DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2025 Páx. 33639

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

DECRETO 45/2025, do 16 de xuño, polo que se concede a Medalla Castelao.

En atención aos méritos que neles concorren, por proposta do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de xuño de dous mil vinte e cinco, concédeselles a Medalla Castelao a:

– Grupo musical Luar na Lubre.

– Víctor Fernández Freixanes.

– Emilio Pérez Nieto.

– Rosa Rodríguez Álvarez, en representación do persoal médico de atención primaria.

– Asociación Galega de Afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica (Agaela).

Santiago de Compostela, dezaseis de xuño de dous mil vinte e cinco

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia,
Xustiza e Deportes