DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2025 Páx. 32458

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai pública a concesión dos premios á cooperación 2025 (código de procedemento TR802Q).

Mediante a Orde do 23 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino e os premios á cooperación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025, publicada no DOG núm. 21, do 31 de xaneiro de 2025, establecéronse as bases reguladoras dos premios á cooperación 2025.

Nestas bases reguladoras estableceuse que a Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas actuará como tribunal e que a persoa titular da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social resolverá a concesión dos premios, que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez emitida a proposta de concesión dos premios pola Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas, na súa reunión do 26 de maio de 2025, mediante a Resolución da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, do 27 de maio de 2025, aprobouse a concesión dos premios.

Por todo o anterior,

DISPOÑO:

Facer pública a concesión dos premios á cooperación 2025 ás entidades que se indican a continuación:

• Premio aos valores cooperativos para Rexenerando, Sociedade Cooperativa Galega.

• Premio ao mellor proxecto cooperativo novo para Illa Bufarda, Sociedade Cooperativa Galega.

• Premio á traxectoria cooperativa para Lemos, Sociedade Cooperativa Galega.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025

Marta Mariño Regueiro
Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social