DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2025 Páx. 34196

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

EXTRACTO da Orde do 5 de xuño de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento PR804A).

BDNS (Identif.): 840365.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e no artigo 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS):

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/840365

Primeiro. Entidades beneficiarias

As entidades beneficiarias da concesión de subvencións serán as organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento que estean inscritas na sección A do Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento e as agrupacións lideradas por ONGD cos outros axentes de cooperación definidos lexislación vixente de cooperación para o desenvolvemento.

Non se considerará agrupación de entidades aquela que estean formada por unha asociación ou federación a que pertenza a devandita organización, ou aquelas en que os órganos de goberno sexan coincidentes, total ou parcialmente, en todas as entidades agrupadas. Así mesmo, non terá a condición de entidade agrupada aquela que non participe economicamente na xestión do proxecto, ben con cargo á subvención ou ben con achegas propias.

Segundo. Obxecto

Estas bases regulan a concesión de subvencións para proxectos desenvolvidos dentro dalgunha das catro dimensións seguintes (código de procedemento administrativo PR804A):

a) Sensibilización e concienciación da opinión pública en materia de cooperación para o desenvolvemento e causas da pobreza.

b) Formación sobre o desenvolvemento e difusión nos ámbitos educativos do coñecemento da realidade dos países empobrecidos e da cooperación para o desenvolvemento, e formación vinculada ao fortalecemento da entidade e da súa base social.

c) Investigación sobre o desenvolvemento.

d) Incidencia, participación e mobilización social para crear redes de solidariedade na nosa sociedade, incluída a elaboración de planificacións, diagnósticos e posicionamentos que fortalezan as organizacións nesta dimensión.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 5 de xuño de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento PR804A).

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínase, de acordo coas bases reguladoras aprobadas, un importe total de 720.000 € (288.000 € no ano 2025 e 432.000 € no ano 2026) que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 05.07.331A.481.0.

O importe máximo que se poderá financiar será dun 95 % do orzamento total do proxecto, e non supera en ningún caso a subvención concedida os 37.000 € para proxectos plurianuais. Para proxectos que se executen só durante o ano 2025, a subvención máxima concedida será de 26.000 €.

Nos proxectos presentados por varias entidades en agrupación, a subvención concedida non superará o límite dos 47.000 €. Para proxectos en agrupación que se executen só durante o ano 2025, a subvención máxima concedida será de 36.000 €.

A subvención concedida aos proxectos plurianuais distribuirase do seguinte xeito: o 40 % no ano 2025 e o 60 % no 2026.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2025

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes