Segundo o artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, os artigos 9 e 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, o artigo 16.1.c) do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e atendendo ás designacións formalizadas pola Confederación Galega de Anpas (Congapa), pola Confederación Galega de Anpas de Centros Públicos (Confapa-Galicia), pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e por Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO. de Galicia), por proposta do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vinte e seis de maio de dous mil vinte e cinco,
DISPOÑO:
Artigo 1. Cesamentos
Que cesen como membros do Consello Escolar de Galicia as seguintes persoas:
1º. En representación das confederacións de asociacións de nais e pais do alumnado, por proposta da Confederación Galega de Anpas:
Patricia Pérez Marín.
2º. En representación das confederacións de asociacións de nais e pais do alumnado, por proposta da Confederación Galega de Anpas de Centros Públicos:
María Dores Blanco Sanguiñedo.
3º. En representación da Administración local, por proposta da Federación Galega de Municipios e Provincias:
Julio Álvarez Núñez.
César Longo Queijo.
Diego Fernández Nogueira.
4º. En representación das centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñen a consideración de máis representativas en Galicia, por proposta de Comisións Obreiras de Galicia:
José Manuel Fuentes Fariña.
5º. En representación do profesorado nos niveis educativos correspondentes ao ámbito de ensino non universitario de Galicia, por proposta de Comisións Obreiras de Galicia:
Ensino público:
María Luz López Pérez.
Artigo 2. Nomeamentos
Noméanse membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas no articulado da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, as seguintes persoas:
1º. En representación das confederacións de asociacións de nais e pais do alumnado, por proposta da Confederación Galega de Anpas:
Mario Fernández Fernández.
2º. En representación das confederacións de asociacións de nais e pais do alumnado, por proposta da Confederación Galega de Anpas de Centros Públicos:
María José Ferreño Precedo.
3º. En representación da Administración local, por proposta da Federación Galega de Municipios e Provincias:
Ovidio Rodeiro Tato.
César Manuel Fernández Gil.
María Pilar Ramallo Vázquez.
4º. En representación das centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñen a consideración de máis representativas en Galicia, por proposta de Comisións Obreiras de Galicia:
Noelia Sánchez Vaamonde.
5º. En representación do profesorado nos niveis educativos correspondentes ao ámbito de ensino non universitario de Galicia, por proposta de Comisións Obreiras de Galicia:
Ensino público:
Borja Campos Seijo.
O mandato dos novos membros será polo tempo que resta para completar o mandato da representatividade que exercen.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, vinte e seis de maio de dous mil vinte e cinco
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
