Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2025 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 3.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, e en colaboración coas universidades do Sistema universitario de Galicia,
RESOLVO:
Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2025
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO I
Bases
Primeira. Requisitos dos participantes
1. Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.
2. Para as actividades impartidas nunha modalidade que inclúe teleformación e/ou telepresenza, as persoas interesadas deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:
– Un computador con conexión á internet.
– Un navegador web actualizado.
– O software correspondente a cada actividade indicado no anexo II desta resolución.
Para as actividades impartidas na modalidade de telepresenza contarán ademais cun manual de usuario na ligazón https://egap.xunta.gal/ecloud/index.php/s/ZKijmeiZ5ypS3jd, onde se explica como acceder á plataforma de telepresenza e se describen os compoñentes que o equipamento necesita para un funcionamento básico da plataforma.
Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación
Os cursos realizaranse cos requirimentos, duración e condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.
Terceira. Solicitudes e prazos
1. O prazo de presentación de solicitudes principiará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 16 de xuño de 2025.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
3. O número máximo de cursos que se pode solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.
4. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións telepresenciais das actividades. Cando o/a alumno/a teña coñecemento de que foi seleccionado/a para un curso que teña coincidencia horaria nunha o varias sesións telepresenciais con outro en que xa foi seleccionado/a debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade que se realizaron simultaneamente varias actividades, non se lle expedirá certificación de ningunha delas, e pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.
6. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
7. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.
8. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) de acordo cos criterios de selección poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario, só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.
9. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54, 981 54 63 35, 981 54 62 53, 981 54 62 73 e 881 99 70 44 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal> en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).
Cuarta. Protección de datos persoais e comprobación de datos
1. Os datos persoais proporcionados polas persoas interesadas para a xestión das solicitudes de participación nas accións formativas convocadas a través desta resolución, así como aqueles outros que se recollan ou elaboren con motivo do desenvolvemento desta, serán tratados pola EGAP na súa condición de responsable do tratamento, coa finalidade de levar a cabo a selección do alumnado, a impartición da formación e a xestión xeral desta.
A lexitimación para o tratamento dos datos é o cumprimento dunha misión realizada en interese público conforme o disposto no artigo 6.1.e) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD), con base no disposto na Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, e fundamentada nun interese público esencial (artigo 9.2.g) do RXPD). Os datos identificativos das persoas seleccionadas para participar nas anteditas accións formativas serán publicados conforme o detallado na base sexta desta resolución. Así mesmo, os datos dos alumnos e alumnas relativos á súa participación nesta acción formativa poderán ser comunicados aos órganos da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia cando sexa estritamente necesario para o exercicio das súas competencias.
As sesións dos cursos impartidos na modalidade de telepresenza serán gravadas coa finalidade de ofrecer ao alumnado a posibilidade do seu visionado posterior como material de estudo, así como para a resolución de posibles reclamacións. En todo caso, o alumnado, se o considera oportuno, poderá desactivar a súa cámara e/ou micrófono e participar a través do chat de acordo coas indicacións da persoa docente. As devanditas gravacións conservaranse á disposición do alumnado e profesorado durante o tempo que dure a acción formativa ou, se é o caso, ata que finalice a avaliación do alumnado. A retransmisión das sesións formativas, e a gravación destas, poderá ser accesible unicamente ao profesorado e alumnado a que van dirixidas e ao persoal da EGAP autorizado.
Prohíbese expresamente a descarga, a difusión, a distribución ou a divulgación das gravacións e, particularmente, a súa compartición en redes sociais, xa que estes usos poden conculcar o dereito á protección de datos, o dereito á propia imaxe e os dereitos de propiedade intelectual, e poderían xerar responsabilidade disciplinaria, administrativa ou civil. As gravacións non poderán ser usadas para outros fins fóra do ámbito docente.
As persoas interesadas poderán solicitar ante a persoa responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento por motivos relacionados coa súa situación particular, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos
2. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar ademais unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón a través do seguinte enderezo electrónico: xestion.egap@xunta.gal
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración a través do seguinte enderezo electrónico xestion.egap@xunta.gal
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
5. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.
Quinta. Criterios de selección
1. Os criterios de selección que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública, do 10 de maio de 2023 (DOG núm. 96, do 23 de maio), corrección de erros (DOG núm. 130, do 10 de xullo, e DOG núm. 148, do 4 de agosto), sen prexuízo dos criterios específicos establecidos no epígrafe Persoal destinatario de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución.
Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2025, segundo a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 21 de xaneiro (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), comezarase pola letra F.
2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.
Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado
A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Sétima. Cambios ou substitucións na selección. A renuncia. A asistencia e o seguimento das actividades formativas. Probas de avaliación
1. En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.
2. A renuncia.
a) As persoas seleccionadas poderán renunciar á actividade formativa. A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.
Para formalizar a renuncia poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.
O prazo para presentar escrito de renuncia iniciarase a partir da publicación da listaxe de persoas admitidas, en reserva e excluídas, e finalizará tres días antes do inicio da actividade formativa.
b) As persoas que incumpran o prazo previsto pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade, agás que a renuncia teña algunha das seguintes causas:
1º. Por causa de forza maior suficientemente acreditada.
2º. Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.
3º. Por razóns de conciliación familiar.
4º. Por outras causas xustificadas documentalmente.
O feito de non contar co software correspondente a cada actividade indicado no anexo II desta resolución non se considerará causa xustificada para renunciar fóra de prazo á actividade formativa.
3. A asistencia e o seguimento das actividades formativas:
3.1. Seguimento das actividades presenciais e telepresenciais:
a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.
b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.
c) As faltas de asistencia:
1º. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais ou telepresenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.
2º. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais ou telepresenciais pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
3.2. Seguimento das actividades de teleformación:
As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
3.3. Seguimento das actividades de modalidade mixta (teleformación e telepresencial/presencial).
a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.
b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.
c) As faltas de asistencia:
1º. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas presenciais e/ou telepresenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.
2º. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
4. Probas de avaliación:
É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. En ningún caso se admitirán cambios na asignación de quendas das probas, excepto que concorra algunha das causas recollidas no número 2.b) da base sétima.
Nas probas de avaliación en liña , cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.
As persoas que non se presenten ás probas na quenda asignada perderán o dereito ao certificado de superación da proba.
Oitava. Superación da actividade
a) Para poder superar as actividades de telepresenza, o alumnado deberá superar as probas de avaliación que para os efectos se establezan. As probas desenvolveranse con carácter xeral na modalidade en liña.
b) Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:
– A adecuada realización de todas as actividades que a titoría propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final que se realizará en liña.
– A superación das probas de avaliación que para os efectos se establezan.
Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas e o horario en que estas terán lugar. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e do horario da proba final.
Novena. Certificados
Para a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.
Décima. Facultades da EGAP
1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.
2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.
3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso no que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.
4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da Escola.
5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.
ANEXO II
|
Código |
Denominación |
Persoal destinatario |
Prazas |
Horas |
Modalidade |
Data de inicio |
Data de remate |
Data e horario do exame |
|
Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa |
||||||||
|
UN25003 |
Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais |
Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) |
50 |
30 |
Teleformación |
15.9.2025 |
15.10.2025 |
20.10.2025 ás 17.30 h |
|
UN25003 |
Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais |
Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) |
50 |
30 |
Teleformación |
22.10.2025 |
21.11.2025 |
26.11.2025 ás 17.30 h |
|
UN25004 |
Seguridade da información no ámbito das universidades públicas |
Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) |
50 |
30 |
Teleformación |
15.9.2025 |
15.10.2025 |
20.10.2025 ás 18.00 h |
|
UN25004 |
Seguridade da información no ámbito das universidades públicas |
Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) |
50 |
30 |
Teleformación |
22.10.2025 |
21.11.2025 |
26.11.2025 ás 17.00 h |
|
UN25005 |
Creación e edición de arquivos dixitais con Acrobat XI Pro |
Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) |
50 |
25 |
Teleformación |
27.10.2025 |
21.11.2025 |
26.11.2025 ás 19.00 h |
|
UN25006 |
Intelixencia artificial aplicada ao posto de traballo |
Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) |
35 |
30 |
Teleformación + Telepresenza |
15.9.2025 Telepresenza: 22 e 29 de setembro Horario: 17.00 a 19.00 h |
15.10.2025 |
21.10.2025 ás 17.00 h |
|
UN25017 |
Dixitalización de documentos |
Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) |
50 |
25 |
Teleformación |
20.10.2025 |
14.11.2025 |
19.11.2025 ás 17.00 h |
|
Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades |
||||||||
|
UN25013 |
Autoxestión emocional e saúde mental no traballo |
Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) |
50 |
30 |
Teleformación |
23.10.2025 |
24.11.2025 |
27.11.2025 ás 17.00 h |
|
UN25016 |
Como empregar metodoloxías áxiles no meu posto de traballo |
Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) |
25 |
12 |
Telepresenza |
16.9.2025 Martes: 16, 23, 30 de setembro e 7 de outubro Horario: 16.30 a 19.30 h |
7.10.2025 |
7.10.2025 ás 19.00 h |
|
UN25018 |
Xestión do estrés nas dinámicas laborais |
Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) |
50 |
20 |
Teleformación |
7.10.2025 |
27.10.2025 |
30.10.2025 ás 17.30 h |
|
UN25020 |
Prevención e xestión de conflitos |
Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) |
50 |
25 |
Teleformación |
22.10.2025 |
17.11.2025 |
20.11.2025 ás 17.00 h |
|
UN25021 |
Técnicas efectivas para preparar presentacións |
Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) |
50 |
20 |
Teleformación |
21.10.2025 |
10.11.2025 |
14.11.2025 ás 19.00 h |
|
UN25022 |
Organización e simplificación do traballo administrativo |
Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) |
50 |
12 |
Teleformación |
24.9.2025 |
6.10.2025 |
10.10.2025 ás 18.00 h |
|
Lingua galega |
||||||||
|
UN25011 |
A normativa do galego estándar: actualización gramatical, ortográfica e léxica |
Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) |
30 |
40 |
Teleformación + Telepresenza |
22.9.2025 Telepresenza: 23, 25 e 30 de setembro e 2, 7, 9, 14 e 16 de outubro Horario 16.30 a 18.30 h |
21.10.2025 |
24.10.2025 ás 18.30 h |
|
Réxime xurídico e actividade contable das administracións públicas |
||||||||
|
UN25015 |
Asociacións sen ánimo de lucro e fundacións de interese galego |
Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) |
50 |
30 |
Teleformación |
13.10.2025 |
13.11.2025 |
18.11.2025 ás 17.00 h |
|
UN25019 |
Os contratos do sector público |
Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) |
50 |
30 |
Teleformación |
23.9.2025 |
23.10.2025 |
28.10.2025 ás 17.00 h |
|
UN25023 |
Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia |
Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) |
50 |
20 |
Teleformación |
20.10.2025 |
10.11.2025 |
14.11.2025 ás 18.30 h |
|
UN25024 |
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas |
Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) |
50 |
25 |
Teleformación |
20.10.2025 |
13.11.2025 |
19.11.2025 ás 19.30 h |
|
UN25025 |
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público |
Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) |
50 |
25 |
Teleformación |
27.10.2025 |
21.11.2025 |
26.11.2025 ás 18.00 h |
|
Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas |
||||||||
|
UN25007 |
A accesibilidade universal |
Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) |
50 |
30 |
Teleformación |
9.10.2025 |
9.11.2025 |
13.11.2025 ás 17.00 h |
|
UN25008 |
A Lei da ciencia, a tecnoloxía e a innovación |
Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) |
50 |
20 |
Teleformación |
25.9.2025 |
21.10.2025 |
24.10.2025 ás 17.30 h |
|
UN25009 |
A regulación da intelixencia artificial na Administración pública |
Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) |
50 |
25 |
Teleformación |
15.9.2025 |
10.10.2025 |
15.10.2025 ás 17.00 h |
|
UN25010 |
A responsabilidade do persoal empregado público |
Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) |
50 |
22 |
Teleformación |
8.9.2025 |
29.9.2025 |
3.10.2025 ás 16.30 h |
|
UN25012 |
A xestión do mecanismo de recuperación e resiliencia e os plans de prevención da fraude, a corrupción e o conflito de intereses |
Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) |
50 |
20 |
Teleformación |
1.10.2025 |
21.10.2025 |
24.10.2025 ás 18.00 h |
|
UN25014 |
Boas prácticas ambientais nas administracións públicas |
Persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) |
50 |
30 |
Teleformación |
7.10.2025 |
6.11.2025 |
12.11.2025 ás 17.30 h |
