DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2025 Páx. 34453

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de maio de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución aprobatoria do deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Antas e Seixido (A Lama) (expediente DC22112).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Antas e Seixido (A Lama), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.

Antecedentes e consideracións técnicas:

Primeiro. O 30.9.2022, o presidente da CMVMC de Antas presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Antas e a CMVMC de Seixido, ambas no concello da Lama.

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Seixido (ID: 2815) da CMVMC de Seixido.

– MVMC de Antas (ID: 2808) da CMVMC de Antas.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):

– Acta do apeo do deslindamento do 3.6.2022.

– Acta de conciliación núm. 2 entre as comunidades no Xulgado de Paz da Lama do 15.2.2023.

– Certificado do 25.9.2022 da secretaria da CMVMC de Antas coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 25.9.2022.

– Certificado do 10.6.2022 da secretaria da CMVMC de Seixido coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 10.6.2022.

– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 1.6.2022 polo enxeñeiro técnico forestal colexiada núm. 196 do COETF de Galicia. A emenda posterior producen a súa modificación.

– Informes de validación gráfica catastral con CSV: JDDCH7DCF7G4JM88.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 202 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto 1 – x: 550.356,82 y: 4.693.955,54

Punto 2 – x: 550.286,12 y: 4.694.144,43

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia nun punto. Queda xustificada a colindancia entre ambos en toda a liña pola titularidade catastral das parcelas implicadas no deslindamento. Considérase que o deslindamento non afecta terceiros propietarios.

O deslindamento entre ambos os montes veciñais forma un tramo único. O punto 1 é coincidente co punto 1 do expediente DC22113 (deslindamento entre a CMVMC de Antas e a CMVMC de Xesta), polo que no dito punto converxen a CMVMC de Antas, a CMVMC de Seixido e a CMVMC de Xesta.

A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC de Antas: o expediente de revisión de esbozo RE22059 xa recolle o deslindamento actual.

– CMVMC de Seixido: presenta uns axustes para pechar o punto inicial e final coa cartografía existente.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.

Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

Á vista do exposto, este xurado

RESOLVE:

Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC de Antas e a CMVMC de Seixido, ambas no concello da Lama, nos termos antes indicados.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto no artigo 123 e 124 LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses de acordo co artigo 8 e 46 da LXCA.

Pontevedra, 28 de maio de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Comúnb de Pontevedra