DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2025 Páx. 33982

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 16 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e do programa de incentivos ás empresas de inserción e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N, TR341M, TR341V, TR356A e TR356C).

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 95, do 20 de maio de 2025, é necesario realizar a seguinte corrección:

No artigo 51.1.e), na páxina 28402, onde di: «Extracto do libro maior da entidade beneficiaria, asinado dixitalmente e selaxe, que permita verificar a contabilidade separada dos gastos subvenciona dous e da subvención concedida», debe dicir: «Extracto do libro maior da entidade beneficiaria, asinado dixitalmente e selado, que permita verificar a contabilidade separada dos gastos subvencionados e da subvención concedida».

No último parágrafo do artigo 55.1, na páxina 28413, onde di: «Para ser subvencionables os contratos de substitución por incapacidade temporal, esta substitución debe realizarse no prazo mínimo de dous (2) meses desde a data de inicio da incapacidade temporal e debe ser comunicada pola entidade beneficiaria ao departamento territorial correspondente no prazo dun (1) mes a partir do día seguinte ao do inicio da substitución», debe dicir: «Para seren subvencionables os contratos de substitución por incapacidade temporal, esta substitución debe realizarse no prazo máximo de dous (2) meses desde a data de inicio da incapacidade temporal, e debe ser comunicada pola entidade beneficiaria ao departamento territorial correspondente no prazo dun (1) mes a partir do día seguinte ao do inicio da substitución».

No primeiro parágrafo do artigo 57.1.d), na páxina 28416, onde di: «As nóminas das persoas traballadoras subvencionadas dos meses subvencionables previos á presentación da solicitude e os xustificantes bancarios do seu pagamento. Nas nóminas deberán constar os diferentes conceptos de abono (salario, vacacións, días de absentismo, pluses e complementos), así como o número de días que se retribúen por cada concepto. Non se subvencionarán os traballadores en cuxas nóminas non conste esta información desagregada ou que, alternativamente, non a acheguen mediante unha declaración responsable asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE», debe dicir: «As nóminas das persoas traballadoras subvencionadas dos meses subvencionables previos á presentación da solicitude e os xustificantes bancarios do seu pagamento. Nas nóminas deberán constar os diferentes conceptos de aboamento (salario, vacacións, días de absentismo, pluses e complementos), así como o número de días que se retribúen por cada concepto. Non se subvencionarán os traballadores en cuxas nóminas non conste esta información desagregada ou que, alternativamente, non a acheguen mediante unha declaración responsable asinada dixitalmente pola persoa responsable do CEE. A declaración responsable do número de días de cada concepto que se aboa en nómina ten que ser segundo o modelo da páxina web https://conselleriaemprego.xunta.gal/axudas-subvencions».

No artigo 57.1.f), na páxina 28416, onde di: «Os contratos de traballo asinados e comunicados en prazo. A comunicación dos contratos de traballo ao Servizo Público de Emprego Estatal fose de prazo implicará a denegación da axuda», debe dicir: «Os contratos de traballo asinados e comunicados no prazo. A comunicación dos contratos de traballo ao Servizo Público de Emprego Estatal fóra de prazo implicará a denegación da axuda».

No artigo 57.3.a), na páxina 28418, onde di: «Documento de achega da documentación xustificativa segundo o anexo X, que inclúe a declaración de axudas solicitadas e/o concedidas e a solicitude de modificación da resolución inicial nos termos do artigo 58, se é o caso», debe dicir: «Documento de achega da documentación xustificativa segundo o anexo X, que inclúe a declaración de axudas solicitadas e/o concedidas».