De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 9 do anexo I da Orde do 7 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento IN519B), procédese, por medio desta resolución, á publicación do extracto das axudas outorgadas pola Consellería de Economía e Industria ao abeiro da dita orde.
a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 7 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento IN519B) (DOG núm. 26, do 7.2.2025).
b) Aplicación orzamentaria: 09.03.732-A 760.0.
c) Crédito orzamentario: 3.032.718,00 euros.
d) Destinatarios: concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Beneficiarios, importe e finalidade das axudas: no anexo a esta resolución recóllense os beneficiarios, o importe e a finalidade das axudas.
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2025
Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
ANEXO
Subvencións concedidas
| Solicitante | NIF | Expediente | Finalidade | Contía da axuda | 
| Concello de Agolada | P3602000F | IN519B-2025-37-00 | Mellora de infraestruturas viarias no interior do polígono industrial Merlín | 118.983,88 € | 
| Concello de Ames | P1500200I | IN519B-2025-50-00 | Mellora da rede de evacuación no polígono industrial de Novo Milladoiro | 51.752,20 € | 
| Concello de Barreiros | P2700500H | IN519B-2025-14-00 | Renovación da iluminación pública no parque empresarial de Barreiros | 36.145,92 € | 
| Concello de Barreiros | P2700500H | IN519B-2025-15-00 | Mellora de infraestruturas viarias no parque empresarial de Barreiros | 54.918,17 € | 
| Concello de Boiro | P1501100J | IN519B-2025-07-00 | Mellora de infraestruturas viarias no parque empresarial de Espiñeira | 109.625,58 € | 
| Concello de Boqueixón | P1501200H | IN519B-2025-55-00 | Mellora de infraestruturas viarias no polígono de Camporrapado | 57.530,90 € | 
| doConcello de Cabana de Bergantiños | P1501400D | IN519B-2025-28-00 | Acondicionamento e mellora do acceso á zona industrial do Picón | 79.709,11 € | 
| Concello de Cabanas | P1501500A | IN519B-2025-31-00 | Mellora das vías interiores do parque empresarial de Vilar do Colo | 37.457,34 € | 
| Concello de Castro de Rei | P2701000H | IN519B-2025-22-00 | Renovación da sinalización horizontal do polígono industrial de Castro de Ribeiras de Lea | 13.770,29 € | 
| Concello de Castro de Rei | P2701000H | IN519B-2025-23-00 | Melloras na xestión de residuos no parque empresarial de Castro de Ribeiras de Lea | 10.067,20 € | 
| Concello de Cervo | P2701300B | IN519B-2025-66-00 | Melloras na EDAR de San Cibrao, parque empresarial de Cuíña | 120.000,00 € | 
| Concello de Coirós | P1502700F | IN519B-2025-73-00 | Mellora da infraestrutura viaria no parque empresarial de Coirós | 50.919,62 € | 
| Concello de Cospeito | P2701500G | IN519B-2025-65-00 | Mellora dos accesos ao parque empresarial de Feira do Monte | 57.615,98 € | 
| Concello da Gudiña | P3203500H | IN519B-2025-36-00 | Mellora da rede de saneamento do polígono industrial da Gudiña | 93.522,70 € | 
| Concello da Lama | P3602500E | IN519B-2025-39-00 | Mellora de infraestruturas viarias interiores do parque empresarial do Racelo | 41.320,06 € | 
| Concello de Meaño | P3602700A | IN519B-2025-32-00 | Mellora de infraestruturas viarias na área industrial da Pedreira | 88.839,88 € | 
| Concello de Monterroso | P2703200B | IN519B-2025-74-00 | Sinalización horizontal no parque empresarial de Monterroso | 20.080,00 € | 
| Concello de Noia | P1505800A | IN519B-2025-60-00 | Pavimentación do parque empresarial de Augaleda | 79.989,33 € | 
| Concello de Ordes | P1506000G | IN519B-2025-77-00 | Mellora do acceso ao polígono de Merelle | 120.000,00 € | 
| Concello de Oroso | P1506100E | IN519B-2025-11-00 | Mellora na pavimentación da vía de acceso e interior do parque empresarial de Sigüeiro | 120.000,00 € | 
| Concello de Outeiro de Rei | P2703900G | IN519B-2025-12-00 | Aforro e eficiencia enerxética da iluminación pública no parque empresarial de Outeiro de Rei | 86.260,05 € | 
| Concello de Palas de Rei | P2704000E | IN519B-2025-03-00 | Mellora do firme do parque empresarial de Palas de Rei | 33.450,92 € | 
| Concello do Pereiro de Aguiar | P3205900H | IN519B-2025-29-00 | Melloras no pavimento e na sinalización das vías do parque empresarial do Pereiro de Aguiar | 119.966,77 € | 
| Concello de Pontecaldelas | P3604300H | IN519B-2025-21-00 | Renovación da sinalización viaria do parque empresarial da Reigosa | 24.766,28 € | 
| Concello de Ponteceso | P1506900H | IN519B-2025-76-00 | Mellora das infraestruturas do parque empresarial de Ponteceso | 26.388,85 € | 
| Concello das Pontes de García Rodríguez | P1507100D | IN519B-2025-53-00 | Infraestrutura viaria no polígono industrial de Penapurreira | 82.729,10 € | 
| Concello de Portomarín | P2704900F | IN519B-2025-27-00 | Mellora nas infraestruturas viarias do polígono industrial de Portomarín | 8.988,39 € | 
| Concello de Rianxo | P1507300J | IN519B-2025-69-00 | Mellora na iluminación pública do parque empresarial do concello de Rianxo | 34.569,75 € | 
| Concello de Ribadeo | P2705100B | IN519B-2025-52-00 | Aforro e eficiencia enerxética da iluminación pública no parque empresarial de Ribadeo | 53.607,00 € | 
| Concello de Ribeira | P1507400H | IN519B-2025-48-00 | Mellora nas vías de acceso ao polígono industrial de Xarás | 94.706,32 € | 
| Concello de Salvaterra de Miño | P3605000C | IN519B-2025-19-00 | Mellora de infraestruturas viarias no polígono de Chan da Ponte | 119.956,06 € | 
| Concello de Santa Comba | P1507800I | IN519B-2025-64-00 | Mellora da pavimentación do parque empresarial de Santa Comba | 120.000,00 € | 
| Concello de Sanxenxo | P3605100A | IN519B-2025-71-00 | Mellora de infraestruturas viarias no parque empresarial de Nantes | 34.168,87 € | 
| Concello de Silleda | P3605200I | IN519B-2025-54-00 | Mellora das infraestruturas viarias do parque empresarial Áreas 33 | 110.390,21 € | 
| Concello das Somozas | P1508200A | IN519B-2025-34-00 | Mellora do acceso ao parque empresarial das Somozas | 120.000,00 € | 
| Concello de Tordoia | P1508500D | IN519B-2025-47-00 | Mellora de infraestruturas viarias | 34.106,10 € | 
| Concello de Valga | P3605600J | IN519B-2025-35-00 | Ensanche e acondicionamento da vía de acceso ao parque empresarial de Campaña | 87.983,50 € | 
| Concello de Vila de Cruces | P3605900D | IN519B-2025-79-00 | Mellora dos colectores con vertedura á rede de saneamento municipal no polígono do Camballón | 116.902,73 € | 
| Concello de Vilalba | P2706500B | IN519B-2025-78-00 | Aforro e eficiencia enerxética da iluminación pública no parque empresarial de Vilalba | 84.012,76 € | 
| Concello de Vilalba | P2706500B | IN519B-2025-49-00 | Reforzo do firme e sinalización de vías no parque empresarial de Vilalba | 120.000,00 € | 
| Concello de Vilamarín | P3208800G | IN519B-2025-61-00 | Mellora da xestión de residuos | 38.715,16 € | 
| Concello de Vilamarín | P3208800G | IN519B-2025-59-00 | Melloras nos aparcadoiros e vías do polígono empresarial de Tamallancos | 35.709,52 € | 
| Concello de Vilanova de Arousa | P3606100J | IN519B-2025-46-00 | Mellora do aforro enerxético da iluminación pública do polígono industrial de Tremoedo | 39.755,19 € | 
| Concello de Xove | P2702500F | IN519B-2025-05-00 | Renovación e mellora da sinalización viaria no polígono industrial Camba | 10.172,54 € | 
| Concello de Xove | P2702500F | IN519B-2025-18-00 | Renovación e mellora na xestión de residuos no polígono industrial Camba | 33.163,77 € | 

