DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2025 Páx. 34645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de maio de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución aprobatoria do deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Almofrei e Tenorio (Cerdedo-Cotobade) (expediente DC22124).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Almofrei e Tenorio (Cerdedo-Cotobade), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.

Antecedentes e consideracións técnicas:

Primeiro. O 30.9.2022, o presidente da CMVMC de Almofrei presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Almofrei e a CMVMC de Tenorio ambas no concello de Cerdedo-Cotobade. Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Almofrei (ID: 2583) da CMVMC de Almofrei.

– MVMC de Tenorio (ID: 2593) da CMVMC de Tenorio.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):

• Acta do apeo do deslindamento de xullo de 2022.

• Acta de conciliación do 30.9.2022 entre ambas as comunidades no Xulgado de Paz do Concello de Cotobade do 23.9.2022.

• Certificado do 20.9.2022 do secretario da CMVMC de Almofrei coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 10.4.2022.

• Certificado do 18.7.2024 do secretario da CMVMC de Tenorio coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 25.9.2022.

• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 19.7.2024 polo enxeñeiro técnico forestal colexiado núm. 568 do COETF de Galicia.

• Informes de validación gráfica catastral con CSV: Y4GT73CT7AJ1MWK3.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 2.985 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto 1 x: 539.456 y: 4.702.209

Punto 2 x: 539.414 y: 4.702.156

Punto 3 x: 538.829 y: 4.701.327

Punto 4 x: 538.705 y: 4.700.918

Punto 5 x: 538.341 y: 4.700.244

Punto 6 x: 538.168 y: 4.699.482

Punto 7 x: 538.135 y: 4.699.490

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios. Tómanse os seguintes puntos secundarios en gabinete:

Punto 6a x: 538.203 y: 4.699.640

Punto 6b x: 538.174 y: 4.699.512

Punto 7a x: 538.110 y: 4.699.496

A liña de deslindamento divídese en dous tramos: punto 1-punto 6A e punto 6b-punto 7a.

A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación polo que ambas as comunidades realizan un axuste para que o deslindamento sexa coincidente nos puntos inicial e final coa planimetría existente. O axuste invade lixeiramente os esbozos de clasificación da CMVMC de Reboreda e da CMVMC de Viascón, ben que, constan ambas as conformidades no expediente.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.

Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

Á vista do exposto, este xurado

RESOLVE:

Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC de Almofrei e a CMVMC de Tenorio, ambas no concello de Cerdedo-Cotobade, nos termos antes indicados.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.

Pontevedra, 28 de maio de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra