O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Pallota, Laxes, Vexildo, Fontaíña, e San Pedro e Batán e Castro (Moraña), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 30.9.2022, o presidente da CMVMC de Pallota, Laxes, Vexildo, Fontaíña e San Pedro presenta solicitude de deslindamento entre a súa comunidade e a CMVMC de Batán e Castro, ambas as dúas do concello de Moraña.
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Chan de Reiriz (ID 2873) da CMVMC de Pallota, Laxes, Vexildo, Fontaíña e San Pedro (Moraña).
– MVMC de Pena Esquita (ID 2870) da CMVMC de Batán e Castro (Moraña).
Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do deslindamento do 13.5.2022, asinada o 3.7.2024.
– Papeleta, cédula de citación do 12.7.2023 e acta de conciliación do 31.7.2023 do Xulgado de Paz de Moraña do acto conciliatorio, núm. 6 de 2023.
– Certificado do 3.7.2024 da secretaria da CMVMC de Pallota, Laxes, Vexildo, Fontaíña e San Pedro coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 26.2.2023.
– Certificado do 3.7.2024 da secretaria da CMVMC de Batán e Castro coa conformidade da presidenta da aprobación na asemblea xeral do 19.12.2023.
– Memoria descritiva de setembro de 2022, co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829, coas fotos dos puntos levantados sobre o terreo, asinada a última modificación o 9.7.2024 polo enxeñeiro técnico forestal colexiado núm. 568 do COETF de Galicia.
– Informe de validación gráfica catastral con CSV: N2XPWXQ191G2TC0N.
Segundo. Os puntos levantados no campo, en coordenadas UTM ETRS89 (zona 29N) que se corresponden con puntos identificados con fitos sobre o terreo, son os seguintes:
|
Punto |
UTMX |
UTMY |
|
1 |
533.451,29 |
4.712.054,95 |
|
2 |
533.388,03 |
4.712.074,12 |
|
3 |
533.348,52 |
4.712.083,95 |
No traballo de gabinete establécense puntos de deslindamento secundarios para respectar as áreas afectadas por dominio público de estrada. Estes puntos son:
|
Punto |
UTMX |
UTMY |
|
1a |
533.447,26 |
4.712.056,17 |
|
1b |
533.439,14 |
4.712.058,63 |
Terceiro. A liña de deslindamento proposta neste expediente é entre o monte Chaín de Reiriz (ID 2873) e o monte Pena Esquita (ID 2870), cunha lonxitude de 98,38 m, desde o punto 1 ao 3, e interrómpese do 1a ao 1b polo dominio público da estrada.
A liña correspondese cos seguintes puntos:
|
Punto |
UTMX |
UTMY |
|
1 |
533.451,29 |
4.712.054,95 |
|
1a |
533.447,26 |
4.712.056,17 |
|
1b |
533.439,14 |
4.712.058,63 |
|
2 |
533.388,03 |
4.712.074,12 |
|
3 |
533.348,52 |
4.712.083,95 |
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC, detéctase que existe colindancia entre os montes.
A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía do esbozo de clasificación das seguintes comunidades:
– CMVMC de Pallota, Laxes, Vexildo, Fontaíña e San Pedro: presenta axuste co resto do esbozo.
– CMVMC de Castro e Batán: presenta axuste co resto do esbozo.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC Pallota, Laxes, Vexildo, Fontaíña e San Pedro e a CMVMC de Batán e Castro, ambas no concello de Moraña, nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 28 de maio de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
