De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
|
Data da acta de inspección |
Ref. catastral |
Localización/Polígono/Parcela |
Persoa responsable |
|
24.1.2025 |
36041A010004560000OU |
Esqueiro. Poio/Pol. 10, Parcela 456 |
Diego Martínez Alarcón Lucía Martínez Alarcón David Martínez Alarcón |
|
24.1.2025 |
36041A010002410000OY |
Lomba. Poio/Pol. 10, Parcela 486 |
Diego Martínez Alarcón Lucía Martínez Alarcón David Martínez Alarcón |
1º. En virtude do que antecede, comunícaselles que na acta de inspección referenciada se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada de 3.545,82 euros por hectárea, para os traballos de corta polo pé, tronza, empillado e saca mecanizada do arboredo.
|
Nº de expediente |
Ref. catastral |
ha afectadas por execución subsidiaria |
Liquidación provisional |
|
1047/2018 (xMA 18/070) |
36041A010004560000OU |
0,1358 |
481,52 |
|
1047/2018 (xMA 18/070) |
36041A010002410000OY |
0,0485 |
171,97 |
4º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.
Poio, 21 de maio de 2025
Ángel Moldes Martínez
Alcalde
