DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2025 Páx. 33071

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira.

Mediante o Decreto 2025-0170, do 4 de xuño, unha vez rematado o pertinente proceso selectivo, nomeouse a Ana María Rebolo Varela, con DNI **203*, para ocupar a praza de técnico de xestión, escala da Administración xeral, subescala de xestión, grupo A, subgrupo A2, ao superar o proceso selectivo de promoción interna (OPE 2022).

O que se fai público en cumprimento do artigo 60.e) da Lei 2/2015.

Sarria, 4 de xuño de 2025

Claudio Melquíades Garrido Martínez
Alcalde