BDNS (Identif.): 834398.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/834398
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/834395 (minimis)
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/ 834397 (minimis)
Os códigos asignados por la BDNS corresponden a un mesmo texto da convocatoria.
Primeiro. Entidades beneficiarias
As cooperativas e sociedades laborais creadas nos tres anos anteriores á data da presentación da solicitude, que xurdan dalgún dos procesos regulados no punto 1 do artigo 5 da orde e, ademais, cumpran os requisitos regulados nos puntos 2 e 3 do mesmo artigo.
Segundo. Obxecto e finalidade
Apoiar a creación de cooperativas e sociedades laborais, por parte de persoas traballadoras de entidades con negocios en crise ou sen remuda xeracional, por parte de persoas traballadoras autónomas ou mediante a transformación de todo tipo de sociedades, incluídas as cooperativas xuvenís.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 16 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais e se procede a súa convocatoria para a anualidade 2025 (código de procedemento TR802R).
Cuarto. Contía
O orzamento total ascende a dous millóns trescentos setenta mil euros (2.370.000 €), distribuído en dúas aplicacións orzamentarias:
|
Aplicación orzamentaria |
Código do proxecto |
2025 |
Importe total |
|
14.04.324C.471.0 |
2021.0067 |
570.000,00 € |
570.000,00 € |
|
14.04.324C.771.0 |
2021.0067 |
1.800.000,00 € |
1.800.000,00 € |
|
Total |
2.370.000,00 € |
2.370.000,00 € |
|
A contía da axuda será equivalente ao 80 % do custo total dos gastos subvencionables para o caso de sociedades laborais e cooperativas constituídas por ausencia de remuda xeracional, previsto no artigo 5.1.a) e será equivalente ao 60 % do custo total dos gastos subvencionables para os casos de sociedades laborais e cooperativas constituídas por persoas autónomas ou por transformación doutras entidades, previstos no artigo 5.1.b) e 5.1.c). Nestes casos previstos nos artigos 5.1.a); 5.1.b) e 5.1.c), a contía da axuda polos conceptos subvencionables do artigo 6 terá os límites establecidos no artigo 7.1.
As axudas poden incrementarse no caso de que as entidades beneficiarias cumpran algunha das condicións reguladas no artigo 7.2 da orde.
En todo caso, a axuda total para cada entidade beneficiaria polos conceptos recollidos nos puntos 1 e 2 do artigo 7 da orde non poderá exceder os 46.000 euros.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes comezará o oitavo día hábil posterior ao día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de setembro de 2025, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
Santiago de Compostela, 16 de maio de 2025
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
