DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2025 Páx. 34448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de maio de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución aprobatoria do deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Antas e Xesta (A Lama) (expediente DC22113).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Antas e Xesta (A Lama), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.

Antecedentes e consideracións técnicas:

Primeiro. O 30.9.2022 o presidente da CMVMC de Antas presenta a solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Antas e a CMVMC de Xesta, ambas no concello da Lama.

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Antas (ID: 2808) da CMVMC de Antas.

– MVMC de Xesta (ID: 2817) da CMVMC de Xesta.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):

– Acta do apeo do deslindamento do 3.6.2022.

– Acta de conciliación núm. 01 entre as comunidades no Xulgado de Paz da Lama, do 15.2.2023.

– Certificado do 25.9.2022 da secretaria da CMVMC de Antas coa conformidade do presidente da aprobación en asemblea xeral do 25.9.2022.

– Certificado do 3.9.2022 da secretaria da CMVMC de Xesta coa conformidade do presidente da aprobación en asemblea xeral do 7.8.2022.

– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829, asinada o 1.6.2022 polo enxeñeiro técnico forestal colexiado núm. 296 do COETF de Galicia. As emendas posteriores producen a modificación desta.

– Informes de validación gráfica catastral con CSV: NX4KVCSWWX6P2J96, inclúe o deslindamento DC22112 e DC22113.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 820 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto 1- X: 550.356,82 Y: 4.693.955,54

Punto 2- X: 550.327,69 Y: 4.693.942,49

Punto 3- X: 550.297,64 Y: 4.693.929,08

Punto 4- X: 550.269,47 Y: 4.693.915,80

Punto 5- X: 550.259,32 Y: 4.6939.10,71

Punto 6- X: 550.252,63 Y: 4.693.907,15

Punto 7- X: 550.243,51 Y: 4.693.902,56

Punto 8- X: 550.240,04 Y: 4.693.901,01

Punto 9- X: 550.231,62 Y: 4.693.898,77

Punto 10- X: 550.181,08 Y: 4.693.886,09

Punto 11- X: 550.148,49 Y: 4.693.878,42

Punto 12- X: 550.139,93 Y: 4.693.876,31

Punto 13- X: 550.135,31 Y: 4.693.875,60

Punto 14- X: 550.128,64 Y: 4.693.875,46

Punto 15- X: 550.123,97 Y: 4.693.875,91

Punto 16- X: 550120,44 Y: 4.693.876,55

Punto 17- X: 550111,75 Y: 4.693.877,72

Punto 18- X: 550.104,71 Y: 4.693.879,14

Punto 19- X: 549.961,87 Y: 4.693.964,55

Punto 20- X: 549.958,42 Y: 4.693.966,29

Punto 21- X: 549.951,97 Y: 4.693.969,77

Punto 22- X: 549.948,66 Y: 4.693.971,34

Punto 23- X: 549.945,21 Y: 4.693.973,00

Punto 24- X: 549.940,53 Y: 4.693.974,46

Punto 25- X: 549.935,75 Y: 4.693.973,27

Punto 26- X: 549.932,56 Y: 4.693.972,52

Punto 27- X: 549.892,40 Y: 4.693.962,46

Punto 28- X: 549.850,70 Y: 4.693.948,97

Punto 29- X: 549.795,10 Y: 4.693.928,80

Punto 30- X: 549.760,73 Y: 4.693.914,87

Punto 31- X: 549.744,89 Y: 4.6939.08,50

Punto 32- X: 549.720,46 Y: 4.693.900,16

Punto 33- X: 549.580,58 Y: 4.693.895,38

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC, detéctase que existe linde entre ambos, a excepción dun tramo situado ao inicio do deslindamento. Neste tramo queda xustificado o linde pola titularidade catastral das parcelas implicadas. Considérase que o deslindamento non afecta terceiros propietarios.

O Servizo de Montes, de oficio, establece un punto de deslindamento secundario (PS1- X: 550.336,91; Y: 4.693.946,66) para respectar o dominio público da estrada (EP-0305). Polo que, no tramo entre o punto 2 e o punto PS1 non existe linde entre ambos os montes (o deslindamento realizarase coa Administración competente).

O deslindamento está formado por dous tramos:

– Tramo 1: do punto 1 ao punto PS1.

– Tramo 2: do punto 2 ao punto 33.

O punto 1 é coincidente co punto 1 do expediente DC22112 (deslindamento entre a CMVMC de Antas e a CMVMC de Seixido), polo que no dito punto converxen a CMVMC de Antas, a CMVMC de Xesta e a CMVMC de Seixido.

A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC de Antas: o expediente de revisión de esbozo RE22059 xa recolle o deslindamento actual.

– CMVMC de Xesta: presenta uns axustes para pechar o punto inicial e final coa cartografía existente.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.

Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

Á vista do exposto, este xurado

RESOLVE:

Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC de Antas e a CMVMC de Xesta, ambas no concello da Lama, nos termos antes indicados.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.

Pontevedra, 28 de maio de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra