O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Vilameán e Santa María de Tebra (Tomiño), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 28.9.2022 o presidente da CMVMC de Vilameán presenta una solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Vilameán e a CMVMC de Santa María de Tebra, ambas as dúas no concello de Tomiño.
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Cabaduxo e Pedra Cagalla (ID:3170) da CMVMC de Vilameán.
– MVMC de Castiñeiras, Bornaceira e Regueira Grande (ID:3165) da CMVMC de Santa María de Tebra.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
• Acta do apeo do deslindamento do 8.9.2022.
• Acta de conciliación número 7/2024 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Tomiño do 25.4.2024.
• Certificado do 1.4.2024 do secretario da CMVMC de Vilameán coa conformidade do presidente da aprobación en asemblea xeral do 9.9.2022.
• Certificado do 23.4.2024 da secretaria da CMVMC de Santa María de Tebra coa conformidade do presidente da aprobación en asemblea xeral do 11.12.2022.
• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829, asinada o 28.4.2024 polo enxeñeiro técnico forestal colexiado número 0292 do COETF de Galicia. As emendas posteriores producen a modificación desta.
Informes de validación gráfica catastral con CSV: KYXDRNZ6SPMPES8P.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 886 metros e está composta polos seguintes puntos:
Punto P_001: x: 520.284,283; y: 4.653.145,843
Punto P_002: x: 520.465,472; y: 4.653.221,198
Punto P_003: x: 520.621,824; y: 4.653.367,093
Punto P_004: x: 520.726,036; y: 4.653.427,194
Punto P_005: x: 520.767,583; y: 4.653.435,901
Punto P_006: x: 520.802,027; y: 4.653.430,291
Punto P_007- x: 520.908,452; y: 4.653.408,575
Punto P_008: x: 521.062,845; y: 4.653.357,884
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que non existen lindeiros e non afecta terceiros propietarios. Polo que os lindeiros quedan xustificados:
• Pola proximidade e imprecisión dos esbozos de clasificación.
• Polos Montes de Utilidade Pública (en diante, MUP) número 514 e número 515.
• E pola titularidade catastral das parcelas que interveñen no deslindamento.
O punto P_001 é coincidente co P_001 do expediente DC22040 (deslindamento entre a CMVMC de Vilameán e a CMVMC de Barrantes) e no que converxen a CMVMC de Vilameán, a CMVMC de Barrantes e a CMVMC de Santa María de Tebra.
A liña do deslindamento produce as seguintes modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación:
- CMVMC de Santa María de Tebra: o servizo de Montes presenta un axuste desde o punto P_001 en base ó axuste presentado pola comunidade, respectando o esbozo da CMVMC de Barrantes. A comunidade presenta un axuste desde o punto P008 para pechar o punto final do deslindamento coa cartografía existente.
- CMVMC de Vilameán: presenta un axuste desde o punto P_001 que é coincidente co deslindamento DC22040 e o resto do esbozo adaptado á cartografía catastral.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC de Vilameán e a CMVMC de Santa María de Tebra (Tomiño), nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 28 de maio de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
