DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2025 Páx. 32668

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica a Resolución do 30 de maio de 2025 de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (programa Xuventude Mentoring na Empresa) (código de procedemento BS324D).

No Diario Oficial de Galicia número 20, do 30 de xaneiro de 2025, publicouse a Orde do 8 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (programa Xuventude Mentoring na Empresa) (código de procedemento BS324D).

Mediante a Resolución do 10 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Xuventude, publicouse a Resolución do 9 de abril de 2025, de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (programa Xuventude Mentoring na Empresa) (código de procedemento BS324D) (Diario Oficial de Galicia número 77, do 23 de abril).

A Orde do 10 de abril de 2025 modificou a Orde do 8 de xaneiro de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 77, do 23 de abril) en previsión da existencia de remanente nunha das aplicacións orzamentarias e coa finalidade de favorecer a posta en marcha do máximo de programas de estadías formativas e incrementar as posibilidades de inserción laboral das persoas mozas, modificando as datas límite de realización de novas propostas de resolución, de finalización das estadías formativas, así como do período de subvencionabilidade e de xustificación da subvención concedida só para aquelas entidades en lista de agarda que puidesen resultar adxudicatarias nunha nova proposta de resolución.

O artigo 8 da Orde do 8 de xaneiro de 2025 establece a distribución inicial de créditos do seguinte xeito por aplicación:

a) 455.684,22 euros con cargo á aplicación orzamentaria 2025 13 05 313A 460.0 (código de proxecto 2023 00133) para o cofinanciamento de programas de estadías formativas en Galicia vinculadas a sectores estratéxicos presentadas por concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas.

b) 815.611,50 euros con cargo á aplicación orzamentaria 2025 13 05 313A 4810 (código de proxecto 2023 00133) para o cofinanciamento de programas de estadías formativas en Galicia vinculadas a sectores estratéxicos presentadas por entidades privadas sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia.

O punto 4 do artigo 8 da mesma orde dispón que os importes de cada aplicación poderán ser incrementados ou minorados como consecuencia da asignación ou da redistribución ou transferencias de crédito entre ambas as aplicacións de fondos destinados ao financiamento dos programas do Sistema nacional de garantía xuvenil, nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para iso, é necesario o informe favorable previo da modificación orzamentaria por parte do organismo intermedio do programa FSE+ Galicia 2021-2027, actualmente a Dirección Xeral de Cohesión e Fondos Europeos.

O día 30 de maio de 2025 publícase a Resolución do 26 de maio de 2025 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios recollidos na Orde do 8 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en empresas ou entidades vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (programa Xuventude Mentoring na Empresa) (código de procedemento BS324D) (Diario Oficial de Galicia núm. 102, do 30 de maio).

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 30 de maio de 2025, de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (programa Xuventude Mentoring na Empresa) (código de procedemento BS324D) que se incorpora como anexo a esta resolución.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 30 de maio de 2025 pon fin a este procedemento e esgota a vía administrativa. Contra ela poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2025

Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude

ANEXO

Resolución do 30 de maio de 2025 de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (programa Xuventude Mentoring na Empresa) (código de procedemento BS324D).

Vista a proposta de Resolución do 27 de maio de 2025 de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas rexistradas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (programa Xuventude Mentoring na empresa) (código de procedemento BS324D) (Diario Oficial de Galicia núm. 20, do 30 de xaneiro de 2025), tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias, e atribuída a competencia para resolver, por delegación da persoa titular da consellería competente en materia de xuventude, segundo o disposto no artigo 19 e na disposición adicional segunda da orde de convocatoria, e tendo en conta, así mesmo, as disposicións adicionais segunda e terceira do Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, así como o Decreto 120/2024, do 29 de abril,

Antecedentes de feito:

1. O 30 de xaneiro de 2025 publícase no Diario Oficial de Galicia núm. 20 a Orde do 8 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en empresas ou entidades vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (programa Xuventude Mentoring na Empresa) (código de procedemento BS324D).

Esta orde ten por obxecto establecer o procedemento de concesión de subvencións para a posta en marcha de programas de estadías formativas para persoas mozas en empresas ou entidades públicas ou privadas, vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia.

2. O día 23 de abril de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 77, a Resolución do 10 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica a Resolución do 9 de abril de 2025, de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (programa Xuventude Mentoring na Empresa) (código de procedemento BS324D).

De conformidade coa dita resolución resultaron beneficiarias 8 entidades sen ánimo de lucro e 1 concello e conformouse unha lista de agarda por orde de puntuación integrada por 9 entidades sen ánimo de lucro.

3. O mesmo día 23 de abril de 2025 publicouse, no Diario Oficial de Galicia núm. 77, a Orde do 10 de abril de 2025 pola que se modifica a Orde do 8 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en empresas ou entidades vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, dirixidas ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (programa Xuventude Mentoring na Empresa) (código de procedemento BS324D).

4. De conformidade coa Resolución do 10 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica a Resolución do 9 de abril de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 77, do 23 de abril), concédese a subvención a un único concello de xeito que existe un remanente por unha contía de 355.684,22 € na aplicación orzamentaria 2025 13 05 313A 460.0 destinada ao cofinanciamento de programas de estadías formativas en Galicia vinculadas a sectores estratéxicos presentadas por concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas.

Coa finalidade de beneficiar o maior número de entidades posible e, dado que existe unha lista de agarda de entidades ordenada por puntuación, solicítase o inicio do expediente para a modificación orzamentaria que permitirá a redistribución do crédito remanente na aplicación orzamentaria 13 05 313A 460.0 destinada ao cofinanciamento de programas de estadías formativas en Galicia vinculadas a sectores estratéxicos presentadas por concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas, á aplicación orzamentaria 13 05 313A 481.0 destinada ao cofinanciamento de programas de estadías formativas en Galicia vinculadas a sectores estratéxicos presentadas por entidades sen ánimo de lucro na que existe un remanente de 81.974,4 € logo da concesión das subvencións a 8 entidades sen ánimo de lucro para a realización dos programas de estadías formativas.

5. Mediante Resolución do 26 de maio de 2025 apróbase a redistribución dos créditos e, de conformidade co anterior, o órgano instrutor elevar unha nova proposta de resolución, segundo a lista de espera existente e a dispoñibilidade orzamentaria, logo da redistribución de créditos (anexo I desta resolución).

Fundamentos xurídicos:

1. A Orde do 8 de xaneiro de 2025 establece as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en empresas ou entidades vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (programa Xuventude Mentoring na Empresa) (código de procedemento BS324D).

Esta orde ten por obxecto establecer o procedemento de concesión de subvencións para a posta en marcha de programas de estadías formativas para persoas mozas en empresas ou entidades públicas ou privadas, vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia (programa Xuventude Mentoring na empresa 2025).

Estas axudas estarán cofinanciadas nunha porcentaxe do 60 % pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027, obxectivo político: 4. Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais; prioridade: 5. Emprego xuvenil; obxectivo específico: ESO4.1. Mellorar o acceso ao emprego e a medidas de activación de todos os demandantes de emprego, e, en particular das persoas mozas, especialmente a través da aplicación da Garantía Xuvenil, dos desempregados de longa duración e dos grupos desfavorecidos no mercado laboral, e das persoas inactivas, así como mediante a promoción do emprego por conta propia e a economía social; medida 5.A.05. Prácticas formativas en países europeos ou en Galicia.

2. Para o financiamento destas subvencións, existe crédito suficiente e adecuado na Lei 4/2024, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, cunha contía total de 1.271.295,72 euros (código de proxecto 2023 00133).

A distribución inicial de créditos fixouse do seguinte xeito por aplicación:

a) Con cargo á aplicación orzamentaria 2025 13 05 313A 460.0 (código de proxecto 2023 00133) para o cofinanciamento de programas de estadías formativas en Galicia vinculadas a sectores estratéxicos presentadas por concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas:

• 455.684,22 euros.

b) Con cargo á aplicación orzamentaria 2025 13 05 313A 481.0 (código de proxecto 2023 00133) para o cofinanciamento de programas de estadías formativas en Galicia vinculadas a sectores estratéxicos presentadas por entidades privadas sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia:

• 815.611,50 euros.

En todo caso, o importe máximo da axuda que se vai conceder a cada entidade beneficiaria establécese en 100.000 €.

3. Segundo o artigo 19 da Orde do 8 de xaneiro de 2025, a concesión da axuda efectuarase consonte a orde de prelación establecida no informe da comisión de avaliación ata esgotar o crédito orzamentario correspondente. Así mesmo, as entidades que non sexan propostas como adxudicatarias inicialmente, por esgotarse o crédito orzamentario correspondente, pasarán a conformar unha listaxe de agarda, que formará igualmente parte da proposta de resolución, coa finalidade prevista no número 2 do artigo 21.

4. O órgano instrutor, con base no informe da comisión cualificadora, tendo en conta as bases da convocatoria, elevou a súa proposta de concesión de subvencións ao órgano encargado de resolver este procedemento.

5. O día 23 de abril de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 77, a Resolución do 10 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica a Resolución do 9 de abril de 2025 de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (programa Xuventude Mentoring na Empresa) (código de procedemento BS324D).

6. O mesmo día 23 de abril de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 77, a Orde do 10 de abril de 2025 pola que se modifica a Orde do 8 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en empresas ou entidades vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, dirixidas ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (programa Xuventude Mentoring na Empresa) (código de procedemento BS324D).

Mediante esta orde e, en previsión da existencia de remanente nunha das aplicacións orzamentarias, e coa finalidade de favorecer a posta en marcha do máximo de programas de estadías formativas e incrementar as posibilidades de inserción laboral das persoas mozas, modifícanse as datas límite de realización de novas propostas de resolución ata o 1 de xullo de 2025, de finalización das estadías formativas ata o 30 de novembro de 2025, así como do período de subvencionabilidade e de xustificación da subvención concedida ata o 15 de decembro de 2025, en todos os casos só para aquelas entidades en lista de agarda que poidan resultar adxudicatarias nunha nova proposta de resolución.

7. O punto 4 do artigo 8 da Orde do 8 de xaneiro de 2025 establece que os importes de cada aplicación poderán ser incrementados ou minorados como consecuencia da asignación ou da redistribución ou transferencias de crédito entre ambas as aplicacións de fondos destinados ao financiamento dos programas do Sistema nacional de garantía xuvenil, nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para iso, é necesario o informe favorable previo da modificación orzamentaria por parte do organismo intermedio do programa FSE+ Galicia 2021-2027, actualmente a Dirección Xeral de Cohesión e Fondos Europeos.

Así mesmo, no punto segundo do artigo 21 establécese que, no caso de producirse renuncias ou revogacións das subvencións concedidas, o órgano instrutor poderá realizar novas propostas de resolución de concesión para as entidades incluídas na antedita lista, con atención rigorosa á orde da puntuación establecida nela, e sempre que exista crédito axeitado e suficiente e que, nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, no suposto de ampliación do crédito e ata o límite do crédito dispoñible, o órgano instrutor poderá propoñer novas concesións de subvencións á solicitude ou solicitudes seguintes na orde de puntuación. Finalmente, o punto terceiro do mesmo artigo, logo da modificación da orde, determina que non se poderán realizar novas propostas de resolución a partir do 1 de xullo de 2025.

8. O órgano instrutor, de conformidade co anteriormente exposto e tendo en conta as bases da convocatoria, elevou unha nova proposta de concesión de subvencións ao órgano encargado de resolver este procedemento.

9. Correspóndelle á persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, logo da proposta do órgano instrutor e da fiscalización pola Intervención, a competencia para a adxudicación das axudas mediante a correspondente resolución.

10. Os gastos subvencionables recóllense no artigo 7 da Orde do 8 de xaneiro de 2025.

11. A aceptación desta subvención podería implicar a súa aparición na lista de operacións que se publique nos termos establecidos no artigo 49.3 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello do 24 de xuño de 2021.

As subvencións concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas no artigo 26 da Orde do 8 de xaneiro de 2025 (recollidas no anexo II desta resolución).

12. A xustificación da subvención realizarase de conformidade co previsto no artigo 24 da Orde do 8 de xaneiro de 2025, modificado pola Orde do 10 de abril de 2025, e no disposto no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 44 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 6 da Orde TES/106/2024, do 8 de febreiro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo Plus durante o período de programación 2021-2027.

A xustificación da subvención para as entidades que resulten adxudicatarias nunha nova proposta de resolución realizarase con data límite do 15 de decembro de 2025, para o cal se achegará a documentación recollida no artigo 24.4 da orde de convocatoria.

Unha vez recibida e comprobada a documentación xustificativa, poderase proceder ao pagamento da subvención concedida. No caso de que o gasto xustificado sexa inferior ao orzamento da subvención e no caso de incumprimento de obrigas, a contía da subvención será minorada de maneira proporcional e seguindo os criterios sinalados no artigo 27.

13. Poderanse realizar pagamentos anticipados e á conta da subvención concedida, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, no artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia e nesta convocatoria.

Poderase solicitar un anticipo de ata o 80 % do importe concedido. En todo caso, os gastos imputados con cargo aos anticipos deberán xustificarse antes do 15 de decembro de 2025 para as entidades que resulten adxudicatarias nunha nova proposta de resolución.

Non poderán realizarse pagamentos da subvención, de acordo co artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, en canto a entidade beneficiaria non se esta ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, teña pendente de pagamento algunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedora por procedencia de reintegro.

14. Toda alteración das condicións que se tiveron en conta para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

De conformidade co anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder ás entidades sen ánimo de lucro que se relacionan no anexo I desta resolución as subvencións convocadas na dita orde de convocatoria con cargo á aplicación orzamentaria 2025 13 05 313A 481.0.

Segundo. A efectividade desta resolución está condicionada a que a entidade beneficiaria a acepte expresamente e concrete a/as entidade/s ou empresa/s de realización das estadías formativas, mediante a entrega da seguinte documentación, na forma sinalada no artigo 22, no prazo de dex (10) días hábiles, contados desde a dita publicación:

a) Anexo III cuberto no que acepta ou renuncia á subvención e no cal se incluirá:

– En caso de aceptar a subvención, o número de conta bancaria co código IBAN de que sexa titular a persoa beneficiaria.

– Se é o caso, a solicitude do anticipo previsto no artigo 25, marcando o recadro previsto para o efecto.

– O extracto da convocatoria do proceso selectivo das persoas mozas participantes, nos termos establecidos no artigo 23 da citada orde.

b) Sempre que non o presentasen xa con anterioridade, anexo/s IV ou compromiso da/das empresa/s ou entidade/s de estadías, asinado/s pola/s persoa/s responsable/s para a realización destas.

A non presentación dos anexos III (Renuncia ou aceptación da subvención) e IV (Acordo das entidades beneficiarias coas empresas/entidades para a realización das estadías formativas en Galicia vinculadas a sectores estratéxicos) en prazo e forma implica a declaración da perda do dereito á subvención, logo de resolución ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. As resolucións recaídas neste procedemento esgotan a vía administrativa, polo que, de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra elas poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que comezará a contar desde o día seguinte ao da súa notificación se esta for expresa. Se non o for, o prazo será de seis meses e contarase a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Malia o anterior, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da súa notificación, se esta for expresa. Se non o for, poderase interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2025.O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, P.D. (Orde do 8.1.2025; DOG núm. 20, do 30 de xaneiro), Lara del Carmen Meneses Álvarez, directora xeral de Xuventude.

ANEXO I

Relación de entidades sen ánimo de lucro beneficiarias

Nº de

orde

expediente

Nome

NIF

Puntuación total

Orzamento

total

1

2025/019

Valores Innovation

G70377585

90

100.000,00 €

2

2025/008

Cámara Oficial de Comercio Industria, Servizos, Navegación de Santiago de Compostela

Q1573004G

90

90.233,96 €

3

2025/007

Fundación Denis Suárez

G72541493

85

100.000,00 €

4

2025/006

Asociación de Empresarios del Deza

G36187169

85

100.000,00 €

ANEXO II

Obrigas da actividade subvencionada

1. As entidades beneficiarias, ademais de cumprir as restantes obrigas previstas nesta orde e as establecidas pola normativa aplicable con carácter xeral ás subvencións públicas, deberán:

a) Realizar as accións dos programas de estadías formativas para as cales se concede a subvención, de conformidade co establecido nesta orde e nas instrucións ou manuais que a desenvolvan.

b) Acreditar ante o órgano convocante a realización das actividades e o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión da subvención, achegando a documentación que lles sexa requirida co fin de comprobar o cumprimento das obrigas que derivan da dita concesión.

c) Someterse ás actuacións de control, comprobación e inspección efectuadas pola consellería competente en materia de xuventude; ás da Inspección de Traballo e Seguridade Social; ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión ou seguimento do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 nos termos establecidos no Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, que incorporarán as correspondentes visitas sobre o terreo; ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma; ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas; ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicarlle ao órgano convocante calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas persoas participantes e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Xustificar as melloras en recursos humanos respecto dos mínimos exixidos que foron obxecto de valoración para a aprobación do proxecto presentado.

f) Xustificar as melloras na formación complementaria das persoas mozas participantes que foron obxecto de valoración para a aprobación do proxecto presentado.

g) Comunicarlle ao órgano convocante, no prazo de tres (3) días seguintes desde que se produza o feito:

1º. A interrupción ou abandono das estadías, mediante un escrito motivado e asinado pola persoa participante.

2º. O cambio de empresa/entidade de estadías, mediante un escrito motivado.

h) Difundir a convocatoria do seu programa de estadías formativas para a selección de mozos e mozas publicamente e coa adecuada antelación a través da internet (páxinas web e/ou redes sociais, así como na páxina web (https://xuventude.xunta.gal), ou outros medios de difusión complementarios, de xeito que poidan ser coñecidas por todas as persoas potencialmente beneficiarias destas.

i) Buscar unha ou varias empresas ou entidades colaboradoras para a realización das estadías formativas en Galicia.

j) Dispor dos seguros médicos, de accidentes e de responsabilidade civil necesarios para dar cobertura ás persoas participantes nos programas de estadías formativas, desde o inicio ata a finalización destas.

k) Manter o contacto coa dirección xeral competente en materia de xuventude, durante todo o período de execución do programa subvencionado, en todas as súas fases, e ata un ano despois da súa finalización.

l) Asistir ás xornadas formativas, informativas e de networking ás cales sexan convocadas, durante o período de execución do programa subvencionado, e ata un ano despois da súa finalización.

ll) Satisfacer, no momento do seu vencemento, as obrigas económicas que deriven do funcionamento do proxecto subvencionado, especialmente as de carácter salarial, se as houber, con independencia de que se percibise con anterioridade a subvención concedida.

m) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa acreditada para cumprir as condicións da subvención.

2. Co fin de efectuar un seguimento adecuado da execución dos proxectos cofinanciados pola Unión Europea a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, mediante as subvencións establecidas nesta orde a entidade beneficiaria deberá someterse, segundo a normativa europea que resulte de aplicación, ao cumprimento das seguintes obrigas:

a) Respectar as normas de subvencionabilidade do gasto financiado polo FSE+ recollidas no Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, no Regulamento (UE) núm. 2021/1057 e na Orde TES/106/2024, do 8 de febreiro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo Plus durante o período de programación 2021-2027.

b) Cumprir coas medidas de visibilidade, transparencia e comunicación establecidas no Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021. En particular, de conformidade cos artigos 47 e 50 do devandito regulamento, todos os materiais de comunicación contarán co emblema da Unión Europea xunto coa declaración «Cofinanciado pola Unión Europea». Igualmente, nos lugares de realización da actuación informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a operación nun lugar ben visible para o público. Tamén se fará unha breve descrición da actuación na páxina web e nas contas nos medios sociais, no caso de dispoñer delas, mencionando os obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión Europea. Ademais, en todos os documentos e materiais de comunicación relacionados coa execución da actuación, destinados ao público ou ás persoas participantes, proporcionarase unha declaración que saliente a axuda da Unión Europea de xeito visible.

c) Así mesmo, as persoas contratadas e as persoas mozas participantes serán informadas de que o programa está cofinanciado pola Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Lingua e xuventude) e pola Unión Europea a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, así como da finalidade da subvención. Os emblemas deberán figurar, como mínimo, en todo o material e nos documentos que se utilicen ou entreguen ás usuarias ou participantes (incluídas as comunicacións).

d) Manter rexistros contables independentes ou empregar códigos de contabilidade apropiados para todas as transaccións relacionadas coa operación, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con fondos do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

e) Manter unha pista de auditoría suficiente, manter de forma separada na contabilidade o ingreso da axuda percibida e conservar todos os documentos xustificativos relacionados coa operación que reciba axuda do FSE+ durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que a autoridade de xestión do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 efectúe o último pagamento á entidade beneficiaria, nos termos establecidos no artigo 82 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello do 24 de xuño de 2021.

f) Realizar as actuacións precisas para recoller a información suficiente relativa ao desenvolvemento da prestación que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de realización e de resultados previstos no artigo 17 do Regulamento (UE) núm. 2021/1057 (de acordo co anexo IX).

Os indicadores de realización relativos a cada persoa participante refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do/da dito/a participante coa actuación cofinanciada e deberán intentar recollerse no primeiro día de incorporación da persoa moza contratada á entidade beneficiaria. Pola súa banda, os indicadores de resultado inmediato deberán referirse ao período comprendido entre o día posterior a finalización da súa vinculación coa operación e as catro semanas seguintes, e deberán estar compilados previamente á presentación da documentación xustificativa da correspondente subvención regulada no artigo 24 . Así mesmo, a Administración poderá requirir, en calquera momento, novos datos relativos á data en que se cumpran os seis meses desde que finalice a vinculación do participante coa actividade cofinanciada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.

Para estes efectos, facilitarase á entidade beneficiaria o acceso á aplicación Participa 2127 (https://participa2127.conselleriadefacenda.gal/Participa2127) e os oportunos cuestionarios, que terán que respectar o principio de integridade dos datos.

Para dar cumprimento a estes requisitos de información, as entidades beneficiarias deberán introducir os datos dos indicadores de realización e de resultados das persoas participantes na aplicación informática Participa 2127.

g) Someterse ás actuacións de comprobación e control e facilitar toda a información requirida polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 74 a 80 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, que incluirán as correspondentes visitas sobre o terreo, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas, e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.