Antecedentes:
Primeiro. O día 13.11.2019 tivo entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación o expediente exposto con anterioridade.
Segundo. Con data do 6.3.2025, a directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade resolve formular a declaración de impacto ambiental favorable do proxecto de ordenación forestal Santa Juliana (Sofor 007), pertenza da Sofor Santa Juliana, S.L. (Sofor 007), concello da Fonsagrada, provincia de Lugo, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
Terceiro. Con data do 20.5.2025, o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal asina a resolución do expediente con código PO-00011150H(1.1) e titulado Proxecto de ordenación forestal Santa Juliana (Sofor 007), pertenza da Sofor Santa Juliana, S.L. (Sofor 007), concello da Fonsagrada, provincia de Lugo, segundo o artigo 81.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
Cuarto. De conformidade co artigo 42 da Lei 21/2013, o órgano substantivo, no prazo máis breve posible e en todo caso antes dos quince días hábiles desde que adopte a decisión de autorizar ou denegar o proxecto, remitirá ao diario oficial correspondente, para a súa publicación un extracto do contido de dita decisión.
Así mesmo, publicará na súa sede electrónica unha referencia ao diario oficial correspondente en que se publicou a declaración de impacto ambiental e o extracto sobre a decisión de autorizar ou denegar o proxecto.
Polo anteriormente exposto,
RESOLVO:
Facer pública a resolución de aprobación citada no antecedente terceiro de conformidade co artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
Expediente: PO-00011150H(1.1) e titulado Proxecto de ordenación forestal Santa Juliana (Sofor 007), pertenza da Sofor Santa Juliana, S.L. (Sofor 007), concello da Fonsagrada, provincia de Lugo.
A dita resolución poderase consultar na ligazón:
https://mediorural.xunta.gal/es/temas/forestal/ordenacion/instrumentos-de-ordenacion-ou-de-xestion-forestal
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2025
José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal
