O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu, na súa reunión do 26.3.2025, aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Vilarchán e Buchabade (Ponte Caldelas), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 28.9.2022 o presidente da CMVMC de Vilarchán presenta unha solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Vilarchán e a CMVMC de Buchabade, ambas as dúas no concello de Ponte Caldelas.
Os Montes Veciñais en Man Común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Vilarchán (ID Monte: 3072) da CMVMC de Vilarchán.
– MVMC de Buchabade (ID Monte: 3066) da CMVMC de Buchabade.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
• Acta do deslindamento o 10.8.2022.
• Acta de conciliación 85/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Ponte Caldelas do 29.11.2022.
• Certificado do secretario da CMVMC de Vilarchán coa conformidade do presidente do 31.8.2022 da aprobación en asemblea do 27.8.2022.
• Certificado do secretario da CMVMC de Buchabade coa conformidade do presidente do 18.10.2022 da aprobación en asemblea do 15.10.2022.
• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829, asinada o 29.11.2022 pola enxeñeira técnica forestal colexiada número 740 do COETF de Galicia. As emendas realizadas producen a modificación desta.
• Informe de validación gráfica catastral con CSV: W1JR1V2WZTRCN78R.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.162 metros e está composta polos seguintes puntos:
Punto P01- x: 537.391,45 y: 4.695.387,89
Punto P02- x: 537.459,77 y: 4.695.513,32
Punto P03- x: 537.510,50 y: 4.695.603,38
Punto P04- x: 537.641,90 y: 4.695.837,64
Punto P05- x: 537.752,72 y: 4.695.976,54
Punto P06- x: 537.913,88 y: 4.696.072,39
Punto P07- x: 538.144,38 y: 4.696.243,89
No traballo de gabinete establécense seis puntos de deslindamento secundarios, catro respectan o dominio público da estrada (PS01 e PS02 ), polo que neste tramo non existen lindeiros entre ambos os montes (o deslindamento realizarase coa Administración competente).
Punto PS01- x: 537.392,86 y: 4.695.390,48
Punto PS02- x: 537.395,16 y: 4.695.394,70
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC, detéctase que existen lindeiros entre ambos os dous.
O deslindamento está formado por dous tramos:
Tramo 1: punto P01-punto PS01.
Tramo 2: punto PS02-punto P07.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación. Ambas as comunidades realizan un axuste para que o deslindamento sexa coincidente no punto inicial e final coa cartografía existente.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón que o xurado do deslindamento a aprobe segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará unha resolución, que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC de Vilarchán e a CMVMC de Buchabade, ambas as dúas no concello de Ponte Caldelas, nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Pontevedra, 28 de maio de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
