BDNS (Identif.): 838887.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/838887
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas físicas e xurídicas titulares de explotacións gandeiras situadas en Galicia, con exclusión das administracións ou entidades do sector público, que cumpran os seguintes requisitos:
1. Ser titulares dunha explotación que estea inscrita no libro xenealóxico das razas autóctonas de Galicia indicadas no anexo I na data de finalización do prazo de solicitude.
No caso de que se produza un cambio de titularidade durante o transcurso do prazo de solicitude, a persoa que debe solicitar a axuda ao novo titular da explotación.
En caso de fusión de explotacións xa existentes, considerarase a data de inicio da actividade a do titular con maior antigüidade.
As persoas solicitantes deberán sinalar no anexo de solicitude a raza ou razas para as que solicita axuda.
2. Deberán estar ao día no pagamento das cotas establecidas pola asociación de criadores oficialmente designada para levar o libro xenealóxico.
3. Ser explotación colaboradora do programa de cría e cumprir coas obrigas do libro xenealóxico e do citado programa.
4. Que a explotación estea de alta no Rexistro de Explotacións Gandeiras de Galicia na data de finalización do prazo de solicitude.
5. Comunicar á súa asociación as incidencias de todos os animais incluídos no libro xenealóxico relacionadas coas anotacións nos rexistros xenealóxicos e no programa de cría.
6. Rexistrar as femias e os machos nados na súa explotación no libro xenealóxico da raza, cumprindo coas obrigacións que fixa a súa regulamentación.
7. Cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10.
8. Declarar no anexo II (anexo de solicitude) as axudas de minimis recibidas no período dos tres anos previos.
Segundo. Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas destinada a fomentar a recría de femias e machos das razas autóctonas de Galicia indicadas no anexo I da presente orde e proceder á súa convocatoria para o ano 2025.
Terceiro. Bases reguladoras
Estas axudas outorgaranse ao abeiro do disposto na Orde do 2 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a recría das razas autóctonas de ruminantes ameazadas de Galicia e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR536C).
Cuarto. Réxime das axudas
1. Estas axudas outorgaranse ao abeiro do disposto no Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE nº L 352, do 24.12.2013), modificado polo Regulamento (UE) nº 2024/3118 da Comisión, do 10 de decembro de 2024 (DOUE nº L 3118, do 13.12.2024), que quedarán condicionadas polo establecido na normativa comunitaria sobre esta materia.
O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 50.000 € durante calquera período de tres anos.
2. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que no seu artigo 19.2 establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario destinado para cada especie.
Quinto. Importe
1. A contía global destas axudas será, para o ano 2025 de trescentos noventa mil euros (390.000 €), con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. Destes, destinaranse 350.000 € para o pagamento das axudas ás persoas titulares das explotacións de gando bovino e 40.000 € para o pagamento das axudas ás persoas titulares das explotacións de gando ovino e cabrún.
Así mesmo, a distribución de fondos sinalada poderá axustarse segundo a evolución da concesión das axudas, á vista das solicitudes recibidas para cada especie e sempre sen incrementar o importe total.
2. Segundo o establecido no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o crédito dispoñible para o financiamento destas axudas poderá ampliarse, previamente á resolución do expediente, se existe unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou pola existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito, incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.
Sexto. Solicitudes e prazo de presentación das mesmas
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que figura como anexo II dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2025
Mª José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural
