De acordo co previsto no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dispoño dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia dentro do primeiro cuadrimestre do ano 2025, que se incorporan como anexo a esta resolución.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2025
Gabriel Alén Castro
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia
ANEXO
|
Convenio |
Importe |
Data sinatura convenio |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Dereito) no eido do dereito de consumo e a arbitraxe de consumo. |
30.000 € |
22.4.2025 |
