de maneira independente.
Ao respecto, o primeiro período comprenderá a xustificación das actuacións realizadas entre o 1 de maio de 2025 e o 30 de novembro de 2025 ambos incluídos, e a xustificación presentarase con data límite do 5 de decembro de 2025. O segundo período comprende a xustificación das actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2025 e o 30 de abril de 2026, ambos incluídos, e a xustificación presentarase con data límite do 15 de maio de 2026. O terceiro período comprende a xustificación das actuacións realizadas entre o 1 de maio de 2026 e o 30 de novembro de 2026 e a xustificación presentarase con data límite do 7 de decembro de 2026. O cuarto período comprende a xustificación das actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2026 e o 30 de abril de 2027 e a xustificación presentarase con data límite do 31 de maio de 2027.
3. A xustificación das actuacións dirixidas á inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables establecidos no artigo 4.1.b) 2º e 4.1.b) 3º realizarase a través das modalidades de custos simplificados previstas nos artigos por 53.1.b) e d), 53.3.a) e e), 55.2.a) e 56.1 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, de modo independente para cada unha das actuacións subvencionadas.
Ao respecto, o importe anticipado das actuacións realizadas na anualidade de 2025 e realizadas entre o 1 de maio de 2025 e o 30 de novembro de 2025, ambos incluídos, deberá xustificarse antes do 1 de abril de 2026. A segunda anualidade comprende as actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2025 e o 30 de novembro de 2026, ambos incluídos, e a xustificación presentarase con data límite o 7 de decembro de 2026, incluído. A terceira anualidade comprende as actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2026 e o 30 de abril de 2027, e a xustificación presentarase con data limite do 5 de maio de 2027.
Artigo 23. Forma de xustificación
1. Para xustificar o funcionamento de centros e inclusión social recollidos no artigo 4.1.a) deberá achegarse a seguinte documentación:
a) Xustificación dos pagamentos á conta da liquidación definitiva do artigo 21:
1º. Solicitude de pagamento da subvención no anexo V.
2º. Declaración responsable no anexo VI.
3º. Memoria económica xustificativa e declaración de gastos reais correspondente ao período que se pretenda xustificar no anexo VII.
4º. Listaxe codificada de persoas usuarias por día á cal se xuntará certificación acreditativa de que os datos que contén a dita listaxe se corresponden cos datos recollidos no libro de rexistro ou fichas en soporte papel do centro. No caso de comedores, albergues, centros de día e centros de atención social continuada, a listaxe a que se refire este ordinal substituirase por unha relación do número de persoas que foron atendidas cada día acompañada da certificación acreditativa.
b) Xustificación de cada anualidade:
A mesma documentación que a requirida para a xustificación dos pagamentos á conta da liquidación definitiva. Ademais memoria de actuación rematada segundo o anexo VIII.
2. Para a xustificación de cada período das actuacións recollidas no artigo 4.1.b).1º achegarase a documentación que a continuación se relaciona:
1º. Solicitude de pagamento , no anexo V.
2º. Declaración responsable no anexo VI.
3º. Memoria económica xustificativa e declaración de gastos reais correspondente ao período que se pretenda xustificar no anexo VII.
4º. Listaxe codificada de persoas usuarias á cal se xuntará certificación acreditativa de que os datos que contén a dita listaxe se corresponden cos datos recollidos nos rexistros ou fichas en soporte papel do centro da entidade, salvo que se trate de actuacións informativas que se desenvolvan en centros educativos, suposto en que será suficiente presentar unha certificación expedida pola persoa responsable do centro, onde conste o número de persoas asistentes.
No período en que rematen as actuacións subvencionadas presentarán ademais unha memoria segundo o guión establecido no anexo VIII.
3. A documentación que hai que presentar para xustificar as actuacións previstas no artigo 4.1.b).2ºe 3º, comprenderá:
a) Xustificación parcial das actuacións que se realizan durante o período subvencionable coa seguinte documentación:
1º. Prestacións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral, que requirirá a presentación da seguinte documentación:
1º.1. Solicitude de pagamento parcial no anexo V.
1º.2. Declaracións responsables no anexo VI.
1º.3. Memoria económica e xustificativa no anexo VII.
1º.4. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas á actuación. asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade, en que conste un resumo do número total de horas no período subvencionado.
1º.5. Anexo IX de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, referido ao grupo de cotización, e situación de alta na Seguridade Social, propios da entidade solicitante da subvención asignados ás actuacións subvencionados durante o período de execución da actuación.
No caso de que algunha destas persoas traballadoras se opoña á consulta deberán achegar a documentación acreditativa das ditas circunstancias.
O grupo de cotización dos traballadores asignados a este modulo será 1 ou 2. No caso de que a persoa traballadora teña asinado outro grupo de cotización, deberá presentar xustificación de que está encadrado dentro do grupo profesional I do Convenio colectivo estatal de acción e intervención social ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.
2º. No caso das accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral no marco do servizo de formación adaptada e prestacións do servizo de promoción da participación social, presentarase a seguinte documentación:
2º.1.Solicitude de pagamento parcial no anexo V.
2º.2. Declaración responsable do anexo VI.
2º.3.Memoria económica xustificativa do anexo VII.
2º.4. Partes de asistencia das actuacións realizadas no período xustificado onde conste o número total de horas de formación asinados pola persoa participante, o/a responsable técnico/a da realización da actuación e a persoa responsable da entidade.
2º.5. Anexo IX de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, referido ao grupo de cotización e situación de alta na Seguridade Social da entidade solicitante da subvención asignadas ás actuacións subvencionadas durante o período de execución da actuación. No caso de que algunha destas persoas traballadoras se opoña á consulta, deberá achegar a documentación acreditativa das ditas circunstancias.
O grupo de cotización dos traballadores asinados a este modulo será 1 ou 2. No caso de que a persoa traballadora teña asinado outro grupo de cotización, deberá presentar xustificación de que está encadrado dentro do grupo profesional I do Convenio colectivo estatal de acción e intervención social ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.
3º. No caso das actuacións de apoio á conciliación, mediación intercultural, asesoramento técnico especializado en materia de estranxeiría, intervención comunitaria en territorios de exclusión severa e inclusión residencial presentarase a seguinte documentación:
3º.1. Solicitude de pagamento parcial, anexo V.
3º.2. Declaración responsable no anexo VI.
3º.3. Memoria económica e xustificativa no anexo VII.
3º.4. Resumo do total de horas efectivamente dedicadas á actuación polo persoal dedicado á actuación, asinado pola persoa traballadora e a entidade responsable.
3º.5. Anexo IX de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social da entidade solicitante da subvención asignados ás actuacións subvencionadas durante o período de execución da actuación. No caso de que algunha destas persoas traballadoras se opoña á consulta, deberá achegar a documentación acreditativa de ditas circunstancias.
O grupo de cotización dos traballadores que realizan as actuacións de apoio á conciliación será polo menos o grupo 4. No caso de que a persoa traballadora teña asinado outro grupo de cotización, deberá presentar xustificación de que está encadrada dentro do grupo profesional III do Convenio colectivo estatal de acción e intervención social ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.
O grupo de cotización dos traballadores que realizan as actuacións de mediación intercultural, será 2 ou 3. No caso de que a persoa traballadora teña asinado outro grupo de cotización, deberá presentar xustificación de que está encadrada dentro do grupo profesional II do Convenio colectivo estatal de acción e intervención social ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.
O grupo de cotización das persoas traballadoras que realizan as actuacións de asesoramento técnico especializado en materia de estranxeiría, prestacións de dinamización comunitaria no marco de desenvolvemento dun servizo de intervención comunitaria en territorios en exclusión e inclusión residencial será 1 ou 2. No caso de que a persoa traballadora teña asinado outro grupo de cotización, deberá presentar xustificación de que está encadrada dentro do grupo profesional I do Convenio colectivo estatal de acción e intervención social ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.
3º.7. Acreditación do número total das persoas atendidas durante o período subvencionado. Para iso achegarase declaración responsable da entidade no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social, que deberá estar asinada tamén pola persoa traballadora e a beneficiaria da prestación, de que a persoa realizou a prestación.
b) Xustificación para as actuacións finalizadas comprenderá:
1º. As prestacións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral requirirán a presentación da seguinte documentación:
1º.1. Solicitude de pagamento no anexo V.
1º.2. Declaración responsable no anexo VI.
1º.3. Memoria económica e xustificativa no anexo VII.
1º.4. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas á actuación, asinadas polas persoas traballadoras e a persoa responsable da entidade, no que conste un resumo do número total de horas no período subvencionado.
1º.5. Acreditación do número total das persoas atendidas e das persoas traballadoras asignadas á prestación durante o período subvencionado. Se as persoas atendidas acadasen todas as prestacións obrigatorias, achegarase información da entidade extraída da aplicación Inclusión ou no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social, de que a persoa realizou as prestacións obrigatorias, e das persoas traballadoras que realizaron a actuación, das horas adicadas e do lugar de atención. Esta información deberá estar asinada tamén polas persoas traballadoras e as persoas beneficiarias da prestación. Para as persoas atendidas que non acadasen as prestacións obrigatorias, presentarase declaración responsable da entidade de cales foron as persoas, de que se cumpriron para cada unha delas os indicadores de realización, das persoas traballadoras que realizaron a actuación, das horas adicadas e do lugar de impartición. Esta declaración deberá presentarse no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social.
1º.6. Para as actuacións dirixidas á atención de persoas sen fogar ou en situación de exclusión severa, presentarase certificado emitido por profesional competente acreditativo da situación.
1º.7. No caso de novas altas de persoas traballadoras e/ou modificacións do anexo IX xa presentado na xustificación parcial da actuación, presentarase anexo IX de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas novas o cos datos modificados, referido ao grupo de cotización e situación de alta na Seguridade Social asignados ás actuacións subvencionadas durante o período de execución da actuación.
1º.8. Memoria da actuación rematada, anexo VIII.
2º. No caso das accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral no marco do servizo de formación adaptada e prestacións do servizo de promoción da participación social, presentarase a seguinte documentación:
2º.1. Solicitude de pagamento no anexo V.
2º.2. Declaración responsable do anexo VI.
2º.3. Memoria económica xustificativa do anexo VII.
2º.4. Declaración responsable da entidade de cales foron as persoas atendidas e de que se cumpriron para cada unha delas os indicadores de realización. Esta declaración deberá presentarse no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social.
2º.5. Partes de asistencia das actuacións onde conste o número total de horas de formación asinados pola persoa participante, o/a responsable técnico/a da realización da actuación e a persoa responsable da entidade.
2º.6. No caso de que as actuacións se realizaran por medios telemáticos, follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas á actuación, asinadas pola persoa traballadora e pola persoa responsable da entidade, en que conste un resumo do número total de horas do período subvencionado.
Nestes casos é necesario deixar constancia evidente da efectiva realización da actividade, tales como capturas de pantalla, exercicios enviados e respondidos, mensaxería instantánea, actividade a través de redes sociais ou calquera outra proba acreditativa da relación a distancia entre a entidade beneficiaria e o destinatario final.
2º.7. No caso de novas altas de persoas traballadoras e/ou modificacións do anexo IX xa presentado na xustificación parcial da actuación, presentarase o anexo IX de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas novas ou cos datos modificados, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social da entidade solicitante da subvención asignados ás actuacións subvencionadas durante o período de execución da actuación.
2º.8. Memoria da actuación rematada (anexo VIII).
2º.9. Certificado de finalización da acción formativa.
2º.10. Para as actuacións dirixidas á atención de persoas sen fogar ou en situación de exclusión severa, presentarase certificado emitido por profesional competente acreditativo da situación.
3º. No caso das actuacións de apoio á conciliación, de mediación intercultural, asesoramento técnico especializado en materia de estranxeiría, prestacións de dinamización comunitaria no marco de desenvolvemento dun servizo de intervención comunitaria en territorios en exclusión e inclusión residencial, presentarase a seguinte documentación:
3º.1. Solicitude de pagamento no anexo V.
3º.2. Declaración responsable no anexo VI.
3º.3. Memoria económica e xustificativa no anexo VII.
3º.4. Resumo do total de horas efectivamente dedicadas á actuación polo persoal dedicado a ela, asinado pola persoa traballadora e pola entidade responsable.
3º.5. No caso de novas altas de persoas traballadoras e/ou modificacións do anexo IX xa presentado na xustificación parcial da actuación, se é o caso presentará o anexo IX de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas novas ou cos datos modificados, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social das persoas traballadoras da entidade solicitante da subvención asignados ás actuacións subvencionadas durante o período de execución da actuación.
3º.6. Acreditación do número total das persoas atendidas durante o período subvencionado. Para iso, xuntarase declaración responsable da entidade no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social, que deberá estar asinada tamén pola persoa traballadora e pola persoa beneficiaria da prestación, de que a persoa recibiu a prestación. Esta declaración incluirá a información de ter cumpridos os indicadores de realización.
3º.7. Memoria da actuación rematada do anexo VIII.
3º.8. Para as actuacións dirixidas á atención de persoas sen fogar ou en situación de exclusión severa, presentarase certificado emitido por profesional competente acreditativo da situación.
Artigo 24. Pagamento das subvencións
1. No caso das actuacións do artigo 4.1.a), unha vez xustificada cada anualidade da subvención de conformidade co artigo 23, o órgano competente, antes de proceder ao seu pagamento, realizará as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da conduta e/ou actividade subvencionada.
O pagamento realizarase en función do número de persoas efectivamente atendidas por día, multiplicado polo importe unitario de axuda establecido no artigo 14.1.
2. No caso das actuacións do artigo 4.1.b)1º, unha vez xustificada cada período de actuación da subvención de conformidade co artigo 23, o órgano competente, antes de proceder ao seu pagamento, realizará as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da conduta e/ou actividade subvencionada.
O pagamento realizarase en función do número de persoas efectivamente atendidas no período subvencionable, multiplicado polo importe unitario establecido no artigo 14.2.
3. No caso das actuacións do artigo 4.1.b)2º e 4.1.b)3º, unha vez rematada e xustificada a subvención de conformidade co artigo 23, o órgano competente, antes de proceder ao seu pagamento, realizará as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da conduta e/ou actividade subvencionada. No caso de que as contías anticipadas das actuacións realizadas no ano 2025 no fosen xustificadas na forma prevista no artigo 23, detraeranse as contías das cantidades pendentes de recibir do resto das anualidades, e iso sen prexuízo dos reintegros que, se é o caso, procedan.
4. Con respecto ás subvencións para as prestacións vinculadas ao desenvolvemento de determinados servizos sociais de inclusión de atención integrada, incluíndo aquela dirixida de xeito exclusivo á poboación inmigrante, previstas no artigo 4.1.b).2º e 3º, farase un pagamento en función das accións xustificadas. Para facer efectivo o pagamento a entidade deberá presentar a documentación establecida no artigo 23 dentro dos prazos establecidos no artigo 22.
5. No caso das subvencións para as prestacións vinculadas ao desenvolvemento de determinados servizos sociais de inclusión de atención integrada e das accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral, nos termos de prestación obrigatoria do servizo de formación adaptada, incluíndo aquela dirixida de xeito exclusivo á poboación inmigrante, ou na prestación residencial, se non se acredita a atención do número mínimo de persoas establecido en función da dedicación horaria declarada ou non se mantén a porcentaxe de persoas que deben ter realizadas as actuacións obrigatorias, procederase a unha redución proporcional da subvención concedida en función da porcentaxe do incumprimento.
Artigo 25. Incumprimento, reintegros e sancións
1. O incumprimento das obrigas contidas nesta orde ou demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e na súa normativa de desenvolvemento.
2. Particularmente, acadarán a porcentaxe dun 2 % de minoración sobre a contía total da axuda percibida o incumprimento das obrigas recollidas no artigo 19.1.b) e d), relativas a non respectar a obriga de contabilidade separada, así como a omisión de medidas de visibilidade, transparencia e comunicación en todos os actos que leve a cabo o beneficiario das axudas en relación coas actuacións subvencionadas e do xeito indicado no artigo 19.1.d), en canto á mención expresa das axudas recibidas, emblemas e logos conforme a identidade corporativa da Xunta de Galicia e, no caso das actuacións cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, cartel informativo, por calquera medio de publicidade que utilice a entidade beneficiaria.
O incumprimento das obrigas establecidas no artigo 19.1 h) e i) implicará que a correspondente acción formativa se considere non realizada, agás no caso da establecida no artigo 19.1 h), cando se poida acreditar que a non comunicación en prazo se deba a causas imprevistas debidamente xustificadas e comunicadas no momento en que se produzan.
Suporá a perda dun 5 % non comunicar a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención, unha vez recalculada e descontado o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.
No caso de condicións que constitúan obrigas que o beneficiario debe acreditar en fase de xustificación, estas deberán xustificarse en todo caso para poder proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada neste punto só resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso en que se detecten en controis posteriores ao pagamento algún incumprimento relativo a esas obrigas.
3. No caso particular das actuacións establecidas no artigo 4.1.b) 2º e 3º (axudas cofinanciadas polo FSE+), procederá o reintegro do 10 % no caso de incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude doutras axudas incompatibles. Igualmente, procederá o reintegro do 100 % do importe da subvención percibida máis xuros de demora, sen prexuízo das sancións que poidan corresponder, polo incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a obtención doutras axudas incompatibles.
4. As cantidades que teñan que reintegrar as entidades beneficiarias terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para a súa cobranza o previsto no artigo 14.4. do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e na normativa comunitaria de aplicación.
5. Ás entidades beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e na súa normativa de desenvolvemento.
6. De conformidade co previsto no artigo 64 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, o beneficiario poderá realizar devolución voluntaria de cantidades indebidamente percibidas mediante ingreso na conta habilitada da Facenda pública galega. O importe da devolución incluirá os xuros de demora. No documento de ingreso deberá identificarse o número do expediente, o concepto da devolución, e o nome e NIF do beneficiario. Unha vez ingresado deberase informar a Dirección Xeral de Inclusión Social da devolución voluntaria realizada.
Artigo 26. Transparencia e bo goberno
1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidades das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.
Artigo 27. Control
1. A Consellería de Política Social e Igualdade poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das axudas reguladas nesta orde.
2. Sen prexuízo do indicado no punto anterior, a Consellería de Política Social e Igualdade realizará, ben con persoal propio ou a través de empresas auditoras, actuacións de comprobación e control para verificar sobre o terreo o cumprimento das condicións para a percepción das axudas. As comprobacións incidirán sobre todos aqueles aspectos que garantan a realización dos compromisos adquiridos e o cumprimento dos requisitos fixados nesta orde. O persoal encargado da verificación levantará acta da actuación de control, que asinará a entidade á cal se lle entregará unha copia, e presentaralla ao órgano competente da Dirección Xeral de Inclusión Social xunto co informe de verificación. A entidade queda obrigada a facilitarlle ao persoal designado copia da documentación que se lle solicite relativa ao expediente obxecto de control.
3. Ademais do anterior, todas as axudas estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e a súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.
4. No caso das actuacións establecidas no artigo 4.1.b) 2º e 3º (axudas cofinanciadas polo FSE+), estarán sometidas ás actuacións de comprobación e control, debendo facilitar toda a información requirida polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 74 a 80 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, que incluirán as correspondentes visitas sobre o terreo, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas, e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.
5. Por outra parte, de conformidade co previsto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase a información necesaria á Base de datos nacional de subvencións.
Disposición adicional primeira. Delegación de competencias
Autorízase expresamente a persoa titular da Dirección Xeral de Inclusión Social a actuar por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar e dispoñer gastos, o recoñecemento das obrigas e a proposta de pagamentos, en relación co disposto no artigo 73 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.
Disposición adicional segunda. Medida contra o fraude
Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto e nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 3 de abril, do citado servizo, no seguinte enderezo https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/snca/Paginas/ComunicacionSNCA.aspx
En canto non se habilite outra canle específica para o Programa FSE+ Galicia 2021-2027, os devanditos feitos poderán poñerse en coñecemento a través de:
http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e fondos/periodo-comunitario-2021-2027/medidas-antifraude/snca-olaf
Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento da orde
Autorízase a persoa titular do órgano de dirección con competencias en materia de inclusión social da Consellería de Política Social e Igualdade para ditar os actos e instrucións que sexan necesarios para o desenvolvemento e a execución desta orde.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2025
Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade

