DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2025 Páx. 34631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de maio de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución que aproba o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Pallota, Laxes, Vexildo, Fontaíña e San Pedro e Barosela (Moraña) (expediente DC22144).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Pallota, Laxes, Vexildo, Fontaíña e San Pedro e Barosela (Moraña), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.

Antecedentes e consideracións técnicas:

Primeiro. O 30.9.2022 o presidente da CMVMC de Pallota, Laxes, Vexildo, Fontaíña e San Pedro presenta unha solicitude de deslindamento entre a súa comunidade e a CMVMC de Barosela, ambas as dúas do concello de Moraña. A dita solicitude deu lugar á apertura do expediente DC22144.

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados polo deslindamento son:

– MVMC de Chan de Reiriz (ID 2873) da CMVMC de Pallota, Laxes, Vexildo, Fontaíña e San Pedro.

– MVMC de Reiriz e Agüeiros (ID 2896), da CMVMC de Barosela.

Consta no expediente a seguinte documentación consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):

– Acta do apeo do deslindamento do 13.5.2022, asinada o 3.7.2024.

– Papeleta do 10.7.2024 e acta de conciliación do 31.7.2023 do Xulgado de Paz de Moraña do acto conciliatorio número 7 de 2023.

– Certificado do 3.7.2024 da secretaria da CMVMC de Pallota, Laxes, Vexildo, Fontaíña e San Pedro coa conformidade do presidente da aprobación en asemblea xeral do 26.02.2023.

– Certificado do 8.7.2024 do secretario da CMVMC de Barosela coa conformidade do presidente da aprobación en asemblea xeral do 17.12.2022.

– Memoria descritiva de setembro de 2022, co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829, coas fotos dos puntos levantados sobre o terreo, asinada a última modificación o 30.9.2022 polo enxeñeiro técnico forestal colexiado número 568 do COETF de Galicia.

– Informe de validación gráfica catastral con CSV: 5PDYFJ9X1MMCWNGH.

Segundo. Os puntos levantados no campo, en coordenadas UTM ETRS89 (zona 29N) que se corresponden con puntos identificados con fitos sobre o terreo, son os seguintes:

Punto

UTMX

UTMY

1

532966,31

4712917,66

2

532944,85

4712890,20

3

532898,49

4712859,16

4

532772,18

4712633,61

5

532760,93

4712610,33

6

532689,98

4712589,74

7

532619,44

4712525,37

8

532522,92

4712505,65

9

532966,31

4712917,66

10

532354,04

4712373,52

11

532206,08

4712278,46

De maneira que:

– Os puntos do 1 ao 6: sería o límite entre o monte de Chain de Reiriz (ID 2873), pertencente á CMVMC de Pallota, Laxes, Vexildo, Fontaíña e San Pedro, e o monte Reiriz e Agüeiros (ID 2896), pertencente á CMVMC de Barosela.

– Os puntos do 6 ao 11: sería o límite entre o monte das Laxes (ID 2872), pertencente á CMVMC de Laxes, Fontaíña, San Pedro e Vexildo, e o monte Reiriz e Agüeiros (ID 2896), pertencente á CMVMC de Barosela.

No traballo de gabinete establécense puntos de deslindamento secundarios para respectar as áreas afectadas por dominio público de regatos e estradas. Estes puntos son:

Punto

UTMX

UTMY

1a

532961,50

4712911,50

1b

532957,83

4712906,81

6a

532685,00

4712585,00

6b

532668,00

4712569,00

8a

532481,00

4712478,00

9a

532476,00

4712475,00

Terceiro. A liña de deslindamento proposta neste expediente, respectando as propiedades particulares, é entre o monte Chain de Reiriz (ID 2873) e o monte Reiriz e Agüeiros (ID2896). Ten unha lonxitude de 184,49 metros e está formada por 2 tramos:

– Tramo 1 de 84,72 m: de 1 a 3, interrompida de 1a a 1b polo dominio público dun pequeno regato.

– Tramo 2 de 99,77 m de 4 a 6.

A liña corresponde cos seguintes puntos:

Punto

UTMX

UTMY

1

532966,31

4712917,66

1a

532961,50

4712911,50

1b

532957,83

4712906,81

2

532944,85

4712890,20

3

532898,49

4712859,16

4

532772,18

4712633,61

5

532760,93

4712610,33

6

532689,98

4712589,74

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos MVMC, detéctase que non existen lindeiros entre os montes, pero están xustificados os lindeiros pola cartografía catastral e polo deslindamento xa rexistrado no rexistro de MVMC entre Barosela e Soiglesias (expediente PODESC0315, DOG núm. 163, do 27.8.2015).

A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía do esbozo de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC de Pallota, Laxes, Vexildo, Fontaíña e San Pedro: presenta axuste co esbozo.

– CMVMC de Barosela: presenta axuste co resto do esbozo.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo xurado do deslindamento segundo a liña presentada.

En canto á liña definida polos puntos 6 a 11, o deslindamento entre a CMVMC de Laxes, Fontaíña, San Pedro e Vexildo e a CMVMC de Barosela, a CMVMC de Laxes, Fontaíña, San Pedro e Vexildo poderá volver presentar solicitude de deslindamento unha vez regularice a súa situación.

Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará unha resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

Á vista do exposto, este xurado

RESOLVE:

Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC Pallota, Laxes, Vexildo, Fontaíña e San Pedro e a CMVMC de Barosela, ambas as dúas no concello de Moraña, nos termos antes indicados.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contensioso-administrativa.

Pontevedra, 28 de maio de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra